O presidente do PPdeG asegurou hoxe,nun mitin en Poio, que o tempo do populismo en España está esgotado e que é o momento da solvencia e da seriedade do proxecto que encarna Alberto Núñez Feijóo e que durante anos demostrou en Galicia.
Ana Pastor recorda que PSOE sempre votou en contra dos proxectos e emendas que o PP reclamou para os veciños de Poio, como a saída da AP-9 en Portosanto ou a senda entre a Seca e Combarro
Ángel Moldes: “Conseguimos a maioría absoluta en Poio, recuperamos a Deputación de Pontevedra, temos un gran presidente da Xunta de Galicia e é o momento de que tamén en España haxa un goberno do PP”
⦁ Neste sentido explicou que na súa formación teñen claro que o mellor xeito de facer unha política útil e escoitando á xente, facendo propostas e ofrecendo solucións concretas a problemas concretas
⦁ Os galegos, engadiu, non precisan que ninguén lles dea leccións de como facer xestión nin merecen que se lles siga mentindo con falsas promesas; senón que necesitan a alguén que, como Feijóo ten demostrado, pase das palabras aos feitos e poña o foco sobre a cidadanía con compromiso e responsabilidade
⦁ Rueda subliñou que esta “política galega” é máis necesaria que nunca para acabar co “ninguneo” do sanchismo a Galicia, materializado en feitos concretos como o continuo aprazamento da chegada dos trens Avril, a mala xestión dos fondos europeos ou a paralización da transferencia da AP-9
⦁ Centrándose especificamente na situación do litoral galego, o presidente do PPdeG afirmou que as políticas impulsadas desde o Goberno central puxeron en risco máis de 4.000 edificacións ubicadas na costa e que son claves para a economía e para as familias
⦁ No caso concreto de Poio, serían preto de 80 os damnificados entre empresas, instalacións deportivas ou mesmo ata colexios: “Falamos de servizos, de empregos e de edificacións que xa están aí”
⦁ De aí que o Goberno galego decidise actuar con valentía e rigor impulsando a Lei do litoral de Galicia, para garantir así a continuidade de todas estas fontes de riqueza e o equilibrio entre a conservación e actividade
⦁ “Somos os primeiros interesados en preservar os tesouros que a natureza regalou a Galicia, pero iso non debe ser incompatible coa competitividade”, subliñou neste sentido
⦁ Por todo isto, Alfonso Rueda considera que é preciso poñerlle fin a estes ataques por parte dun Goberno de España que non pode, nin debe, ir contra o Goberno de Galicia e contra os galegos
⦁ Un ninguneo do que considera cómplices a un socialismo submiso coa Moncloa e un nacionalismo que “ostenta o récord de non conseguir absolutamente nada a cambio de apoiar a Pedro Sánchez”
⦁ O presidente do PPdeG avoga por volver a unha España unida, responsable e rigorosa que teña en conta a Galicia da man dunha maioría ampla e rotunda do Partido Popular nas urnas
⦁ Amosouse convencido de que, ao igual que o 28 de maio foi o momento do cambio en Poio e na Deputación de Pontevedra, o 23 de xullo será o momento do cambio en España porque, explicou, é o momento do diálogo e a cooperación e de recuperar o tempo perdido
ANA PASTOR: “FEIJÓO EXEMPLIFICA O MELLOR ESTILO DE FACER POLÍTICA”
⦁ A cabeza de lista ao Congreso pola provincia reivindicou que Alberto Núñez Feijóo xa demostrou en Galicia o que é “gobernar con eficacia, transparencia, honestidade e proximidade á cidadanía” e que volverá demostralo cando sexa presidente de todos os españois
⦁ “Feijóo exemplifica o mellor estilo de facer política: desde a responsabilidade, a profesionalidade, a entrega, o coñecemento e o diálogo, con ideas reformistas e construtivas e, sobre todo, con palabra”, engadiu
⦁ Pastor afeou aos socialistas que “fan moitas promesas pero pérdense cando teñen que xestionar”, recordando que o PSOE sempre votou en contra dos proxectos e emendas que o PP reclamou para os veciños de Poio
⦁ “Pedimos a construción dun carril de desaceleración e unha saída da AP-9 no lugar de Portosanto para desconxestionar a saída Pontevedra Norte e mellorar a conectividade e seguridade na zona, pero o PSOE rexeitou a emenda”, explicou
⦁ Do mesmo xeito, o PSOE tamén rexeitou a proposta de destinar unha partida para a construción da senda peonil entre a área recreativa da Seca e o núcleo histórico de Combarro para dar continuidade á senda litoral xa existente entre o Porto de Campelo e a área recreativa da Seca executada entre 2016 e 2017
⦁ “Ninguén que queira cambio pode quedar sen votar o 23 de xullo por Alberto Núñez Feijóo. Quédannos poucos días para derrogar o sanchismo e afrontar os cambios que España necesita”, concluíu
ÁNGEL MOLDES: “A FEIJÓO NINGUÉN LLE TEN QUE EXPLICAR NIN ONDE ESTÁ POIO NIN O QUE NECESITA PORQUE XA O COÑECE”
⦁ O alcalde e presidente do PP local remarcou que o 23 de xullo é unha “oportunidade histórica” para facer presidente do Goberno de España a alguén como Alberto Núñez Feijóo “que coñece o noso concello e ao que ninguén lle ten que explicar nin onde está nin o que necesita”
⦁ “Conseguimos a maioría absoluta en Poio, recuperamos a Deputación de Pontevedra, temos un gran presidente da Xunta de Galicia e é o momento de que tamén en España haxa un goberno do PP”, afirmou
⦁ Facendo referencia aos “problemas herdados do Tripartito”, Moldes amosouse convencido de que con Feijóo na Moncloa “ábrese unha oportunidade para avanzar en proxectos e investimentos fundamentais para o futuro de Poio e, así, recuperar todos estes anos perdidos”