Santiago, 26 de agosto de 2022- O viceportavoz do Grupo Popular Alberto Pazos sinalou hoxe durante a celebración da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia que solicitar un pleno “en base a unhas premisas que saben falsas, e perdendo calquera atisbo de credibilidade, pero semella que calquera prezo parécelles barato para desgastar ao Goberno galego” en referencia á petición de comparecencia feita polo BNG, e instou a que “respecten a intelixencia dos galegos, o bo facer dos profesionais do Sergas, que decidiron as actuacións e recursos a enviar ou, polo menos, que respecten a realidade dos feitos” no caso acontecido recentemente en Sanxenxo cunha muller falecida.
Alberto Pazos comezou a súa intervención amosando “as nosas condolencias e respecto á memoria da muller falecida en Sanxenxo o 6 de agosto, en circunstancias que están a ser obxecto de investigación xudicial, e precisamente por ese respecto este Grupo non vai a ser participe dun intento de instrumentalización política dun drama persoal, como o que se está a producir hoxe no Parlamento”.
“Non é a primeira vez que a oposición utiliza a dor e o sufrimento persoal como ariete político quen falsea os feitos, quen os deturpa para utilizalos como elemento de desgaste partidista, retorcendo a realidade e cuestionando a actuación dos profesionais da mesma sanidade pública á que aseguran defender, o que non merece máis que a nosa total e absoluta reprobación” indicou o viceportavoz popular.
Así relatou que “é radicalmente falso, como di o BNG, que o falecemento se producira nun contexto de falla de ambulancias, é falso que se producirá nun suposto colapso sanitario, xa que había sanitarios dispoñibles e é falso que o asunto este subuidice a instancias do marido xa que foi o persoal sanitario o que xudicializou o tema ante o estado alarmante do corpo da muller”, indicou o viceportavoz popular .
CARROÑISMO POLÍTICO
Alberto Pazos sinalou que “e lexítimo aspirar ao Goberno, nós tamén o facemos e aspiramos a reeditar a confianza dos galegos ao cabalo da verdade, se outros prefiren facelo a lomos dunha hiena ou dun voitre, alá eles, pero que non conten co PPdeG para participar mesa carreira do carroñismo”, engadindo que “nós cremos firmemente que a demagoxia e a mentira non son ferramentas para convencer aos galegos e galegas, como está a empregar a oposición, e a nosa aposta é polo diálogo construtivo con propostas serias, realizables, sen demagoxias nin falsear a realidade”.
Alberto Pazos sinalou que “non todo vale e non se poden falsear os datos, ocultando que Galicia continúa a ser a terceira mellor Comunidade Autónoma en datos de lista de espera, ou que o 90% dos MIR formados aquí están na nosa sanidade”.
“Estamos orgullosos do sistema sanitario galego, pero non negamos que se poida mellorar, nin negamos dificultades, que son compartidas con outras comunidades autónomas e Europa, como a falta de médicos de atención primaria e de pediatras” indicou o viceportavoz popular, engadindo que “nós imos apostar polas medidas que xa se están tomando, como as melloras retributivas dos profesionais que realizan xornadas complementarias, a asignación de 106 prazas de atención primaria con difícil cobertura, ou a solicitude compartida con sete comunidades autónomas, nas que no goberna o PSOE, para a creación da especialidade de Urxencias ou a convocatoria de 1.000 prazas de MIR de atención primaria nos vindeiros catro anos, iniciativas xa aprobadas no Congreso dos Deputados, co voto en contra de PSOE e BNG”.
Pero inocular esas dificultades que todos coñecemos co deceso, o que motiva a súa petición de Pleno “é una infamia porque é rotundamente falso que esa morte teña que ver cunha supostas falla de ambulancias ou una suposta falla de atención médica” indicou Alberto Pazos.
Engadiu o viceportavoz popular que “o Goberno galego nunca eludiu dala cara, e voltará a facelo cando as circunstancias xudiciais permitan ampliar datos”