O Parlamento reitera ao Goberno central que modifique a lexislación para eliminar a bonificación do IBI da que goza Audasa respecto da AP-9

Santiago, 18 de xaneiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha emenda presentada polo Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se reitera ao Goberno central que faga as modificacións lexislativas necesarias para eliminar os privilexios fiscais dos que goza a empresa AUDASA respecto da autoestrada AP-9, suprimindo a bonificación do 95 por cento do IBI e apoiando aos concellos polos que transcorre esta vía nas accións que podan levar a cabo para reclamar á empresa concesionaria o pago íntegro deste imposto.

Continue reading

O GPP salienta o descenso nun 10% da taxa de desemprego dos menores de 25 anos nos últimos dous anos

Santiago, 17 de xaneiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez salientou hoxe no Parlamento que a taxa de desemprego dos menores de 25 anos reduciuse nun 10 por cento nos últimos dous anos. “Estes datos positivos anímannos a seguir traballando neste eido e o propio Presidente da Xunta xa ten anunciado un novo Plan de Emprego Xuvenil 2018-2020, cun investimento superior aos 50 millóns de euros”, apuntou.

Continue reading

O GPP defenderá no pleno a construción dun novo centro de saúde para o barrio da Falperra en A Coruña no Mercado de Santa Lucía

Santiago, 16 de xaneiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a dotación dun novo centro de saúde para o barrio da Falperra en A Coruña, nun espazo adecuado cedido polo Concello no actual edificio do Mercado de Santa Lucía. Así mesmo, demandará que a Xunta siga desenvolvendo accións para por en común con outras rexións e flotas pesqueiras as experiencias e coñecementos obtidos en torno á problemática dos descartes da pesca.

Continue reading

O GPP solicita o apoio do Parlamento galego para o mantemento da prisión permanente revisable

Santiago, 15 de xaneiro de 2018.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita o apoio do Parlamento galego á figura da prisión permanente revisable incorporada ao ordenamento xurídico español pola Lei Orgánica 1/2015 que se modifica o Código Penal. O portavoz popular, Pedro Puy, manifestou que “as persoas que cometan determinados crimes de especial importancia non deben volver á sociedade ata que estean rehabilitadas”.

Continue reading