O PPdeG censura que o Goberno de Sánchez evite dar explicacións sobre as continuas incidencias na rede ferroviaria en Galicia

Os deputados galegos do PP no Congreso censuran que o Goberno de Pedro Sánchez evite dar explicacións sobre as continuas incidencias na rede ferroviaria en Galicia e que non asuman a súa responsabilidade ante episodios como os vividos o pasado verán, con milleiros de afectados e esperas de ata sete horas, escudándose en que “responden a situacións concretas e sobrevindas”.

“Galicia precisa un servizo ferroviario de calidade, e neste momento quedou acreditado que aínda está moi lonxe de conseguirse”, sinalou o deputado ourensán Celso Delgado, quen amosou a súa “decepción, unha vez máis, porque o Goberno tampouco quere asumir ningún tipo de responsabilidade”. Ao Executivo de Sánchez, incidiu, parece que lle “dá igual” que os pasaxeiros teñan que “soportar” este cúmulo de incidencias, así como que “se tarden logo tantas e tantas horas en atender e solucionar os problemas e repoñer o servizo”.

Nunha pregunta dirixida ao Goberno, os deputados galegos lembraron episodios como o do 24 de xuño, cando un tren AVLO se avariou e quedou detido pouco antes da estación de Taboadela, cun retraso de máis de sete horas; o do 24 de xullo, cando unha falta de tensión na catenaria, entre A Gudiña e Sanabria, provocada por maquinaria de Adif, deixou sen servizo a conexión entre Galicia e Madrid durante máis de cinco horas; e o do 8 de xullo, protagonizado por outro tren Avlo, no tramo de altas prestacións Ourense-Santiago de Compostela, ao engancharse coa catenaria, o que provocou que quedara inmobilizado á altura do Irixo, así como retrasos a máis de quince convois.

Ante estas incidencias que son xa “endémicas”, os representantes galegos na Cámara Baixa demandaron coñecer que “medidas urxentes” adoptará o Goberno para reverter esta situación; e que responsabilidades asumirá o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.

“Tanto Adif, como mantedor da infraestrutura ferroviaria, como Renfe, como a única operadora que neste momento presta servizo de viaxeiros en Galicia, teñen que dotar con máis medios e máis recursos económicos; e, ademais, cumprir coas tarefas preventivas que establecen os plans que obrigatoriamente teñen que desenvolver”, apuntou Delgado, quen lamentou que ese labor non está a ser o “axeitado” nin antes nin despois de producirse os problemas. Ademais, cualificou de “escandaloso” o historial de incidencias na rede ferroviaria galega, e criticou que “o único que fai o Ministerio é un relatorio”, en lugar de ofrecer explicacións.

AS DEMANDAS DA GOBERNO GALEGO, DESATENDIDAS

O Goberno galego, ademais de reclamar ao Goberno de Sánchez medidas urxentes para poñer fin a esta situación, volveu esixir recentemente explicacións e información puntual sobre as incidencias na rede ferroviaria galega, tal e como vén facendo de xeito reiterado nos últimos meses. Os deputados do PPdeG, na súa pregunta, quixeron saber se o Ministerio atenderá estas demandas, pero tampouco obtiveron resposta.

Pepa Pardo criticou onte no Senado duramente á Elma Saiz: “Gobérnanos unha mafia: Corleone ocupa a Moncloa e vostede é a voceira das cloacas sanchistas, digna afillada do seu padriño, Santos Cerdán”

A senadora pontevedresa Pepa Pardo criticou duramente á ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, durante a sesión de control onte ao Goberno no Pleno do Senado. “Gobérnanos unha mafia, Corleone ocupa a Moncloa e vostede é a voceira das cloacas sanchistas, digna afillada do seu padriño, Santos Cerdán”, aseverou de forma contundente, lamentando que para a ministra sexa “un honra ser a voceira do Goberno máis corrupto e máis mafioso da historia da democracia”.

Pepa Pardo afeou a Saiz que exerza este papel “ao dedillo e á perfección”, sinalando que ten “un suspenso como a copa dun pino en primeiro de Democracia”. Pardo lembrou que un Executivo que defende e respecta o Estado de dereito “non fabrica unhas cloacas para triturar policías, xuíces, fiscais, xornalistas incómodos e adversarios políticos”, senón que “defende a separación de poderes e a independencia xudicial, non a pisotea para garantir a súa supervivencia”.

Acusacións de coacción xudicial e o caso de Begoña Gómez

Durante a súa intervención, Pardo criticou con dureza as recentes declaracións da ministra tras o Consello de Ministros: “Vostede apelaba a un xurado ecuánime que faría xustiza e sentenciaba: ‘facer xustiza é declarar a Begoña Gómez inocente” Coaccionando, que é xerundio, ¿non, señora Saiz?”.

A senadora lanzou unha advertencia ao respecto: “E se resulta que lle sae un xurado rebelde que decide non acatar as súas instrucións? Que vai facer?’. Vaille enviar á cloaca para que lle dean un sustiño?. É ese o concepto que ten vostede de Estado de dereito?”.

Nesta liña de denuncia sobre as interferencias na xustiza, a senadora popular engadiu que “quen defende o Estado de dereito non presiona a un xurado dicíndolle cal debe ser o seu veredicto” e cualificou como “gravísimo” que se chegue a “tratar con clans do narcotráfico para que eliminen á xuíza que investiga o caso de corrupción do irmán do presidente”.

Abandono de Ceuta

No ámbito internacional e fronteirizo, a senadora por Pontevedra subliñou que un Goberno responsable “non desprotexe as súas fronteiras e permite a invasión de Ceuta”. Pardo lamentou que a ministra Saiz non dedicase “a metade do que dedicou a defender á señora Gómez ou ao imputado Santos Cerdán a defender a Ceuta e aos ceutís”, esixindo ao Executivo que “lles devolvan a liberdade dunha vez por todas”.

Propaganda coa vivenda

Finalmente, a senadora pontevedresa acusou ao Executivo central de utilizar o problema da vivenda unicamente con fins propagandísticos para manterse no poder. “8 anos no Goberno e só se dedicaron a dúas vivendas: a de Jéssica e a de Pedro Sánchez na Moncloa”, recriminou.

O PPdeG logra esixir a Sánchez unha mesa técnica con participación do Goberno galego para avanzar na migración da rede ferroviaria ao ancho europeo

O deputado do PPdeG Celso Delgado logra sacar adiante na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso unha proposición non de lei relativa á migración da rede ferroviaria galega ao ancho estándar europeo. A aprobación da proposta do Grupo Popular inclúe a creación dunha mesa técnica con participación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Goberno galego, o que permitirá que se analice a migración e se garanta a interoperabilidade europea. “Que un territorio teña dous anchos de vía e non se tomen medidas para corrixir esta situación, limita a súa competitividade”, subliña Delgado, que valora positivamente a luz verde dada á iniciativa popular, agardando que o Goberno central “cumpra” co acordado hoxe e non faga “caso omiso” como noutras ocasións.

Así o defendeu esta mañá Celso Delgado, que celebra que se teña en conta, por fin, a Galicia, despois do “malestar e preocupación” xerados na Comunidade Autónoma ao coñecerse que o Executivo de Sánchez descartaba, de forma xenérica, a migración das vías convencionais do Corredor Atlántico ao estándar europeo. Neste sentido, os populares comparten co Goberno galego que esta postura do Goberno central “é un absoluto desacerto técnico e político”, rexeitando “despachar” unha decisión de tal calado baixo unha premisa macroeconómica de “todo ou nada”.

Para os populares, un asunto desta importancia esixe “rigor, análise en detalle liña por liña e comunidade por comunidade”.

No caso galego, lembran dende o PPdeG, completar o ancho estándar en toda a rede de Alta Velocidade requiriría actuar sobre un extremo da infraestrutura, 250 quilómetros  de vía para conectar Ourense co resto de cidades do Eixo Atlántico. Neste punto, Delgado esixe que se priorice a substitución do ancho ibérico no tramo Santiago-Ourense –que xa conta con travesas polivalentes-  para o seu posterior posible extensión ao Eixo Atlántico, garantindo a interoperabilidade europea.

UN INFORME ENVIADO Á UNIÓN EUROPEA

O pasado 17 de xullo de 2026, coñeceuse a través dos medios de comunicación que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (MITMS) descartaba adaptar as vías convencionais ao ancho estándar europeo. Ademais, o Grupo Popular tivo constancia dun informe do Executivo central remitido á Unión Europea que desvelaba que cambiar os 13.000 quilómetros de vías convencionais supoñería un investimento de entre 20.000 e 30.000 millóns de euros, o que obrigaría a convivir durante uns trinta anos con obras permanentes e provocaría unha rendibilidade económica practicamente nula.

Ademais, para o PPdeG, o Goberno de Sánchez “priva aos cidadáns galegos de desfrutar as vantaxes loxísticas e comerciais doutros territorios: máis operadores, máis frecuencias, servizos de baixo custo e tarifas competitivas. De confirmarse a decisión do Ministerio, “suporía un severo revés para Galicia”, xa que manter o ancho ibérico obriga a depender de trens de ancho variable, un mercado restritivo dominado por dous fabricantes; así como perpetuar o Intercambiador de Taboadela, que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sinala como “limitante á competitividade” e describe explicitamente como “barreira técnica”.

Por outra banda, o deputado ourensán ve “moi lamentable que Ministerio continúe adoptando resolucións ferroviarias de costas a Galicia e sen diálogo”, así como que non se conte cos axentes económicos e sociais, a pesar de que o informe aborda decisións estratéxicas que condicionarán o futuro da competitividade empresarial durante as próximas décadas.

CRONOGRAMA DO CORREDOR ATLÁNTICO

Os populares tamén urxen que o Executivo central facilite ao Goberno galego e ao Congreso o Plan director completo do Corredor Atlántico, que inclúa compromisos concretos, cifras detalladas de investimento e un cronograma para a execución das obras, alertando da “preocupación” en Galicia pola falta de avances do Executivo. Ademais, esixe “acceso completo e inmediato” ao informe de viabilidade de cambio de ancho de vía remitido á Comisión Europea.

Por outra banda, o deputado popular lembra ao Goberno de Sánchez que a migración ao ancho de vía normal estándar europeo -de 1.435 mm- é unha obrigación do Regulamento (UE) 2024/1679 do Parlamento Europeo e do Consello, que fai fincapé no obxectivo de que os grandes corredores comunitarios avancen cara á interoperabilidade plena.

FALTA DE COMPROMISO CON GALICIA

Dende o PPdeG insisten en que esta falta de información sobre este documento e sobre o propio informe de migración do ancho de vía, do mesmo xeito que a falta de interlocutor directo con Renfe e Adif sobre as constantes incidencias ferroviarias na comunidade, demostran “a ausencia de transparencia do Ministerio e a falta  de compromiso coa Comunidade”.

“O Goberno galego leva meses pedindo información detallada e recibindo evasivas”, conclúe o deputado popular, lembrando que Galicia segue sen dispoñer dun documento definitivo coas actuacións, investimentos e calendarios previstos, “tan só coñecemos un power point”.

Por todo isto, o deputado popular instou hoxe ao Goberno de Sánchez a facilitar, de forma inmediata ao Goberno galego o informe completo que remitiu en xullo de 2026 á Unión Europea, así como facilitar ao Goberno galego e ao Congreso dos Deputados o Plan director completo do Corredor Atlántico.

 

O Senado aproba sen o apoio do PSOE unha proposta do PP para revisar o veto europeo á pesca de fondo e en defensa do palangre

A Comisión de Pesca do Senado apoiou hoxe -coa abstención do PSOE- a iniciativa defendida polo senador mariñán José Manuel Balseiro para reclamar a revisión das restricións impostas pola Unión Europea á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental e un tratamento diferenciado para o palangre de fondo. “Protexer o mar, si. Pero protexer non significa prohibir indiscriminadamente: significa coñecer o impacto real de cada arte e actuar onde a ciencia acredite que existe un risco”, afirmou Balseiro. O senador insistiu en que “non se pode meter no mesmo saco o palangre e o arrastre cando teñen impactos diferentes sobre o fondo mariño”.

Balseiro lembrou que a frota leva “catro anos de restricións e catro anos de prexuízos” por unha decisión cuxa falta de diferenciación xa fora cuestionada no seu momento. “Catro anos despois seguimos pedindo que se corrixa o que xa sabiamos que estaba mal. Pero agora hai unha diferenza fundamental: contamos con evidencia científica específica”, sinalou.

O senador sinalou que a propia Secretaría Xeral de Pesca recoñeceu que, ao elaborar a normativa europea, non se avaliou correctamente o impacto real de cada arte. “Se o propio Goberno admite esa deficiencia, ten que explicar por que os pescadores levan catro anos soportando as súas consecuencias e, sobre todo, conseguir que se corrixa”, afirmou.

MENOS DECLARACIÓNS E MÁIS RESULTADOS EN EUROPA

Balseiro pediu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “menos reacción e máis anticipación”. “Defender o sector pesqueiro é negociar e construír alianzas antes de que se aproben decisións que prexudican a frota. Non chega con lamentarse cando os barcos xa sofren as restricións”, advertiu. “Europa tamén somos nós. España forma parte do Consello e ten a responsabilidade de defender con eficacia os intereses dunha das principais potencias pesqueiras da Unión Europea”, engadiu. Neste sentido, pediu distinguir “entre reclamar e conseguir”: “O Goberno reclamou a revisión en 2022 e volve reclamala en 2026, mentres os barcos seguiron soportando as restricións. Agora temos unha oportunidade que non podemos volver desaproveitar”.

A iniciativa apoiada polo Senado insta ao Goberno de España a promover ante as institucións europeas a revisión das medidas, incorporar a nova evidencia científica e diferenciar as artes de pesca segundo o seu impacto real, de maneira que o palangre de fondo non quede sometido a prohibicións que os datos non xustifiquen.

CELEIRO, BURELA E O FUTURO DA PESCA

O senador puxo o foco en portos como Celeiro e Burela e nas persoas que dependen da actividade da frota palangreira. “Detrás de cada barco hai mariñeiros, armadores, lonxas, redeiras, transportistas, empresas e familias. Hai comunidades enteiras cuxo futuro segue ligado ao mar”, subliñou.

Balseiro recoñeceu o traballo do sector, da Organización de Produtores do Porto de Burela e dos investigadores que participaron no proxecto ISPAMER. “Os pescadores colaboraron, a ciencia fixo o seu traballo e agora correspóndelle ao Goberno conseguir que eses resultados se traduzan en decisións”, afirmou.

Tamén lembrou o apoio da Xunta de Galicia á frota desde a aprobación das restricións e chamou a sumar esforzos para lograr a súa revisión. “Os pescadores esperan solucións. Temos que levar a Europa unha posición firme, apoiada nos datos e capaz de conseguir resultados”, indicou.

Balseiro resumiu o acordo cunha palabra galega: “sentidiño. Sentidiño para protexer os ecosistemas vulnerables, para distinguir entre artes con impactos diferentes e para permitir pescar de maneira sostible onde a ciencia demostre que se pode facer. Protexer o mar e defender os nosos pescadores son obxectivos que deben avanzar xuntos”, concluíu.

O PPdeG esixe revisar as axudas ao gasóleo do sector agrícola e pesqueiro e aos fertilizantes

O Partido Popular levará ao Congreso e ao Senado unha iniciativa para esixir ao Goberno de España axudas de emerxencia ao sector agrícola e pesqueiro ante a forte suba do gasóleo e dos fertilizantes. Así o explicou o deputado galego no Congreso, Francisco Conde, durante unha visita a unha explotación gandeira no Saviñao (Lugo), a Gandería Teijeiro e Rodríguez SC, xunto co alcalde, Carlos Armesto, e os deputados lucenses Jaime De Olano e Cristina Abades, a portavoz de Agricultura, Pesca e Alimentación do Grupo Popular no Congreso, Rosa Quintana, e o portavoz de Pesca no Senado, Manuel Ruiz e o senador lucense José Manuel Balseiro.

O Partido Popular propón artellar un novo Plan de Axudas de Emerxencia para compensar a suba dos custos enerxéticos, do gasóleo e dos fertilizantes. Nese sentido, esixe ao Goberno de Sánchez utilizar toda a marxe de actuación que permite a Unión Europea, ata o 70% do incremento dos prezos e que “o Goberno de España non está a aplicar” porque estableceu un máximo de 20 céntimos por litro de gasóleo de uso agrario -ata o 30 de setembro- cando a UE permite compensar ata o 70% dos sobrecustos en relación ao prezo anterior ao conflito bélico en Oriente Medio. “E a situación do sector pesqueiro é similar”, engaden os populares.
Conde considera “imprescindible” revisar á alza as axudas ao gasóleo polo que se mostra crítico coa posibilidade de retiralas de forma gradual “toda vez que as circunstancias que motivaron estas axudas non cambiaron. É máis, a situación cada vez vai a peor”.

Os populares teñen trasladado estas propostas aos representantes das organizacións agrarias que convocan mobilizacións pola “inacción” do Goberno de Sánchez ante os altos prezos dos carburantes e fertilizantes que comprometen a rendibilidade dos sectores produtivos. En Galicia, afecta a máis de 65.000 explotacións gandeiras (máis de 25.000 de gando bovino) das que 22.000 (máis de 10.000 de bovino) se atopan na provincia de Lugo.

O PP tamén esixe ao Goberno de España, facéndose eco das reivindicacións das organizacións agrarias, a substitución do sistema actual de axudas por un máis áxil no que o agricultor ou o pescador non teñan que adiantar diñeiro. De feito, a axuda ao gasóleo agrario tramítase xunto á devolución anual do Imposto Especial sobre Hidrocarburos, polo que se atrasa a súa percepción. E no caso dos armadores tamén teñen que adiantar o custo durante meses.

As medidas propostas polo Partido Popular buscan que a subida dos custos de produción non deixen a ningún agricultor sen sementar ou abandone a súa explotación, nin que os pescadores se vexan obrigados a deixar de faenar.

SECA

A escaseza xeneraliza de choivas que tamén está a afectar ao sector agrogandeiro galego agrava a situación de moitas explotacións polo que o popular galego tamén pediu ao Executivo a convocatoria “urxente” da Mesa Nacional da Seca para dar resposta ao sector.

O PP esixe explicacións no Congreso e no Senado ante as contradicións do subdelegado do Goberno sobre os 22 meses de parálise da obra do nó de bombeiros

O PP de Pontevedra volveu rexistrar unha batería de preguntas, tanto no Congreso como no Senado para esixir ao Goberno de España unha implicación “seria” coa provincia e coa cidade de Pontevedra, tras denunciar o “abandono total e absoluto” reflectido na parálise das obras de remodelación do enlace de Pontevedra Norte (Nó de Bombeiros) da AP-9, que acumulan xa máis de 22 meses detidas.

A senadora pontevedresa Pepa Pardo criticou duramente as recentes declaracións do subdelegado do Goberno en Pontevedra en medios locais, nas que o subdelegado afirma que o proxecto modificado está practicamente rematado e que o problema unicamente é que o Ministerio de Facenda debe de liberar  o crédito orzamentario.

“Se o proxecto modificado non está terminado, como é posible saber o custo do mesmo e afirmar que o único problema é a liberación do crédito”, cuestionou Pardo. Para a senadora popular, as palabras do subdelegado non son máis que “a propaganda de sempre porque ven que a súa lexislatura está esgotada”.

“Cremos que o goberno de España debe de ter unha implicación seria coa provincia de Pontevedra coa cidade e neste caso o que está a demostrar é un abandono total e absoluto. Creo que o que fixo o subdelegado do goberno coas súas declaracións é o de sempre propaganda, propaganda porque ven que a súa lexislatuntevedra e coa cidade, e neste caso o que está a demostrar é un abandono total e absoluto”.

Prazos incumpridos e falta de peso político

Pola súa banda, o deputado nacional Pedro Puy sumouse ás críticas denunciando a falta de peso político do socialismo pontevedrés en Madrid. Puy sinalou que recorrer a un suposto bloqueo de Facenda é “unha escusa inaceptable que demostra a nula coordinación interna do Executivo de Pedro Sánchez”.

O deputado popular incidiu en que o Nó de Bombeiros é unha infraestrutura estratéxica para a cidade e o seu contorno. “Mentres o Goberno central se enreda en contradicións administrativas, os veciños e usuarios da AP-9 seguen sufrindo as consecuencias duns accesos provisionalmente paralizados que lastran o desenvolvemento económico local”, subliñou Puy.

Un historial de evasivas e atrasos

O Grupo Popular xa formulou preguntas por escrito en xaneiro de 2026 ante unha parálise que entón sumaba 14 meses. A resposta oficial do Ministerio, emitida o 23 de febreiro de 2026, limitouse a sinalar de forma vaga que “as obras poderán retomarse unha vez sexa aprobado devandito proxecto modificado”.

Sete meses despois daquela resposta, e superados xa os 22 meses de bloqueo total dos traballos, o PP esixe luz pública sobre as contradicións administrativas do Executivo.

Barreiro: “Sánchez recauda más que nunca mientras a los españoles cada vez les cuesta más llegar a fin de mes”

El portavoz adjunto de Economía del GPP reprocha a Sánchez porque desde su llegada al Gobierno “los precios han aumentado más de un 27%, mientras la recaudación tributaria superó los 325.000 millones de euros en 2025”.

Reclama al Ejecutivo que deje de refugiarse en las cifras de PIB, empleo o recaudación y explique cuánto ha mejorado realmente el poder adquisitivo de las familias después de descontar la inflación y la presión fiscal.

“No basta con decir que los españoles cobran más. Lo que hay que saber es cuánto pueden comprar con lo que cobran y cuánto dinero les queda después de pagar impuestos”, señala.

Nidia Arévalo exise no Senado que o Goberno apoie a Ceuta, máis proteción para mulleres e menores, máis recursos, transparencia e recuperar a normalidade

O Grupo Parlamentario Popular esixe ao Gobierno, a través dunha moción consecuencia de interpelación, que recoñeza a gravidade da situación de Ceuta, que apoie a Cidade Autónoma, máis protección para mulleres e menores, máis recursos para as vítimas de agresións, transparencia e recuperar a normalidade.

 “Ceuta non pide privilexios, Ceuta pide que España cumpra coa súa obrigación, protexer a súa fronteira, protexer os seus cidadáns, protexer as súas mulleres e aos seus nenos e garantir que nunca máis unha cidade española teña que preguntarse se está soa a cargo dunha crise desta magnitude”, remarcou.

A portavoz adxunta do Grupo Popular, Nidia Arévalo, asegura que “Ceuta é España e necesita un Goberno que chegue a tempo. E desgraciadamente, vostedes nin están nin se lles espera”.

Nidia Arévalo denuncia que “hoxe vimos dúas realidades: A de Ceuta e a que intenta construír o Goberno”. Porque, mentres os ceutíes “falan de inseguridade, o Goberno crea un relato que vai modificando coma se fose unha serie de televisión con infinitas tempadas”.

 “Mentres as familias falan de medo, vostedes falan de non criminalizar: mentres as mulleres piden protección, vostedes falan do Partido Popular; e ese é o problema, o Goberno de España dedica máis tempo a construír o discurso que a resolver o problema”, mira á bancada do PSOE.

A senadora pontevedrres denunciou a situación de agresións sexuais, alteración da convivencia, a preocupación das familias, a inseguridade das mulleres e nenas: “A realidade existe, aínda que ao Gobierno incomódelle, a realidade é que Ceuta leva 45 días soportando unha situación que ningún territorio español soporta”.

Alerta de que, despois de semanas de crises, “seguimos sen saber quen asume a responsabilidade política do ocorrido, porque cando as cousas saen mal, entón no Goberno ninguén é responsable, é a oposición, a prensa e as redes sociais; todos menos o Goberno, sempre todos menos o Goberno”.

Censura as acusacións dos socialistas e avisa de que “non os escoitamos dicir nada en grao sumo importante: Por que chegouse tarde, por que permitiuse que a situación alcanzase esta magnitude, por que Ceuta tivo que pedir axuda unha e outra vez; e por que as mulleres e os menores quedaron expostos a unha situación que xamais debeu producirse”.

Pon en evidencia que, durante semanas, o Goberno intentou construír “varios relatos, primeiro era un episodio puntual, daquela as mafias, despois os intereses internacionais -Israel, Rusia-; e mentres se sucedían as falsas explicacións, Ceuta seguía soportando as consecuencias”.

“Hoxe sabemos, tras os informes e probas que hai, que nos enfrontamos a unha invasión masiva de dimensións extraordinarias que puxo a proba a capacidade de resposta do Gobierno e que este unha vez máis fallou”, remarcou.

Nidia Arévalo: “A las víctimas de violaciones en Ceuta había que protegerlas antes, no un mes después, ni cuando les viniera bien en su calendario de vacaciones”

La portavoz adjunta del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Nidia Arévalo, afirma con rotundidad que “a las 23 mujeres y menores agredidas sexualmente y violadas en Ceuta en el último mes había que protegerlas antes, no un mes después, ni cuando a ustedes les viniera bien en su calendario de vacaciones”.

Así se expresó en durante una interpelación, en la sesión de control al Gobierno en el Pleno del Senado, a la ministra de Igualdad para que informe sobre la situación de extrema gravedad que viven las mujeres y los menores en Ceuta por el incremento de las agresiones sexuales.

A lo largo de su intervención, la senadora gallega remarcó que “la diferencia en una gestión de crisis eficaz se encuentra entre llegar antes o llegar después. Y en Ceuta la sensación generalizada ha sido que el Gobierno de España llegó tarde”.

Nidia Arévalo denunció que esta situación llegó a pesar de que la propia Ana Redondo explicó que se actuó ‘desde el primer momento’. Por ello, exigió a la ministra que responda a lo que ocurrió entre el 30 de julio y el 4 de agosto; qué recursos se movilizaron; y qué profesionales se desplazaron, entre otras cuestiones.

A su parecer, “llegó después de que se produjeran las primeras denuncias y después de que la propia Fiscalía comenzara a advertir del incremento de los delitos sexuales”.  Ante esta grave situación, recordó que en Ceuta se ha agotado el gas pimientas, mientras “las ceutíes se sienten obligadas a no salir de sus casas por su propia seguridad y las migrantes están abandonadas en las calles a su suerte”, al tiempo que pregunta a Ana Redondo si “se hizo todo lo que se podía hacer para evitar que estas agresiones ocurrieran”.

La protección a las menores debería ser una obligación

La senadora manifestó su enorme preocupación ante la falta de claridad en los datos ofrecidos por el Gobierno. Mientras la ministra compareció el 31 de agosto para decir que hasta ese momento se había producido 21 agresiones sexuales, la Fiscalía informó ese mismo día de 23 agresiones sexuales. “¿Quién tenía la información correcta?”, preguntó.

Nidia Arévalo va más allá y pone la lupa sobre la situación de las menores agredidas -que tienen entre 14 y 17 años-, y demanda información que sigue sin conocerse; como, por ejemplo, qué protección tenían o si existían mecanismos específicos para detectar situaciones de riesgo. “Cuando hablamos de menores de edad la obligación de protección del Estado es máxima y no existe derecho al error”, subrayó.

“Le pedimos hoy algo muy sencillo, pero por lo visto muy difícil para los socialistas: transparencia, verdad y responsabilidad. Queremos saber qué falló y saber qué garantías tienen las mujeres y las menores en Ceuta”, insistió. Ante este panorama, Nidia Arévalo lamentó que en la actualidad “no hay espacios seguros en Ceuta para las mujeres y menores”, debido a que “su plan de contingencia es un fiasco” y la acusa como “corresponsable” de esta tragedia. Exige más recursos y más dotaciones de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado, así como más personal médico y sanitario.

“Lo único que demuestra con su discurso complaciente es que usted como ministra es un fracaso en la gestión de la igualdad y la seguridad de las mujeres ante la violencia sexual y la trata. Usted se calla ante sus jefes y es un títere de los machistas del PSOE”, concluyó la senadora pontevedresa.

Pepa Pardo a Bolaños: “Usted consintió el caos de los juzgados en Ceuta. Tardó 29 días para enviar a un juez en una ciudad invadida por 80.000 personas más”

 La senadora del GPP por Pontevedra, Pepa Pardo, critica el papel de

Félix Bolaños en la crisis de Ceuta: “Usted consintió el caos de los

juzgados en Ceuta: Tardó 29 días para enviar a un juez en una ciudad

invadida por 80.000 personas más”.

• En estos términos se expresa la senadora popular al ministro Bolaños

en una pregunta durante la sesión de control al Gobierno en el Pleno

del Senado, en donde se ha interesado sobre cuál es el verdadero

motivo por el que aún no han convocado la Comisión para ultimar el

protocolo de apoyo que habría evitado, como le indica el Consejo

General de Poder Judicial, la demora de refuerzos en Ceuta.

 

• Califica de “auténtica vergüenza” las demoras y mentiras de Bolaños

que incluso se atrevió a salir “triunfalista” en las redes mientras Ceuta

estaba invadida y ya se han contabilizado hasta veintitrés agresiones

sexuales desde que “entraron los invasores”

.

• Igualmente, Pepa Pardo denuncia que mientras el ministro presumía

de ranking de viajes para el verano y estaba de vacaciones, “a los

ceutíes les robaban la libertad”

.

•

“¿Para qué está de ministro de Justicia? ¿Para presumir de su top 5 de

viajes, señor Bolaños? ¿Para eso está?”, insiste la dirigente del PP, al

tiempo que pide al ministro a que llame a las cosas por su nombre: “No

fue un episodio migratorio, fue una invasión”

.

• A renglón seguido, Pardo pregunta qué ha hecho Bolaños para retornar

a los migrantes y por devolver la libertad a los ceutíes. “Y el Nerón de

la Mareta, de vacaciones, con chanclas y a lo loco, mientras los ceutíes

no pueden salir de su casa. Porque dice que es su derecho a

descansar”, subraya, a la vez que pregunta “¿dónde están las

vacaciones de los ceutíes?”

.

BOLAÑOS CALLADITO Y DEFENDIENDO EL RÉGIMEN DE MARRUECOS

• En otro orden, la portavoz de Justicia pone la lupa en los “dos viajes”

que ha recibido el Gobierno. La Audiencia Nacional abre una

investigación penal sobre lo sucedido porque “hubo una actitud guiada

por parte de Marruecos y usted sigue calladito defendiendo al régimen

marroquí”

.

“¿Qué es lo que temen? ¿Qué es lo que saben de ustedes?”

,

pregunta al titular de Justicia.

• Celebra que esta misma mañana la Sala Tercera del Tribunal Supremo

ha paralizado la ley de nietos, que la senadora del PP tacha como “su

asalto al censo electoral”

.

• Para concluir, Pepa Pardo remarca que “Ceuta y España no se negocia,

no se vende, se defiende, señor Bolaños”