Skip to content

O PP de Ourense pide o voto para Alberto Núñez Feijóo, “garantía a boa xestión, a verdade e a decencia”

Os populares pediron hoxe en Celanova e Barbadás o voto dos ourensáns e das ourensás para que o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo transforme “a política do medo, da crispación e da violencia” en “esperanza e ilusión” para España, tal e como expresou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. O mitin no Auditorio Municipal Ilduara, precedido polo da Casa da Cultura da Valenzá, en Barbadás, centrou a xornada de campaña do PP de Ourense. Nos dous actos participaron tamén o presidente provincial, Luis Menor, e os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado por Ourense, Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Santalices.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lembrou en sendos mitins en Barbadás e Celanova que as eleccións “só se gañan nas urnas”, polo que volveu a apelar ao “voto útil” dos ourensáns e das ourensás para “o cambio necesario” en España, con outro ourensán á fronte do Goberno: Alberto Núñez Feijóo. Neste sentido, apuntou aos “tres días decisivos” que restan para “transformar a política do medo, da crispación e da violencia” en “esperanza e ilusión” para o país, da man do proxecto popular.

“É momento de derrubar os muros da corrupción, da indecencia, do machismo e da falta de rigor que levantou Sánchez”, sinalou, para o que aposta polo “modelo Feijóo”, o “modelo galego do sentidiño fronte ao sen sentido”.

Para a número dous dos populares galegos, O PSOE está “amosando a súa verdadeira cara” nos últimos días de campaña, “a do radicalismo e a da confrontación”, que, para Prado, “comparten cos seus socios independentistas, como o BNG”, facendo referencia tamén ao seu “falso feminismo”.

Ademais, lembrou que ata o propio Puigdemont cualificou de “amoral” a Sánchez. “A política indecente ten que acabar este 29 de novembro”, engadiu.

Menor chama a facer de Ourense a provincia que máis apoie a Feijóo

O presidente provincial do PP, Luis Menor, pediu un último esforzo de mobilización para poñer fin ao que cualificou de “oito anos de absoluto esquecemento de Ourense por parte de Sánchez”. “As enquisas dannos ánimo, pero só iso: ánimo. Aquí non hai nada gañado”, advertiu. Menor chamou a concentrar o voto no PP e marcou como obxectivo que Ourense sexa “a provincia que máis apoio lle dea a Alberto Núñez Feijóo en Galicia e en toda España”.

En Celanova, Menor puxo como referencia o apoio ao PP no municipio nas xerais de 2023, cando superou o 54 % dos votos, e nas autonómicas de 2024, nas que acadou o 53 %. Na Valenzá, lembrou que os populares superaron o 43 % en Barbadás nas dúas citas electorais e reivindicou a capacidade de xestión, a vontade de escoita e a estabilidade que o equipo local defende para o concello como prioridades tamén para un Goberno de Feijóo.

Menor pediu á militancia e aos simpatizantes que leven a mensaxe do PP a cada rúa e a cada aldea ata o remate da campaña. “Alí onde non chega ningún cartel, chegades vós”, afirmou. Tamén vinculou a petición do voto co compromiso de cumprir o prometido: “Os votos pídense e logo devólvense cumprindo as promesas”.

Ana Vázquez: “O domingo votaremos con memoria”

A cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, asegurou que “España ten moitas ganas de cambio” e reivindicou a candidatura de Feijóo como “a garantía de boa xestión, verdade e decencia”. “Non esquecemos a decadencia destes oito anos de sanchismo. Queremos recuperar o noso futuro. Eles queren que esquezamos. O domingo votaremos con memoria”, afirmou.

Vázquez expresou a súa solidariedade coas compañeiras e compañeiros increpados o mércores, 25 de novembro, na carpa informativa do PP na rúa do Paseo, en Ourense. Segundo relatou, ao paso da concentración escoitáronse cánticos como “Imos queimar ao PP por machista e patriarcal” e “A loita feminista é antifascista”. A candidata denunciou os insultos e o sinalamento aos membros do seu partido e acusou o BNG de practicar un “feminismo selectivo”.

A candidata popular cuestionou tamén o balance do deputado do BNG no Congreso, ao que atribuíu “cero logros para Ourense”, e preguntou que resultados pode presentar esa formación á hora de volver pedir un escano pola provincia.

Reunións sectoriais e actividade nos barrios de Ourense

A xornada comezou cunha reunión co sector das perruquerías na sede provincial do PP, con Ana Belén Vázquez e Rosa Sánchez. Miguel Ángel Santalices participou na xornada sobre empresa e compromiso social na Confederación Empresarial de Ourense. Vázquez, Roberto González e Alberto Cacharrón mantiveron encontros co mundo da cultura nos estudos dos escultores Xosé Cid, en Taboadela, e Ramón Conde, no polígono. Rosa Quintana reuniuse con gandeiros en Sas de Penelas e Vázquez participou tamén nun encontro con xóvenes empresarios sobre o programa de goberno no Espazo FABRI-K e nunha reunión co sector da caza.

Na cidade, o PP instalou mesas informativas na rúa do Paseo pola mañá e pola tarde e realizou percorridos por Avilés de Taramancos e Doutor Fleming, A Ponte, Peña Trevinca e a contorna do parque de San Lázaro, Bedoya e Bos Aires. A actividade veciñal incluíu encontros coa asociación da Barbaña e coa de Peliquín, ademais dun mitin na asociación veciñal Os Montes, en Peña Trevinca, con Roberto González, Rosa Sánchez e Belén Iglesias. A axenda incluíu tamén o mercadiño da Praza de Abastos.

Noticias recomendadas

Prado e Conde defenden o compromiso do PP co sector agroalimentario e urxen reforzar o control de fronteiras para os produtos que entran en España
O PPdeG reivindica a necesidade de reforzar o control de fronteiras para que os produtos que entren en España cumpran as mesmas normas que se esixen aos produtores españois. Durante
Rueda chama a “marcar a diferenza” nas urnas cun apoio masivo a Alberto Núñez Feijóo que remate con oito anos de sanchismo
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, chamou a “marcar a diferenza” nas urnas o vindeiro domingo dando un apoio masivo a Alberto Núñez Feijóo, para convertelo en novo presidente do
O PPdeG eleva a presión sobre a Comisión Europea para que protexa a industria do silicio e evite paróns industriais como o de Ferroglobe
O eurodeputado do PPdeG, Adrián Vázquez, reclama á Comisión Europea que pase das palabras aos feitos e actúe xa para protexer a industria europea do silicio metálico, ameazada polas importacións
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies