O GPP salienta a coordinación do Goberno galego nos traballos de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais

Santiago, 23 de xaneiro de 2018.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, José Silvestre Balseiros, salientou hoxe que “a actuación do Goberno galego tras os incendios forestais do mes de outubro caracterizouse pola coordinación, loubada incluso a nivel nacional e europeo”. Así mesmo, cifrou en máis de 13 millóns de euros o investimento realizado pola Xunta de Galicia e o Goberno central para a rexeneración das zonas afectadas polos lumes, especialmente naqueles espazos naturais protexidos.

Continue reading

Feijóo: “Despois de 30 anos gobernando esta terra, o PPdeG ten moito máis futuro que pasado”

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou este sábado na primeira Xunta Directiva autonómica deste 2018, na que sinalou que “despois de 30 anos gobernando esta terra, O PPdeG ten moito máis futuro que pasado”. Neste mesmo sentido, convidou aos seus compañeiros a mostrárense “ilusionados por todo o que queda por facer” en materia de economía e mellora dos servizos públicos, así como por “dar resposta ás inquedanzas dos galegos”.

Continue reading

Tellado afirma que o PPdeG prepárase neste 2018 “para gañar aos rivais, ás modas e ás enquisas”

Santiago, 19 de xaneiro de 2018.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o seu partido prepárase neste 2018 “para gañar aos rivais, ás modas e ás enquisas”, subliñando que no horizonte dos populares están as eleccións municipais de 2019, “e toda a nosa organización está hoxe centrada única e exclusivamente neste grande desafío que temos por diante”.

Continue reading

O PPdeG defende que se establezan prazos de xustificación e solicitude que garantan o acceso ás axudas polos ataques de lobo e xabaril ao maior número de beneficiarios

Santiago, 19 de xaneiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado defendeu esta mañá no Parlamento que a Xunta estableza, nas vindeiras convocatorias de axudas para a implantación de medidas preventivas fronte aos ataques de lobos e xabarís, prazos de xustificación e de solicitude que garantan o acceso ás mesmas ao maior número de beneficiarios posible. Así mesmo, demandou que o Goberno galego estableza medidas orientadas a xestionar a problemática da fauna silvestre en colaboración cos axentes do sector afectados.

Continue reading

O Parlamento galego insta á Xunta a establecer un procedemento de avaliación do interese agrario para efectuar a reestruturación de terras

Santiago, 19 de xaneiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a establecer un procedemento de avaliación do interese agrario para efectuar as reestruturacións de terras, ao tempo que neste proceso se teñan en conta as aportacións das persoas interesadas.

Continue reading

Millán Mon celebra la proclamación del 2018 como Año Europeo del Patrimonio Cultural

Estrasburgo, 18 de enero de 2018.- El eurodiputado popular gallego Francisco Millán Mon intervino en el debate que tuvo lugar ayer en el Pleno del Parlamento Europeo sobre la proclamación del 2018 como Año del Patrimonio Cultural Europeo. Millán Mon manifestó, en primer lugar, su satisfacción por esta proclamación y por el hecho de que en esta iniciativa de las instituciones de la Unión Europea colaboren también, entre otros, el Consejo de Europa, la UNESCO y Europa Nostra.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a avaliar o estudo técnico que se está elaborando sobre a conservación dos frescos das igrexas dos Vilares e Labrada en Guitiriz

Santiago, 18 de xaneiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, e coa única abstención do Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a avaliar o estudo técnico que se está elaborando sobre a conservación dos frescos das igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada en Guitiriz, e abrir un espazo de diálogo co Arcebispado, o Concello e a Deputación de Lugo para acometer as actuacións de consolidación e restauración que sexan precisas.

Continue reading

O Parlamento galego demanda medidas para frear os efectos negativos da revenda de entradas por internet

Santiago, 18 de xaneiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a adoptar, dentro do seu ámbito competencial e en colaboración coa Administración xeral do Estado, así como cos sectores interesados, medidas que contribúan a frear os efectos negativos da revenda de entradas de espectáculos en internet e que lles proporcionen aos consumidores maiores garantías.

Continue reading