Skip to content

O PPdeG denuncia o uso partidista do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres por parte do BNG e esixe un regulamento de normas do espazo

O PPdeG denunciou “a instrumentalización partidista” do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres por parte do BNG e esixe un regulamento urxente que regule os usos permitidos no recinto.

 

A través dunha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular, os populares veñen de expresar o seu “firme rexeitamento” ante a utilización política realizada pola organización nacionalista xuvenil Galiza Nova, o pasado 23 de xullo, no interior deste espazo. Tal e como apuntan, lonxe de manterse o respecto e a solemnidade propios dun espazo de homenaxe a figuras fundamentais da nosa historia, realizáronse “proclamas, arengas e consignas” de marcado carácter ideolóxico, “máis propias dun mitin que dun acto institucional”.

 

Así mesmo, sinalaron que, durante o evento, tamén se ondearon bandeiras estreladas, “un símbolo identificado co independentismo galego” que non representa oficialmente a Galicia nin ao conxunto dos galegos”. Neste punto, lembran que este espazo é un dos principais símbolos institucionais da identidade colectiva e que “o seu espírito debe permanecer sempre á marxe do uso partidista e a confrontación partidaria”, tal e como recolle a Lei que regula o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

 

Os populares lamentan que, unha vez máis, os nacionalistas “lle falten o respecto ás institucións” e traten de apropiarse de espazos que “son un símbolo compartido e patrimonio” de toda a sociedade galega, polo que, engaden, “debe primar o respecto ao carácter integrador e de consenso”.

APROBACIÓN DO REGULAMENTO DE USOS DO ESPAZO

Neste contexto, resulta imprescindible preservar a neutralidade institucional do Panteón, reservando a súa utilización de xeito exclusivo para actos de carácter institucional, cultural, académico ou conmemorativo; e desvinculándoo de actos de natureza partidista.

 

Así, a iniciativa, rexistrada hoxe, avoga porque o Padroado do Panteón –formado polo Parlamento de Galicia, a Xunta, o Concello de Santiago e o Arcebispado da arquidiocese de Santiago- culmine a aprobación do regulamento de usos que preserve a natureza e o significado do lugar, así como fixe as normas relativas ás honras, protocolos e cerimonias que nel se desenvolvan. O obxectivo, remarcaron os populares, é garantir que este espazo de encontro, recoñecemento e memoria compartida “continúe sendo patrimonio común de todos e non un instrumento ao servizo de fins partidistas”.

Noticias recomendadas

Paula Prado pon en valor a tradición, cultura e gastronomía da Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asistiu hoxe á LVII Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, onde destacou que a combinación de tradición, cultura e gastronomía desta celebración
<span style="font-style: italic;">Galicia, o camiño do si</span>
Paula Prado del Río
No século X a reina de Asturias, Jimena Garcés, peregrinou a Santiago de Compostela. Máis tarde, no século XI, chegou á praza do Obradoiro a condesa alemá Richardis de Sponheim, primeira muller estranxeira documentada en realizar esta peregrinación. Elas, xunto con moitas outras, marcaron un fito na historia xacobea. Tiveron un papel importante nestas rutas: no inicio e na meta do Camiño
<span style="font-style: italic;">Unha catedral chamada Galicia</span>
Alberto Pazos Couñago
Durante unha visita ás obras dunha esplendorosa catedral, un filósofo achégase a tres canteiros que traballan separados por escasa distancia e formúlalles idéntica pregunta: «Que está facendo, señor?».
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies