Skip to content

Alfonso Rueda anima aos cangueses a ser “motor de cambio” para “botar fóra ao Goberno dos escándalos” e seguir traballando para os próximos retos electorais

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe a necesidade de que Cangas contribúa a ser “motor de cambio”, como o resto de Galicia, para que España teña como presidente do Goberno a Alberto Núñez Feijóo. Así o manifestou durante a inauguración da nova sede do PP de Cangas, onde aproveitou para felicitar á presidenta da Xunta Xestora do PP local, Loli Hermelo, polo seu traballo a prol da veciñanza, que, augura, a recompensará nas urnas como futura alcaldesa nas eleccións municipais de 2027.

Así o manifestou durante a súa visita á vila, acompañado tamén polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Julio García Comesaña. O presidente do PPdeG animou aos cangueses a ser parte do “importantísimo reto do 29 de novembro” para “botar fóra ao Goberno dos escándalos”. Unha cita electoral trala que virá despois o reto das municipais, para o que, dixo, “non hai mellor perfil que Loli Hermelo para poñer a funcionar este concello”, confirmándoa como a candidata á Alcaldía nos próximos comicios municipais de maio de 2027. Sobre a candidata, valorou o a súa experiencia, o seu “traballo sen descanso” e as súas ganas de “dalo todo por Cangas”.

Para Rueda, a cita coas urnas do 29 de novembro resulta “fundamental” para poñer fin ao Goberno “dos Koldos, dos Ábalos, das Leires e dos chóferes”. Igualmente, lamenta que o Executivo de Sánchez e os seus socios quedase “de brazos cruzados” ante a invasión de Ceuta ou que leve ás súas costas dúas traxedias terribles na Alta Velocidade en menos dun ano.

“O 29N é o primeiro reto, que superaremos. E o próximo obxectivo serán as municipais, nas que aspiramos a todo”, insistiu Rueda. No caso de Cangas, salientou que a veciñanza “merece un goberno mellor, serio, con capacidade de xestión”, como o proxecto que ofrece Loli Hermelo e o seu equipo.

Respecto aos retos electorais, tamén animou a “non confiarse”, subliñando que as eleccións non se gañan “nas enquisas nin por anticipado”, poñendo en valor o traballo de concellos, vilas e cidades.

Para o presidente do PPdeG, o proxecto de Alberto Núñez Feijóo é o único “sólido” e representante da “política útil como a que facemos en Galicia”. Pola contra, o PSdeG é meramente un “embaixador do sanchismo en Galicia” e o BNG é o representante do “non a todo o que sexa progreso para a nosa terra”.

LUIS LÓPEZ RESALTA O “PERIFL IDÓNEO” DE LOLI HERMELO PARA LIDERAR O CAMBIO EN CANGAS

Pola súa banda, o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, aproveitou o marco da inauguración da nova sede local para poñer en valor a Loli Hermelo, quen ademais de ser a candidata do Partido Popular de Cangas do Morrazo para os comicios municipais, tamén será a próxima alcaldesa de todos os cangueses e canguesas”, proclamou o líder provincial.

Na súa intervención, Luis López puxo en valor a traxectoria e o compromiso da xa candidata oficial, destacando que “non se me ocorre mellor candidata que alguén que se está a bater o cobre por Cangas aquí, e mesmo no Parlamento de Galicia”. Nese sentido, subliñou que Hermelo representa o perfil idóneo para liderar o cambio político no municipio: “Non se me ocorre ninguén mellor para devolver a estabilidade a Cangas que alguén que é capaz de unir equipos e sensibilidades; unha persoa que lidera, que pilota proxectos e que pensa en Cangas antes que en nada”, indicou.

Segundo explicou tamén Luis López, a nova sede canguesa concíbese como un espazo aberto á participación cidadá, deseñado para canalizar as propostas e necesidades dos veciños. “O plan é ambicioso e tamén imprescindible”, subliñou López. “Se queremos decorar esta nova sede cun triunfo en maio de 2027, non queda outra que abrir estas portas de par en par á xente e ás ideas, e non pechalas nunca”.
LOLI HERMELO ASUME O RETO “CON HUMILDADE E RESPONSABILIDADE”

Por último, Loli Hermelo agradeceu a confianza do presidente do PPdeG e do resto de representantes do partido. Ademais, asegurou asumir este reto “coa máxima humildade e cunha responsabilidade inmensa”.

“Temos equipo, temos ganas e temos un proxecto real para devolverlle a Cangas o liderado e a ilusión que merece”, afirmou a candidata popular, quen dixo que os populares locais porán tamén todo da súa parte “para elevar a Alberto Núñez Feijóo á Presidencia do Goberno de España”.

Noticias recomendadas

O PPdeG demanda un “protocolo específico” para coordinar e potenciar a arqueoloxía subacuática
O Parlamento de Galicia aprobou recentemente a iniciativa do Grupo Parlamentario Popular na que se insta á Xunta de Galicia a fomentar as intervencións arqueolóxicas subacuáticas na comunidade e a
O Partido Popular levará ao Parlamento de Galicia a negativa de Inés Rey a ceder solo para que á Xunta constrúa nova vivenda publica na Coruña
O concelleiro do PP na Coruña e parlamentario autonómico, Roberto Rodríguez, denunciará no Parlamento de Galicia que o goberno municipal de Inés Rey négase a cederlle á Xunta novas parcelas
Paula Prado reivindica no magosto do PP de Verín a unión dos populares como “motor de cambio” para os próximos retos electorais
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, participou hoxe en Verín no magosto dos populares locais, no que puxo en valor a “unión” e a “forza” do PPdeG como “gran
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies