O presidente do PPdeG fixo un chamamento hoxe, nun mitin en Vilagarcía de Arousa,á participación masiva nestas eleccións asegurando que o único voto útil é o voto a Alberto Núñez Feijóo e á súa garantía dun Goberno por e para todos, estable, con sentidiño e á galega.
Ana Pastor: “É o momento de votar con unidade para ter unha maioría suficiente coa que derrogar o sanchismo e afrontar os cambios que España necesita”
Juan Andrés Bayón: “Foi un goberno do PP quen deixou aprobada e con orzamento a reforma do paseo marítimo, quen se preocupou da rexeneración da praia de Vilaxoán e quen apostou pola conexión ferroviaria con Madrid, que debía estar feita hai moitos anos e con Pedro Sánchez só se retrasou”
O único voto útil, engadiu, é o que se mete nas urnas coa convicción de que non haberá máis mentiras, nin liortas, nin concesións aos que queren romper España
Animou así a todos os electores a non dar nada por feito, insistindo en que este 23 de xullo só hai unha alternativa e só hai unha forma de conseguir o cambio necesario, ansiado e ilusionante que o país precisa e os galegos merecen; que non é outra que votando ao PP
Alfonso Rueda subliñou que é o momento de confiar de novo en Alberto Núñez Feijóo porque os galegos saben que o vai facer ben, porque ten talento, experiencia e sentido de Estado, porque vai levar a política galega a Madrid e porque ten detrás a todo o equipo do PP
Sobre o futuro cobro polo uso das autovías a partir de 2024, Rueda considera que se trata dunha cuestión moi grave na medida en que afecta aos cartos dos cidadáns e polo tanto ao seu nivel de vida, ademais dunha mentira descarada a todos españois e un exemplo máis do que é o sanchismo: egoísmo e falta de respecto, de xestión e de rigor
Apuntou que este feito é un motivo máis para derrogar o sanchismo este 23 de xullo, ao igual que as mentiras de que non se pactaría con Podemos nin con Bildu ou a saída de agresores sexuais ás rúas como consecuencia da “maior chapuza lexislativa da democracia”
Este 23 de xullo constitúese así como a oportunidade de comezar novos camiños e abrir un tempo novo para construír unha España máis ampla, máis grande e máis vital da man de Alberto Núñez Feijóo
ANA PASTOR: “NINGUÉN QUE QUEIRA CAMBIO PODE QUEDAR SEN VOTAR”
A cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra amosouse convencida de que Alberto Núñez Feijóo levará ao Goberno de España o que fixo en Galicia con catro maiorías absolutas
Puxo como exemplo da súa xestión o incremento dos fondos á dependencia, a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos ou o incremento das prazas de Formación Profesional, o cal “fixo posible que Galicia estea creando emprego e crecendo economicamente”
“Ninguén que queira o cambio pode quedar sen votar o 23 de xullo e facelo por Alberto Núñez Feijóo”, remarcou Ana Pastor insistindo na “unidade necesaria para ter unha maioría suficiente coa que derrogar o sanchismo e afrontar os cambios que España necesita”
JUAN ANDRÉS BAYÓN: “VILAGARCÍA XÓGASE MOITO O 23 DE XULLO”
O tamén candidato á Cámara Baixa insistiu en que Vilagarcía xógase moito nestas eleccións: “Ten que decidir se quere continuar cun Goberno de España que non aposta por esta vila ou por un presidente como Feijóo, que coñece Vilagarcía á perfección”
Neste sentido asegurou que tanto os vilagarciáns como os galegos saben mellor que ninguén do que é capaz Alberto Núñez Feijóo: “Un presidente que colleu unha Galicia á deriva e colocouna na cúspide. Un presidente orgulloso da súa terra, serio, sensato e honesto”
En clave local, Bayón subliñou que os únicos feitos dos que presume o PSOE de Vilagarcía son os que realizou o PP, polo que isto da conta “do pouco ou nada que fixo Pedro Sánchez”
“Foi o Goberno do PP quen deixou aprobada e con orzamento a reforma do paseo marítimo, quen se preocupou da rexeneración da praia de Vilaxoán e quen apostou pola conexión ferroviaria con Madrid, que debía estar feita hai moitos anos e con Pedro Sánchez só se retrasou”, explicou