Skip to content

O PPdeG lamenta que PSOE e BNG consumen o “pacto da traizón” a Galicia co apoio a unha transferencia da AP-9 “rebaixada e sen garantías”

O PPdeG lamenta a “consumación do pacto da traizón” de PSOE, BNG e Sumar co seu apoio a unha transferencia da Autroestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia “rebaixada e sen garantías”, rachando co acordo unánime aprobado polo Parlamento de Galicia, que “si respectaba a vontade dos galegos e galegas”. O deputado popular Pedro Puy defendeu hoxe no Congreso a postura do PPdeG para esixir que se retome a proposta inicial que contou co apoio de tódolos partidos na Cámara galega e advertiu novamente das consecuencias deste texto “deturpado”, con condicións “inviables” para Galicia nos ámbitos financieiro, político e xurídico.

Pedro Puy ve “preocupante” a aprobación da nova lei de transferencia da AP-9 a Galicia que rompe co acordo do Parlamento galego, sinalando que non está garantido que o Estado asuma os custos asociados á transferencia, como o mantemento das bonificacións das peaxes, as inversións comprometidas ou a indemnización á concesionaria en caso de que a Unión Europea o ditamine. Para Puy, a incertidume financieira “é máxima” con esta lei modificada.

Para o deputado do PPdeG resulta “lamentable” que o BNG, na anterior tramitación da Proposición de Lei solicitase a retirada das emendas, -cousa que o PP fixo-, e que, sen embargo, o pasado 22 de abril votase en Galicia a favor de defender en Madrid a literalidade do texto orixinal, e, na realidade, os nacionalistas galegos participaron na modificación substancial da proposta “ás costas do grupo maioritario en Galicia e no Congreso, o PP”.

Igualmente, afea a “hipocrisía” de Junts, que sinalou no debate a súa postura a favor deste texto deturpado “porque llo pide o BNG” e, sen embargo, os independentistas cataláns admiten que estas condicións económicas “non lle valerían para Cataluña”. Para os populares, isto amosa tamén que partidos políticos similares ao BNG noutras comunidades autónomas, como é o caso de Junts, “non quererían para eles o que os independentistas galegos defenden Madrid, porque, a realidade é que non lles importa Galicia”.

Os populares insisten en que “é fundamental” que esta transferencia veña acompañada dos “recursos económicos necesarios para a súa xestión e para manter todos os compromisos adquiridos ata agora”. Neste sentido, a responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, enviou esta semana unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, para esixirlle a volta á proposta de transferencia da autopista AP-9 a Galicia, lembrando que hai uns días, o Parlamento galego aprobou unha proposición que reafirma o posicionamento de Galicia en relación con la transferencia de la AP-9. Allegue advirte a Puente de que o Goberno galego rexeita “calquera reinterpretación, limitación ou condicionante” ao traspaso da autopista.

UN PROBLEMA PARA A COHESIÓN SOCIAL E TERRITORIAL

Pedro Puy sinalou hoxe no debate desta lei a importancia da AP-9: “Estamos ante un problema para Galicia, pero non exclusivamente galego, porque afecta á cohesión social e territorial de España e á competitividade das empresas que operan na contorna de da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Asturias e Castela e León”. Así mesmo, lembrou o agravio comparativo histórico con Galicia, xa que os usuarios da AP-9 soportan as peaxes máis caras do país.

“Alguén debería explicar por que se traizoan os acordos previos en Galicia e ata os acordos entre o PSOE e o BNG para a investidura de Sánchez no 2020, que garantizaban o traspaso libre de cargas da AP-9 xa ese mesmo anp”, concluíu Puy, que reivindicou ao PPdeG como o partido que “si mantén compromisos e si defende os intereses da cidadanía”.

Noticias recomendadas

O Parlamento avoga por seguir impulsando as novas tecnoloxías no proceso de orientación laboral e na mellora da empregabilidade
O PPdeG puxo, hoxe, en valor “a estratexia continuada de modernización das políticas de emprego” do Goberno galego, no que a aposta pola dixitalización dos servizos, a mellora dos sistema
Moisés Rodríguez, ante o negacionismo industrial: “Dicir non a todo non é defender o territorio, é condenalo á perda de emprego”
“Dicir non a todo non é defender o territorio, é condenalo á perda de oportunidade, emprego e futuro”, apuntou, hoxe, Moisés Rodríguez, ao referirse ao negacionismo industrial que promove o
Paula Prado esixe ao Goberno central a construción da estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas, “infraestrutura estratéxica para toda Galicia”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, esixe ao Goberno central que deixe de negarlle ao sector empresarial e industrial galego a construción dunha estación de mercadorías ferroviarias en San
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies