Skip to content

Paula Prado apela no 25N polo “cambio necesario” para poñer fin ao Goberno do “falso feminismo” que “abandonou ás mulleres”

O PPdeG reivindicou hoxe, co gallo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a importancia do “cambio necesario” en España a partir do 29 de novembro, pedindo o voto para o PP, co obxectivo de desaloxar ao Goberno “que abandonou ás mulleres durante oito anos” e afeando o modelo de “falso feminismo” de Pedro Sánchez e dos seus socios, coma o BNG. “Precisamos un cambio para deixar atrás ao Goberno que abandonou ás mulleres durante oito anos, para ter un Goberno de España que protexa ás mulleres e non aos agresores”, engadiu.

“O PP é o partido máis comprometido cos dereitos das mulleres, un compromiso que vai máis alá de campañas e de consignas”, sinalou Prado durante o acto co que o partido conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e que tivo lugar na contorna da praza do Obradoiro.

Participaron, entre outras, a responsable da área de Política Social e Igualdade no Goberno galego, Ángeles Vázquez, e as candidatas das catro provincias que forman parte do equipo galego que representará os intereses de Galicia en España. O PPdeG avogou este ano por incidir no “cambio necesario” en España, despois de oito anos de Goberno de Sánchez que deixaron un balance “devastador” para os dereitos das mulleres.
As populares simbolizaron a través duns carteis os exemplos máis significativos das consecuencias das políticas antifeministas de Sánchez. Así, fixeron referencia ás pulseiras antimaltrato de Aliexpress, ao incumprimento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, á Lei do só si e si que rebaixou penas e excarcerou a agresores sexuais, a inacción fronte á trata de mulleres, a falta de medios policiais e xudiciais para protexer ás vítimas, a desprotección das mulleres no rural ou á contratación de prostitutas en organismos públicos.

Co fin de amosar a urxencia dun Goberno do Partido Popular que vele polos dereitos das mulleres e evite que sucedan exemplos como os referidos, as participantes apelaron polo “cambio necesario”. Concretamente, para Prado, “defender ás mulleres non é deixar atrás un balance de oito anos de Goberno no que se incrementaron as violacións nun 242% ou os casos de violencia de xénero nun 74,53%”.

Ademais, lembrou que o Goberno do “falso feminismo” tamén deixou agravios en Galicia, como o Pacto da Vergoña de PSOE-BNG que mantén a José Tomé no poder, ou as vacantes sen cubrir da Unidade de Policía Adscrita, que ten encomendadas labores de atención a mulleres maltratadas.

Por último, agradeceu a todas as presentes a demostración cada día da “forza das mulleres do PPdeG” e o “compromiso” do partido coa eliminación da violencia contra a muller.

ÁNGELES VÁZQUEZ: “NON BASTA CON DICIRLLE A UNHA MULLER QUE DENUNCIE, TEMOS QUE GARANTIRLLE QUE NON VAI ESTAR SOA”

Pola súa banda, Ángeles Vázquez reivindicou o compromiso de Galicia cunha atención próxima ás vítimas, de xeito que “calquera muller saiba que, viva onde viva, hai unha porta á que chamar e unha Administración que a vai acompañar”. Neste sentido, puxo en valor a rede de Centros de Información á Muller (CIM), que permite achegar atención e acompañamento ás mulleres en todo o territorio, así como os recursos de apoio psicolóxico, xurídico e económico para aquelas que deciden romper co seu agresor.

A responsable de Política Social e Igualdade do Goberno galego destacou tamén a necesidade de adaptar a resposta pública ás novas formas de violencia e referiuse á lei pioneira contra a violencia dixital que está impulsando Galicia para dotar ás vítimas de novas ferramentas de protección tamén nas redes. “A loita contra a violencia de xénero non se pode quedar nunha pancarta, nunha declaración ou nun día sinalado no calendario. Demóstrase os 365 días do ano”, incidiu.

Fronte a este compromiso, Vázquez lamentou os erros e incumprimentos do Goberno central, facendo referencia ás rebaixas de condenas e excarceracións de agresores sexuais derivadas da lei do ‘só si é si’, ás carencias de medios policiais e xudiciais para protexer ás vítimas e aos fallos das pulseiras antimaltrato. Sobre estes últimos, reclamou coñecer “que pasou, a cantas mulleres galegas afectou e que garantías teñen hoxe as vítimas”.

Por todo iso, defendeu a necesidade dun cambio que permita pasar “das palabras aos feitos, das promesas ás garantías e das escusas ás solucións” e contar cun Goberno que volva facer da protección e da seguridade das mulleres unha prioridade. “En definitiva, un cambio como o que encarna Alberto Núñez Feijóo: o cambio necesario”, concluíu.

ALBA MARTÍNEZ: “AS MULLERES MOZAS QUEREMOS UN FUTURO CON MÁIS SEGURIDADE”

Ademais, tamén interveu no acto a candidata máis moza do PPdeG que concorre ás Eleccións Xerais do 29N, Alba Martínez. Amosou o seu orgullo de formar parte dunha candidatura con “compañeiras formadas, preparadas e con experiencia” e o seu compromiso para traballar por todos os galegos e galegas.

“No PP defendemos políticas de igualdade reais e que loiten contra a violencia de xénero, con medidas eficaces e feitos, non só palabras”, sinalou durante o acto. Martínez concluíu con que as mulleres mozas “tamén estamos no centro do proxecto do PP, porque queremos un futuro con máis igualdade, máis liberdade e máis seguridade”.

Noticias recomendadas

Rueda pide “apertar no último sprint” da campaña para dar un apoio masivo a Feijóo e propiciar o “fin” do sanchismo
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pediu “apertar” no momento no que a carreira electoral do 29N encara o último “sprint”, e non “baixar os brazos”, co obxectivo de brindarlle
Rueda anima a votar por un “Goberno do Partido Popular que funciona” e “baleirar” a Moncloa de Sánchez e dos seus socios
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, animou a votar o vindeiro domingo, nas Eleccións Xerais, por un “Goberno do Partido Popular que funciona”, liderado por Alberto Núñez Feijóo; e lograr,
Prado defende ao PP como “o partido das mulleres rurais” fronte ao Goberno do “falso feminismo” de Sánchez e os seus socios
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o PP como “o partido das mulleres” e reitera o compromiso co impulso de oportunidades no rural, fronte a un Goberno de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies