O Parlamento aproba por unanimidade a nova proposición de lei que demanda a transferencia da AP-9 a Galicia

Santiago, 7 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, a través da que se solicita a transferencia da titularidade e as competencias da AP-9 á Comunidade galega. O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, afirmou que con esta nova proposición “o Goberno central terá menos argumentos para dicir que non á transferencia desta autoestrada”.

Continue reading

O GPP solicita unha desculpa pública á deputada de En Marea que publicou un chío en Twitter “altamente ofensivo para todos os militantes do PP”

Santiago, 6 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, solicitou hoxe, no nome de todos os deputados e deputadas deste grupo parlamentario, unha desculpa pública á deputada de En Marea que no día de onte publicou un chío en twitter “altamente ofensivo para todos os militantes do Partido Popular”. “Confiamos que se produza esta desculpa, co fin de evitar ulteriores actuacións por parte do noso grupo parlamentario e coa que avanzaríamos bastante nas boas relacións entre os grupos no Parlamento galego”, sinalou.

Continue reading

O Grupo Popular visita a Denominación de Orixe do Ribeiro, nomeada mellor D.O. vitivinícola de España

Santiago, 4 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez,  xunto co tamén deputado popular Cesar Fernandez Gil, visitaron onte o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e felicitaron a esta entidade polo seu recente nomeamento como mellor D.O. vitivinícola de España no concurso convocado pola prestixiosa páxina web verema.com.

Continue reading

Alberto Pazos:”seguiremos velando polos dereitos dos consumidores,avaliando polo miúdo o comportamento das eléctricas” durante os temporais

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe que tanto o Goberno galego como o PP “seguiremos velando polos dereitos dos consumidores, avaliando polo miúdo o comportamento das empresas eléctricas” durante os temporais que azoutaron Galicia hai uns días. Ademais, criticou que a oposición desexe que “a Xunta asuma en solitario os danos producidos polos temporais”, sen ter en conta que “a administración competente para asistir técnica e economicamente aos concellos son as deputacións e que existen numerosos danos que deben cubrir as empresas eléctricas ou os propios seguros”.

Continue reading

O PPdeG cualifica de “regularización inédita no sistema tributario español a resposta á problemática dos pensionistas retornados

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular José González Vázquez asegurou hoxe que a resposta dada polo Goberno central á problemática das pensións de emigrantes retornados en España “foi unha regularización inédita no sistema tributario español”, que conlevou a condonación de sancións, recargos e intereses de demora. Así mesmo, acusou á oposición de pretender dar un trato diferente a pensionistas españois respecto dos emigrantes retornados, xa que os primeiros tributan no imposto da renda das persoas físicas sen ningún tipo de réxime específico.

Continue reading