O Parlamento insta á Xunta á salvagardar o total respecto ao contorno, cumprimento da legalidade e garantías urbanísticas no proxecto da mina de Touro-O Pino

Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a avaliar as consecuencias e circunstancias do proxecto de explotación mineira San Rafael, situado nos concellos de Touro e O Pino, desde o total garantismo legal e o rigor na execución do procedemento, de forma que se salvagarde o total respecto ao contorno, o estrito cumprimento da legalidade vixente e se dote de todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas

Continue reading

Pedro Puy afirma que “Galicia está saíndo da crise fortalecida e cunha capacidade de resolver as desigualdades superior a outras comunidades autónomas”

Santiago, 26 de marzo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “Galicia está saíndo da crise fortalecida e cunha capacidade de resolver as cuestións de desigualdade superior a outras comunidades autónomas”. Esta situación “nos leva a seguir traballando e a perseverar no traballo para conseguir que finalmente superemos esta etapa con maior nivel de igualdade, renda e traballo do que a crise nos deixou”.

Continue reading

O GPP defende actuar “con prudencia e rigor” na loita contra os lobbies e esperar á regulación que se está a tramitar no Congreso dos Deputados

Santiago, 23 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Maribel Novo subliñou hoxe no Parlamento que “a mellora da calidade democrática é un dos obxectivos da política de goberno do Partido Popular”. Así, avogou por actuar “con prudencia e rigor” e esperar á regulación sobre os lobbies que se está a tramitar no Congreso dos Deputados antes de lexislar en Galicia.

Continue reading

Paula Prado critica a “dobre covardía” de En Marea e demanda a Luis Villares que se pronuncie sobre se respalda a actuación de Paula Quinteiro ou pide a súa dimisión

Santiago, 22 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe a “dobre covardía” de En Marea en relación coa situación que vive a deputada Paula Quinteiro: “dunha parte, negándose a dimitir, a pesar do clamor dos seus compañeiros que lle piden que deixe o Parlamento; e doutra parte, a do portavoz do grupo parlamentario, Luis Villares, que non se pronuncia sobre se respalda a actuación da deputada ou lle pide a súa dimisión”.

Continue reading

O GPP avoga porque a tramitación do novo Plan Forestal se faga no seo da Comisión de Estudo creada ao efecto no Parlamento

Santiago, 21 de marzo de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, defendeu hoxe que a tramitación parlamentaria do novo Plan Forestal se faga no seo da Comisión de Estudio creada ao efecto e de acordo co seu plan de traballo. “Nese marco é onde, coas aportacións de todos os grupos parlamentarios e dos comparecentes, poderemos configurar un acordo de pais para acadar un modelo de monte multifuncional, vivo, sustentable e que proporcione rendibilidade económica aos seus propietarios, e tamén rendibilidade o conxunto da cidadanía galega”, apuntou.

Continue reading

O GPP pide deixar traballar á Comisión de expertos para que elabore o estudo sobre a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público

Santiago, 21 de marzo de 2018.- A deputada do  Grupo Popular María Antón Vilasánchez avogou hoxe no Parlamento por “deixar traballar á Comisión de expertos para elaborar un estudo xurídico co obxectivo de incorporar ao patrimonio público a propiedade do Pazo de Meirás, respectando os seus tempos, facilitando a súa labor e apoiando as súas conclusións por parte de todos os membros da Cámara galega”.

Continue reading