Skip to content

O PP exhibe unidade, forza e mobilización en Ourense para levar a Feijóo á Moncloa e poñer fin ao Goberno de Sánchez o vindeiro 29N

O Partido Popular de Ourense reuniu esta tarde en Aixiña a súa gran familia nun multitudinario magosto-mitin na cidade, nun ambiente de convivencia, entusiasmo e mobilización electoral a só nove días das eleccións xerais do 29 de novembro. Un encontro no que os populares exhibiron unidade e confianza na vitoria de Alberto Núñez Feijóo, reivindicando a necesidade de abrir unha nova etapa política en España, baseada na estabilidade, na responsabilidade e na capacidade de xestión.

O acto contou coa participación da secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado; do presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor; da cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez; do número un ao Senado, Miguel Santalices; e da candidata á Alcaldía de Ourense, Ana Méndez Gil, que exerceu como anfitrioa.

Nun encontro marcado polo carácter festivo dunha das tradicións máis arraigadas na provincia, os populares coincidiron en lanzar unha mensaxe de máxima mobilización para os últimos días de campaña e en reivindicar a figura de Feijóo como a alternativa para recuperar a confianza dos españois nas institucións.

Paula Prado defendeu o “modelo de unidade” do PPdeG

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo en valor o “modelo de unidade” e o “gran equipo” do partido como clave para reivindicar as inquedanzas e as demandas dos ourensáns e dos galegos.

Para a número dous dos populares galegos, actos de tan boa acollida como o magosto do PP da cidade de Ourense amosan que o PPdeG “é o partido da xente, o partido que máis se parece a Galicia”. Neste sentido, apelou á cidadanía para que exerza o “voto útil” apoiando ao Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo o próximo 29 de novembro. “Queremos que o resto de españois teñan un modelo de estabilidade, de unión e de xestión, como o que temos en Galicia”, dixo, fronte aos partidos como o BNG e Bildu, socios de Sánchez, cuxo modelo “só ofrece violencia e crispación”, estando moi afastados “do que quere a sociedade, que é un modelo de equipo e de unidade coma o do PP”.

Por todo isto, Prado insta aos ourensáns a “non ter medo” e “non calar” nas urnas, defendendo o proxecto de Alberto Núñez Feijóo como o único “que vai unir a este país”. “O 29N hai que elixir, e non entre dereitas ou dereitos. Senón entre decencia ou delincuencia”, concluíu a número dous dos populares galegos.

Luis Menor: “Ourense está a piques de darlle a España o mellor presidente”

O presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, reivindicou a forza e a unidade do partido nun encontro que definiu como unha demostración da ilusión coa que os populares afrontan a recta final da campaña electoral.

“O magosto é moito máis que castañas e lume. É amizade, reencontro e convivencia. Ourense deulle ao mundo bo viño, bo Entroido e, sobre todo, moi boa xente. E está a piques de dar o mellor presidente para España!”, proclamou Menor, que destacou o orgullo de que un ourensán, Alberto Núñez Feijóo, estea chamado a liderar unha nova etapa política no país.

O presidente provincial defendeu unha maneira de entender a política que teña “raíces, os pés na terra e proximidade coa xente”, asentada nas conviccións, na responsabilidade, na valentía e na palabra dada. “A política non é un privilexio. É un servizo. Así vivimos a política no Partido Popular”, afirmou.

Menor tamén se referiu ao cara a cara televisivo celebrado a noite anterior entre Feijóo e Pedro Sánchez, no que considerou que o líder popular foi o “indiscutible gañador”. Ao seu xuízo, Feijóo demostrou “capacidade de xestión, experiencia, ideas moi claras e absoluto compromiso”, transmitindo a confianza que necesita España para afrontar o futuro. “Feijóo presentouse ante os españois como o que é: un xestor, unha persoa que defende a xestión como a arte de gobernar”, sinalou Menor, quen contrapuxo esa actitude ao ton “victimista e nada crible” que atribuíu a Sánchez. O líder provincial dos populares asegurou que o debate serviu para reforzar a esperanza de moitos españois e deixar aínda máis clara a alternativa que representa o PP. “Non se trata de esquecer esta escura etapa, trátase de evitar que volva pasar”, advertiu.

Finalmente, Menor fixo un chamamento á mobilización total: “Que non quede un só voto fóra das urnas! España merece unha política á altura dos seus cidadáns e o 29 de novembro temos a oportunidade de levar ao mellor presidente á Moncloa”.

Ana Belén Vázquez: “A decencia gaña o debate e gañará nas urnas”

A cabeza de lista do Partido Popular ao Congreso dos Deputados por Ourense, Ana Belén Vázquez, centrou a súa intervención na transcendencia das eleccións xerais e na necesidade de que España recupere un Goberno asentado na honestidade, na responsabilidade e na eficacia. “Quedan só nove días para elixir o futuro do noso país. Onte á noite quedou claro: a decencia gaña o debate e gañará nas urnas”, afirmou a candidata, en referencia ao cara a cara entre Feijóo e Sánchez.

Vázquez advertiu de que o próximo 29 de novembro os españois deberán escoller entre “dous modelos: a mentira, a incompetencia e unha xestión que esnaquizou a clase media; ou a verdade, a honradez e o rigor de Alberto Núñez Feijóo”.

A candidata popular reivindicou a necesidade de recuperar a boa xestión como principio fundamental da acción de goberno, especialmente na defensa dos servizos públicos e das familias. “Os servizos públicos non se proclaman, xestiónanse. España necesita reconstrución, valores e servidores públicos, non impostores”, subliñou.

Vázquez concluíu cunha mensaxe de confianza na vitoria electoral: “España merece un presidente decente. O 29N, imos gañar o cambio”.

 

Santalices chama a concentrar o voto para garantir un Goberno forte

O número un da candidatura popular ao Senado por Ourense, Miguel Santalices, reivindicou a importancia de que o 29 de novembro se traduza nunha maioría sólida que permita a Alberto Núñez Feijóo gobernar con estabilidade, sen depender de intereses particulares nin de negociacións que condicionen o futuro do conxunto dos españois.

Santalices defendeu un modelo político baseado no respecto ás institucións, na igualdade entre territorios e na defensa dos servizos públicos, fronte á confrontación e á inestabilidade que, segundo sinalou, caracterizaron os últimos anos da política nacional. Así, o candidato popular apelou á experiencia de Feijóo á fronte da Xunta de Galicia como garantía dunha maneira de gobernar que coñece as necesidades reais dos cidadáns, cumpre os compromisos e sitúa a xestión por diante da propaganda.

Neste sentido, subliñou a importancia de que Ourense participe de maneira decisiva no cambio político, cunha mobilización que permita reforzar a representación da provincia tanto no Congreso como no Senado. Santalices incidiu en que cada voto será determinante para construír unha maioría capaz de ofrecer estabilidade, seguridade e oportunidades, e animou aos simpatizantes e afiliados a intensificar o traballo nos últimos días de campaña para que a ilusión que se percibe nos actos electorais se converta nunha ampla participación nas urnas.

Ana Méndez reivindica o traballo dos interventores e apoderados

A candidata á Alcaldía da cidade, Ana Méndez Gil, aproveitou o encontro para agradecer o traballo e a implicación de todas as persoas que están a colaborar durante a campaña electoral. En especial, tivo palabras de recoñecemento para os interventores e apoderados, os presidentes de distrito e os seus equipos, as persoas que están mobilizándose nas carpas e na rúa, as Novas Xeracións e o equipo interno do partido.

“Quero darvos as grazas de corazón a todos os que estades traballando arreo nestes días. Sei o esforzo e as horas que hai detrás de cada tarefa e de cada acción na rúa. O voso traballo é fundamental e demostra que somos un gran equipo, un partido unido, con xente comprometida e disposta a dar o mellor de si mesma”, destacou Méndez, que puxo en valor a ilusión e o compromiso colectivo para afrontar o reto electoral mediante unha campaña de proximidade, contacto directo coa cidadanía e presenza constante nos barrios e nas rúas de Ourense.

Noticias recomendadas

Cayetana Álvarez de Toledo defende en Pontevedra o proxecto de Feijóo e do PP como o único que pode realizar o cambio político necesario en España
A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou esta tarde nunca charla coloquio en Pontevedra, onde participaron arredor de 400 persoas, para defender o
Cayetana Álvarez de Toledo defende no Salnés o proxecto de Feijóo e do PP como o único que pode realizar o cambio político necesario en España
A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, protagonizou hoxe a campaña na comarca do Salnés, onde defendeu o proxecto de Alberto Núñez Feijóo e
O PP denuncia a perda de case cinco millóns de euros de fondos europeos en Santiago e alerta sobre os novos 8,7 millóns do programa EDIL
O Partido Popular denunciou en Santiago a perda de fondos europeos destinados a diferentes proxectos municipais durante unha comparecencia ante os medios na que participaron Adrián Vázquez, Olaya Otero e
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies