O Parlamento solicita ao Goberno central un reparto máis xusto e consecuente das axudas para o fomento da industria cinematográfica e audiovisual

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que garanta un reparto máis xusto e máis consecuente das axudas para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción da industria cinematográfica e audiovisual, co obxectivo do fomento das linguas cooficiais distintas do castelán. A portavoz popular de Cultura, Carmen Pomar, explicou que estas axudas estatais “constitúen unha importante liña de apoio ao sector audiovisual, xa que poden utilizarse para todo tipo de accións, desde a creación de proxectos audiovisuais en galego, ata a dobraxe, a promoción ou a difusión, entre outros”. DO 70% PARA CATALUÑA AO 5% PARA GALICIA Pomar lembrou que “o Goberno de Pedro Sánchez recuperou estas axudas en 2022 como unha das contrapartidas para votar a favor da súa investidura como Presidente do Goberno e, desde ese ano, beneficiaron descaradamente a Cataluña”. En concreto, indicou que en 2022 Cataluña levouse o 71,60 por cento do fondo, en 2023, o 67,93 por cento; e en 2024, volveuse achegar ao 70 por cento. En contraposición, Galicia pasou de recibir o 11,5 por cento do fondo en 2022, ao 8,3 por cento en 2023 e, finalmente, ver reducida a súa participación a un 5,11 por cento este ano. “Isto non é admisible para Galicia, non xa polo Goberno galego senón polo noso sector audiovisual”, sinalou a portavoz popular, que manifestou que “é fundamental opoñerse frontalmente aos criterios de reparto que manexa o Ministerio ou, no caso de que os manteñan, é importante que se poñan uns contrapesos que non beneficien sempre so aos máis fortes”. Carmen Pomar salientou que “o apoio do Goberno galego ao sector audiovisual queda demostrado coa aposta decidida pola produción feita na Comunidade galega e en galego”, ante o que apuntou que “hoxe máis do 60 por cento da produción que se realiza en Galicia faise en galego”.  

Este é o encabezado

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

Inscrición de elector / Inscripción de elector

O martes 1 de xuño, a Xunta Directiva de Galicia aprobou a convocatoria do XVII Congreso Ordinario do PPdeG

Recordamos que para:

  • ser elector ou candidato nas eleccións a compromisarios
  • e votar aos candidatos a Presidente Autonómico,

é necesario INCRIBIRSE e estar ao corrente do pago das cotas.

Podes facernos chegar a túa inscrición a través destas 3 opcións:

1) Formulario web (opción preferente):

{ BreezingForms : xviicongreso_inscricion_elector }

A efectos do cumprimento da normativa de protección de datos infórmaselle de que os datos que nos facilite terán a finalidade de xestión da súa ficha de afiliado con actualizacion dos seus datos na mesma, que serán conservados durante a duración da relación establecida coa entidade ou ata que exerza os seus dereitos de cancelación ou suspensión.

O partido garante o exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación ou suspensión, limitación do seus tratamento, a opñerse ao tratamento e Dereito á Portabilidade polo envío dun correo electrónico a atencion2@pp.es Mais información en http://www.ppdegalicia.com/gl/politica-de-privacidade

 

2) Tamén podes cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico á correspondente sede provincial

Descarga aquí o formulario

3) Ou entregalo en persoa na sede provincial respectiva.

Para aclarar calquera dúbida, pode enviarnos un correo as anteriores direccións ou chamar a sede autonómica ou provincial respectiva.

DOCUMENTOS:

  • Formulario de inscrición como elector/a
  • Regulamento do XVII Congreso ordinario do PPdeG
  • Folla de apoio a precandidato/a
  • Cronograma do XVII ordinario do Congreso do PPdeG
  • Acordos adoptados na Xunta Directiva do PPdeG

Pedro Puy demanda ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento de Alcoa, a rebaixa do IVE no turismo e o reparto xusto dos 16.000 millóns

Santiago, 8 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a súa satisfacción polo inicio da fase 3 da desescalada na crise sanitaria do coronavirus en Galicia e sinalou que “agora o que nos preocupa son os efectos desta pandemia”. Deste xeito, demandou ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento da planta de Alcoa en San Cibrao, coa aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas; a rebaixa do IVE no sector turístico; ou un reparto xusto do fondo de 16.000 millóns que destinará ás comunidades autónomas.

Continue reading

Tellado di que a mellora do emprego en Galicia pode verse comprometida polas incertezas do Goberno central

2, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que é o momento de que Galicia inicie a recuperación do mercado laboral, tras poñer en valor que Galicia fose quen de conter a caída do desemprego no mes de maio. Neste senso, avogou por comezar a recuperar o tempo perdido e volver á tendencia positiva que se rexistraba antes dos efectos da Covid-19 na creación de emprego.

Continue reading