Skip to content

O PPdeG logra esixir a Sánchez unha mesa técnica con participación do Goberno galego para avanzar na migración da rede ferroviaria ao ancho europeo

O deputado do PPdeG Celso Delgado logra sacar adiante na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso unha proposición non de lei relativa á migración da rede ferroviaria galega ao ancho estándar europeo. A aprobación da proposta do Grupo Popular inclúe a creación dunha mesa técnica con participación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Goberno galego, o que permitirá que se analice a migración e se garanta a interoperabilidade europea. “Que un territorio teña dous anchos de vía e non se tomen medidas para corrixir esta situación, limita a súa competitividade”, subliña Delgado, que valora positivamente a luz verde dada á iniciativa popular, agardando que o Goberno central “cumpra” co acordado hoxe e non faga “caso omiso” como noutras ocasións.

Así o defendeu esta mañá Celso Delgado, que celebra que se teña en conta, por fin, a Galicia, despois do “malestar e preocupación” xerados na Comunidade Autónoma ao coñecerse que o Executivo de Sánchez descartaba, de forma xenérica, a migración das vías convencionais do Corredor Atlántico ao estándar europeo. Neste sentido, os populares comparten co Goberno galego que esta postura do Goberno central “é un absoluto desacerto técnico e político”, rexeitando “despachar” unha decisión de tal calado baixo unha premisa macroeconómica de “todo ou nada”.

Para os populares, un asunto desta importancia esixe “rigor, análise en detalle liña por liña e comunidade por comunidade”.

No caso galego, lembran dende o PPdeG, completar o ancho estándar en toda a rede de Alta Velocidade requiriría actuar sobre un extremo da infraestrutura, 250 quilómetros  de vía para conectar Ourense co resto de cidades do Eixo Atlántico. Neste punto, Delgado esixe que se priorice a substitución do ancho ibérico no tramo Santiago-Ourense –que xa conta con travesas polivalentes-  para o seu posterior posible extensión ao Eixo Atlántico, garantindo a interoperabilidade europea.

UN INFORME ENVIADO Á UNIÓN EUROPEA

O pasado 17 de xullo de 2026, coñeceuse a través dos medios de comunicación que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (MITMS) descartaba adaptar as vías convencionais ao ancho estándar europeo. Ademais, o Grupo Popular tivo constancia dun informe do Executivo central remitido á Unión Europea que desvelaba que cambiar os 13.000 quilómetros de vías convencionais supoñería un investimento de entre 20.000 e 30.000 millóns de euros, o que obrigaría a convivir durante uns trinta anos con obras permanentes e provocaría unha rendibilidade económica practicamente nula.

Ademais, para o PPdeG, o Goberno de Sánchez “priva aos cidadáns galegos de desfrutar as vantaxes loxísticas e comerciais doutros territorios: máis operadores, máis frecuencias, servizos de baixo custo e tarifas competitivas. De confirmarse a decisión do Ministerio, “suporía un severo revés para Galicia”, xa que manter o ancho ibérico obriga a depender de trens de ancho variable, un mercado restritivo dominado por dous fabricantes; así como perpetuar o Intercambiador de Taboadela, que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sinala como “limitante á competitividade” e describe explicitamente como “barreira técnica”.

Por outra banda, o deputado ourensán ve “moi lamentable que Ministerio continúe adoptando resolucións ferroviarias de costas a Galicia e sen diálogo”, así como que non se conte cos axentes económicos e sociais, a pesar de que o informe aborda decisións estratéxicas que condicionarán o futuro da competitividade empresarial durante as próximas décadas.

CRONOGRAMA DO CORREDOR ATLÁNTICO

Os populares tamén urxen que o Executivo central facilite ao Goberno galego e ao Congreso o Plan director completo do Corredor Atlántico, que inclúa compromisos concretos, cifras detalladas de investimento e un cronograma para a execución das obras, alertando da “preocupación” en Galicia pola falta de avances do Executivo. Ademais, esixe “acceso completo e inmediato” ao informe de viabilidade de cambio de ancho de vía remitido á Comisión Europea.

Por outra banda, o deputado popular lembra ao Goberno de Sánchez que a migración ao ancho de vía normal estándar europeo -de 1.435 mm- é unha obrigación do Regulamento (UE) 2024/1679 do Parlamento Europeo e do Consello, que fai fincapé no obxectivo de que os grandes corredores comunitarios avancen cara á interoperabilidade plena.

FALTA DE COMPROMISO CON GALICIA

Dende o PPdeG insisten en que esta falta de información sobre este documento e sobre o propio informe de migración do ancho de vía, do mesmo xeito que a falta de interlocutor directo con Renfe e Adif sobre as constantes incidencias ferroviarias na comunidade, demostran “a ausencia de transparencia do Ministerio e a falta  de compromiso coa Comunidade”.

“O Goberno galego leva meses pedindo información detallada e recibindo evasivas”, conclúe o deputado popular, lembrando que Galicia segue sen dispoñer dun documento definitivo coas actuacións, investimentos e calendarios previstos, “tan só coñecemos un power point”.

Por todo isto, o deputado popular instou hoxe ao Goberno de Sánchez a facilitar, de forma inmediata ao Goberno galego o informe completo que remitiu en xullo de 2026 á Unión Europea, así como facilitar ao Goberno galego e ao Congreso dos Deputados o Plan director completo do Corredor Atlántico.

 

Noticias recomendadas

O Senado aproba sen o apoio do PSOE unha proposta do PP para revisar o veto europeo á pesca de fondo e en defensa do palangre
A Comisión de Pesca do Senado apoiou hoxe -coa abstención do PSOE- a iniciativa defendida polo senador mariñán José Manuel Balseiro para reclamar a revisión das restricións impostas pola Unión
O PPdeG esixe revisar as axudas ao gasóleo do sector agrícola e pesqueiro e aos fertilizantes
O Partido Popular levará ao Congreso e ao Senado unha iniciativa para esixir ao Goberno de España axudas de emerxencia ao sector agrícola e pesqueiro ante a forte suba do
O PPdeG traballa na creación dun grupo de traballo para a prevención das interaccións entre candorcas e embarcacións no litoral
Os deputados do Grupo Parlamentario Popular Nazareth Cendán e Jesús Fernández mantiveron unha reunión de traballo con Javier Ruiz de Cortázar Díaz, presidente da Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga)
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies