Santiago, 30 de maio de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe a BNG e PSdeG, ante a reunión convocada polo Presidente da Xunta para o vindeiro 6 de xuño, “propostas sensatas e realizables, lonxe de posturas demagóxicas que só buscan un bo titular pero que carecen dunha base sólida sobre a que levarse adiante”, co obxectivo de levar unha postura común de Galicia á reunión que Alfonso Rueda ten solicitado co Presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Pazos tamén informou da incorporación ao Grupo Popular como deputados de María Belén Salido Maroño e Fernando Pérez Domínguez, en substitución de Alberto Núñez Feijóo e Miguel Tellado.
?Felicitamos ao presidente @AlfonsoRuedaGal por ter convocado aos líderes da oposición e lamentamos que @sanchezcastejon aínda non concretara unha data dunha xuntanza que lle foi solicitada e para a que é importante ter unha postura común sobre Galicia, @pazos_alberto pic.twitter.com/UOThuUYATb
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) May 30, 2022 >
Alberto Pazos comezou a súa comparecencia ante os medios amosando “o mais contundente rexeitamento do Grupo Popular á intolerable agresión sufrida por unha veciña de Carballo, á que queremos facerlle chegar a nosa solidariedade e desexarlle unha pronta recuperación”. “Agardamos que pronto se clarifiquen as circunstancias do caso e se poña ao autor a disposición das autoridades xudiciais”, dixo.
CAPACES DE CONSENSUAR
?Esperamos que as xuntanzas propostas por @AlfonsoRuedaGal á oposición, se afronten coa mentalidade acaída para acordar medidas útiles para o conxunto da sociedade galega,cunha folla de ruta común que responda aos intereses reais e actuais, @pazos_alberto pic.twitter.com/alEG02GVDR
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) May 30, 2022
Respecto da reunión que o Presidente da Xunta ten previsto manter cos responsables do BNG e do PSdeG, o viceportavoz popular considerou “fundamental ter unha postura común sobre Galicia para defender diante do Presidente do Goberno de España, unha vez atenda a solicitude de entrevista realizada polo Presidente da Xunta”. Neste sentido, felicitou a Alfonso Rueda “por ter tomado a iniciativa de convocar a esta xuntanza aos representantes da oposición”, ao tempo que lamentou que por parte do Presidente do Goberno de España “aínda non se concretara unha data para a xuntanza que o Presidente da Xunta lle solicitou formalmente, e que esperamos que se atenda á maior brevidade posible”.
“Esperamos que estas xuntanzas sexan produtivas e sirvan para demostrar a todos os galegos que os seus representantes políticos somos capaces de consensuar unha folla de ruta común que responda aos seus intereses reais e actuais, que non deben desviarse moito da mellora da nosa economía e da prestación dos servizos públicos, tanto no ámbito da sanidade, como dos servizos sociais e na educación”, concretou.
Por este motivo, solicitou aos grupos da oposición “propostas centradas nos problemas que realmente preocupan a maioría dos galegos”, como é a preocupante suba de prezos, a distribución e o destino dos fondos europeos, e a mellora dos servizos públicos.
“Non nos vale con propostas que só busquen un bo titular pero que non estean asentadas sobre un estudo real dos custos que suporían levalas a cabo; e menos lanzar a bombo e prato propostas de investimentos sen concretar de onde sairían eses cartos dos orzamentos ou que partidas se deberían reducir”, manifestou.
Ademais, Pazos sinalou que “nos gustaría que fosen propostas realizadas atendendo á realidade social e política de Galicia”. “Parece razoable que en atención a esta realidade non se pretenda impoñer propostas programáticas rexeitadas pola sociedade galega, e si que haxa un intento leal de acordar e aportar sobre a base do programa de goberno que mereceu a confianza dos galegos e se traduciu nos 42 escanos que actualmente ten o Grupo Parlamentario Popular”, dixo.
INCORPORACIÓN DE NOVOS DEPUTADOS
Alberto Pazos tamén informou que ao longo desta semana procederase á incorporación ao Grupo Parlamentario dos dous novos deputados que suplirán aos recién nomeados senadores Alberto Núñez Feijóo e Miguel Tellado Filgueira.
Se trata de María Belén Salido Maroño, natural de Monfero, administrativa e portavoz do PP neste concello coruñés; e de Fernando Pérez Domínguez, natural de Caldas de Reis, economista e administrador concursal, e concelleiro e portavoz do PP en Caldas de Reis.
“Para nos é un pracer dar a benvida a estes dous novos compañeiros que estou seguro que darán o mellor de si mesmos para representar aos seus concellos e comarcas, para traballar pensando nos intereses xerais das galegas e galegos, e para enriquecer un grupo parlamentario que no político e no persoal está a funcionar como unha auténtica piña”, asegurou.