Skip to content

Rueda pide “apertar no último sprint” da campaña para dar un apoio masivo a Feijóo e propiciar o “fin” do sanchismo

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pediu “apertar” no momento no que a carreira electoral do 29N encara o último “sprint”, e non “baixar os brazos”, co obxectivo de brindarlle a Alberto Núñez Feijóo un apoio “masivo” nas urnas. Unha vitoria ampla que propicie o “fin” do sanchismo, que asegurou que non só desexan os que están fartos dos últimos oito anos do Goberno, senón que tamén o auguran os propios socialistas.

Así o dixo Rueda no mitin celebrado esta tarde en Verín, xunto ao presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e a cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Ana Vázquez. No acto exerceu de anfitrión o candidato á Alcaldía, Victor Baladrón. O líder do PPdeG afirmou que no seo do PSOE son conscientes de que, a partir do domingo, chega o “cambio”: delatouse Pedro Sánchez cando pediu a Feijóo, no seu cara a cara, que non derogue as leis que aprobou; e tamén o demostra o seu “escudeiro” en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, quen no próximo pleno do Parlamento autonómico lle vai preguntar a Rueda polos asuntos prioritarios que pretende abordar co Goberno central.
Nesta liña, Rueda lamentou como nos últimos días seguen acumulándose as evidencias da necesidade dun novo rumbo na Moncloa: as urnas de cartón para o voto exterior; o regreso de Carles Puigdemont tras afirmar que derrotou o Estado; o “Black Friday” de decretos aprobados no último Consello de Ministros; ou a falta de control das fronteiras, coa presión migratoria trasladada agora ás Illas Canarias.

Ademais, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, lembrou o exemplo de José Luis Ábalos, exministro e man dereita de Sánchez, quen proclamara que era feminista por ser socialista, mentres falaba das mulleres en termos “vomitivos” co seu socio Koldo García, ou organizaba unha “festa” no Parador de Teruel en plena pandemia.

Rueda celebrou que quedan apenas catro días para darlle un novo rumbo a España e recuperar a decencia e a xestión despois de dúas lexislaturas que deixan servizos que funcionan peor, máis de 100 subidas de impostos e máis débeda pública; sen Orzamentos e coa corrupción invadindo as institucións. En definitiva, catro días para que todo o país “funcione como Galicia”.

Esa, remarcou, ha de ser a mensaxe que se envíe con intensidade o domingo desde Verín, desde Ourense e desde toda a Comunidade: o desexo de ter un Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo. Porque el meréceo, pero, sobre todo, “meréceo España”, concluíu.

MENOR: “OS VOTOS PÍDENSE, E DEVÓLVENSE CUMPRINDO AS PROMESAS”

Na súa intervención, Luis Menor apelou á máxima mobilización nestes últimos días de campaña electoral para abrir unha nova etapa en España. Sinalou que o resultado das urnas tamén será determinante para que Alfonso Rueda poida defender as demandas de Galicia ante un Goberno central presidido por Alberto Núñez Feijóo. E reivindicou a necesidade de poñer fin ao que cualificou de “oito anos de absoluto esquecemento de Ourense por parte de Sánchez e da incapacidade do seu socio, o BNG, para defender os nosos intereses”.

Menor lembrou o respaldo obtido polo Partido Popular en Verín nas eleccións xerais de 2023, con máis do 46% dos votos, e nas autonómicas de 2024, nas que Rueda acadou o 51,4% dos sufraxios, cunha vantaxe de 38 puntos sobre o PSOE. Pero advertiu tamén contra o exceso de confianza ante as previsións demoscópicas. “As enquisas dannos ánimo, pero só iso: ánimo. Aquí non hai nada gañado. Non hai espazo para confianzas nin euforias”, afirmou, ao tempo que advertiu das consecuencias que podería ter a fragmentación do voto na distribución dos escanos.
Expresou, ademais, a súa aspiración de que a provincia acade un resultado histórico nas urnas: “Eu non quero só gañar: quero que Ourense sexa a provincia que máis apoio lle dea a Alberto Núñez Feijóo en Galicia e en toda España. Ourense non lle pode fallar, como tampouco nos vai fallar el”. Menor reivindicou a experiencia de xestión do Partido Popular, baseada na seriedade e no rigor, e incidiu na responsabilidade que supón recibir a confianza da cidadanía, lembrando que “os votos pídense e logo devólvense cumprindo as promesas”.

ANA VÁZQUEZ REIVINDICA A EXPERIENCIA DE GALICIA EN DESENVOLVEMENTO DE POLÍTICAS DE PROTECCIÓN DAS MULLERES

Pola súa banda, Ana Vázquez centrou parte da súa intervención na protección das mulleres, coincidindo coa conmemoración do 25N, e contrapuxo o balance do Goberno de Sánchez nesta materia ás propostas do Partido Popular. Vázquez cuestionou a xestión do Executivo socialista, “porque a seguridade das mulleres de Ourense non pode depender da propaganda. Con Alberto Núñez Feijóo cambiaremos os erros por protección real: reforzaremos o sistema VioGén, garantiremos que as pulseiras funcionen e apoiaremos a quen decida ser nai. Este 29N, vota por respecto, liberdade e seguridade”, proclamou.

Así mesmo, reivindicou a experiencia de Galicia no desenvolvemento de políticas de protección das mulleres e o compromiso do PP co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Vázquez proclamou que “hoxe, 25 de novembro, non valen os lemas baleiros. Tras oito anos de goberno de Sánchez, as agresións sexuais subiron un 70%, máis de mil agresores viron rebaixadas as súas penas e case cinco mil mulleres quedaron desprotexidas polo fallo das pulseiras antimaltrato. Fronte ao seu abandono, fai falta xestión real”.

Noticias recomendadas

Rueda anima a votar por un “Goberno do Partido Popular que funciona” e “baleirar” a Moncloa de Sánchez e dos seus socios
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, animou a votar o vindeiro domingo, nas Eleccións Xerais, por un “Goberno do Partido Popular que funciona”, liderado por Alberto Núñez Feijóo; e lograr,
Prado defende ao PP como “o partido das mulleres rurais” fronte ao Goberno do “falso feminismo” de Sánchez e os seus socios
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o PP como “o partido das mulleres” e reitera o compromiso co impulso de oportunidades no rural, fronte a un Goberno de
O PPdeG esixe a Pedro Sánchez que deixe de asfixiar o sistema de dependencia galego e dea a cara pola industria conserveira
O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe as principais iniciativas que os populares levarán ao vindeiro pleno, centradas na defensa do benestar social, dos sectores produtivos galegos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies