Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do partido”
Di ser un reto relevar a Alfonso
Rueda e fíxase como obxectivo gañar e gobernar tralas vindeiras eleccións
xerais e autonómicas
Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do
partido”
Ourense, 7 de maio de 2016.- O voceiro do PPdeG e futuro
secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo estar abrumado pola confianza
depositada nel por parte do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e dixo
marcarse como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas. “O reto é
gañar e gobernar”, di.
Destaca a dificultade de relevar
a Alfonso Rueda, que deixa o listón moi alto, e apunta que será “un servidor
máis do partido”. Ademais, aposta por traballar coordinadamente coas estruturas
provinciais e traballaremos “como un equipo”.
“Agardo non defraudar e estar á
altura das responsabilidades asinadas”, dixo Tellado, quen apuntou que foi na
noite de onte cando Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a súa designación-.
O PPdeG apostará por novas rebaixas fiscais de cara ao futuro
Solvencia, estabilidade e blindaxe dos servizos públicos, eixos de actuación do PPdeG
Os populares presentan “A Galicia
de hoxe: o camiño percorrido”, un balance do traballo realizado dende que
entraron no Goberno galego en 2009
Solvencia, estabilidade e blindaxe dos servizos públicos, eixos de
actuación do PPdeG dende a Xunta de Galicia
· Os últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano
reduciuse en máis de 20.000 persoas, cun PIB que medra ao 3,2% e a un ritmo
case inédito
· Dende o 2016,
estaremos entre as CCAA coa tributación máis baixa no IRPF e no Imposto sobre
Sucesións
Ourense, 7 de maio de
2016.- O PPdeG foi quen de garantir coa súa xestión a solvencia e a estabilidade
para Galicia blindando os servizos públicos esenciais e consolidando o
crecemento. Así se pode comprobar no manifesto “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”,
que os populares presentaron hoxe para facer balance sobre a situación actual e
sobre todo o traballo realizado dende que o partido chegou á Xunta en 2009.
A blindaxe e o avance do gasto
social teñen sido a folla de ruta do Goberno do PPdeG co obxectivo de por en
marcha os mecanismos necesarios para saír da peor crise económica dos últimos
anos e sen que iso levase parello ningún recorte nos servizos públicos
esenciais: a sanidade, a educación e o benestar.
Cómpre salientar que a sanidade
na nosa comunidade é pública, sostible e garantida a pesar das dificultades
económicas. Así mesmo, contamos cun sistema sanitario con mellores resultados
para a nosa cidadanía e cumpriuse co obxectivo
de melloralo con mediadas como o desenvolvendo en toda Galicia da Xestión
Integrada, dispoñendo dunha historia clínica electrónica e unha receita
electrónica que son unha referencia ou incrementándose a actividade cirúrxica
do Sergas.
Ademais,
modernizáronse as instalacións: equipáronse e puxéronse en funcionamento os
novos hospitais de Lugo e Vigo, continuouse co Plan Director do Complexo
Hospitalario de A Coruña, iniciouse a ampliación do Hospital do Salnés e do
Hospital de Ourense, actuouse en 36 centros de saúde, con outros nove en
construción, e máis en proxecto. Deste xeito, en 2016 serán sete de cada dez
galegos os que contarán na súa área de influencia cun centro sanitario novo ou
renovado.
Xa no referente a educación, as
políticas levadas a cabo polo PPdeG ao longo destes sete anos neste eido
supuxeron unha auténtica transformación do ensino en Galicia. E é que o Goberno
de Feijóo ten apostado claramente e a todos os niveis pola educación de
calidade, como un servizo público fundamental na Comunidade Autónoma. Máis
tecnoloxía nas aulas, máis centros plurilingües, taxas universitarias máis
baratas de España e novos equipamentos educativos son exemplos do interese do
PPdeG por protexer e mellorar o sistema educativo.
Á VANGARDA EN BENESTAR SOCIAL
Por outra banda,
en canto ao benestar social, hoxe podemos dicir que Galicia é unhas as mellores
rexións para vivir, con máis e mellores servizos públicos, onde a loita contra
a pobreza e a desigualdade social é un dos obxectivos prioritarios. Nese senso,
cómpre destacar que agora as políticas sociais contan cun 12% máis de orzamento
que no ano 2015.
A este
incremento orzamentario cómpre sumar as medidas incluídas no Plan Social Contra
a Desigualdade Económica orientadas a outros colectivos vulnerables. Ademais,
impulsáronse novas iniciativas de fomento da natalidade ata converter Galicia
na comunidade con máis axudas neste senso e avanzouse no eido da conciliación
da vida laboral e familiar para facilitar a aqueles que teñan decidido ser pais
ou nais.
Así mesmo, tamén
se incrementaron as prazas de maiores e persoas con discapacidade, aprobouse a
Lei de Accesibilidade e somos a primeira Comunidade que conta cunha carteira
específica para este colectivo.
A mellora que se produciu na nosa
economía permitiu que o Goberno galego se centrara na consolidación do crecemento.
Precisamente os datos do ano 2015 amosan esa tendencia, un ano no que Galicia
creceu a un ritmo do 3,2% do PIB, o mellor dato dende o ano 2007.
Así mesmo, a nosa comunidade
cumpriu o obxectivo de déficit, sendo ademais a que máis o ten reducido en 2015.
E é que dende 2013, Galicia á a segunda autonomía con menos déficit acumulado
e, grazas á xestión da Xunta, evitou ter 3.000 millóns de euros máis de débeda.
Precisamente pola mellora de
ingresos, púidose levar a cabo a maior rebaixa fiscal da historia de Galicia e,
dende o 2016, estaremos entre as comunidades coa tributación máis baixa no IRPF
e no Imposto sobre Sucesións. Unha estratexia que ademais se completou cunha
política de imposto cero no rural.
Así
mesmo, os últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano
reduciuse en máis de 20.000 persoas. E é que en Galicia o paro rexistrado é
menor que en 2015, pero tamén menor que todos os anos anteriores, incluído
2010.
POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO
Neste cambio no mercado laboral ten
moito que ver ter sido capaces de acometer as reformas necesarias para axudar
ás empresas cando estaban en dificultades e, ao mesmo tempo, seguir apostado
pola modernización dos sectores produtivos para mellorar a súa competitividade.
Así, foi fundamental seguir desenvolvendo políticas activas de emprego co
obxectivo de ofrecer ás persoas sen traballo máis e mellores ferramentas para
mellorar a súa empregabilidade.
Precisamente neste contexto, a
Xunta vén de aprobar a Axenda 20 para o emprego que, con 900 millóns de euros, pretende impulsar o emprego
estable e de calidade para o novo modelo produtivo de Galicia, baseado no
crecemento e no coñecemento.
Por
outra banda, o Goberno do PPdeG tivo moi presente que para minimizar os efectos da crise
e para preparar a nosa comunidade para sacar vantaxes da situación era
necesario levar a cabo proxectos centrados no apoio aos sectores estratéxicos
da nosa economía.
Nestes anos, non só se tomaron
medidas de impulso económico senón que se apostou polo impulso territorial a
través de accións centradas en garantir un crecemento sostible a medio e longo
prazo. Así, a Xunta empeñouse en facer de Galicia un territorio mellor
vertebrado e protexido.
Neste
sentido, Galicia pasou de 313 a 520 quilómetros de autoestradas, autovías e vías rápidas en servizo ao final
desta Lexislatura, con eixos que vertebran a Comunidade, melloran a calidade de
vida e incrementan a seguridade.
Tamén se deu o impulso definitivo
ao transporte metropolitano con plans en marcha na Coruña, Ferrol, Santiago,
Lugo e Vigo e o de Ourense moi avanzado, o que se traduce en 42 millóns de
viaxes subvencionadas, beneficiando a 65 concellos. É dicir, un millón e medio
de galegos e galegas xa se benefician de descontos.
Debemos sumar a
estas medidas as encamiñadas a impulsar a vertebración tecnolóxica de Galicia
como a aprobación do Plan de Banda Larga 2020 que permitirá cobertura de ao menos
30 megas para toda a poboación e de máis de 100 megas para núcleos de máis de
500 habitantes, incrementando así a calidade da conexión a Internet.
Xa para facer da comunidade un
territorio máis protexido, salienta a aprobación dunha nova lei do Solo, realizouse o maior investimento da historia da
Comunidade destinando máis de 1.000 millóns de euros a actuacións de saneamento,
depuración e abastecemento; e deuse luz verde ao Plan Director da Rede Natura
2000, co que Galicia se situou á cabeza no cumprimento da directiva de
hábitats.
Durante esta etapa deuse tamén cumprimento
ao Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que
recuperou o equilibrio entre o galego e o castelán ao tempo que introduciu o
inglés.
A Galicia de hoxe atópase ás
portas dunha decisión transcendental, na que os galegos terán que elixir entre
optar por aventuras que camiñan cara á inestabilidade, o retroceso e a falta de
iniciativas ou seguir camiñando pola senda das oportunidades que só veñen da
man do Partido Popular de Galicia.
Feijóo pide o esforzo do partido para lograr a terceira maioría absoluta en Galicia
Jesús Vázquez presidirá o XVI Congreso autonómico do PPdeG
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016.- O presidente do PP de Ourense e alcalde da cidade, Jesús Vázquez, será o presidente do XVI Congreso autonómico do partido. A decisión, proposta pola Comisión Organizadora do evento, foi comunicada hoxe polo seu presidente, Miguel Tellado, quen destacou a idoneidade da persoa escollida.
O tamén voceiro do partido avanzou que será un Congreso participativo no que está volcado o partido a nivel nacional. De feito, a secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, participará na clausura do mesmo na mañá do domingo. Pola súa parte, os vicesecretarios de Organización, Fernando Martínez Maíllo, e de Estudos e Programas, Andrea Levy, farano mañá xunto ao secretario xeral, Alfonso Rueda, nunha visita ás instalacións que terá lugar antes da propia inauguración do Congreso.
Máis alá da estrutura nacional do partido, tamén dende outras autonomías queren arroupar a Alberto Núñez Feijóo neste evento. Así, Juan Vicente Herrera, presidente da Junta de Castilla y León, precederá na tarde de mañá ao propio Feijóo no uso da palabra. Ademais, Juanma Moreno, presidente do PP andaluz, intervirá o domingo, antes das votacións.
Así mesmo, Tellado informou que tamén asitirá ao conclave dos populares o presidente do distrito de Oporto, Virgílio Macedo, en representación do PSD portugués.
Á asistencia de todos estes dirixentes súmase, por suposto, á do presidente do PP, Mariano Rajoy, que tamén quixo acompañar a Feijóo no marco do Congreso e así o fará hoxe no propio recinto no que se celebrará o mesmo. E é que precisamente esta tarde Rajoy participa xunto ao presidente do PPdeG nun coloquio coas NNXX do partido. Ademais, terá a oportunidade de avalar a Feijóo de forma expresa de cara ao Congreso de mañá, no que tamén terán protagonismo os presidentes provinciais e o presidente de NNXX, Diego Gago.
O portavoz dos populares galegos tamén informou de que na tarde de mañá presentaranse os manifestos coordinados por Ánxeles Vázquez e María Ramallo: “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”, un balance do traballo realizado polos populares dende que chegaron á Xunta en 2009; e “A Galicia do futuro: o camiño por percorrer”, un documento que establece as propostas e liñas de actuación do partido de cara ao 2020.
Xa o domingo, tralas votacións e uns intres antes da proclamación de resultados, Alfonso Rueda presentará o informe de xestión da candidatura saínte, na que será a súa última intervención como secretario xeral. Así mesmo, Tellado valorou a traxectoria de Rueda e dixo que deixa un listón moi alto para a persoa que ocupe a secretaría xeral despois do domingo.
Na súa comparecencia en rolda de prensa, o voceiro aproveitou para anunciar que poñerán en marcha dúas aplicacións móbiles como mecanismo para que o PPdeG se poida comunicar cos seus afiliados e simpatizantes e para que estes saiban todo o que acontece durante o conclave. Para isto tamén contan cun equipo de voluntarios para redes sociais co obxectivo de que o Congreso non só o vivan os 2.000 compromisarios que estean presentes senón que sexa un acto participativo que todos os afiliados poidan seguir en directo.
Tamén no marco do conclave dos populares galegos, Tellado avanzou que haberá unha exposición fotográfica dos últimos dez anos de historia do PPdeG, un periodo marcado polo liderado de Alberto Núñez Feijóo.
CONTRATO PARA NAVANTIA
Tellado salienta que Galicia acumula 30 meses consecutivos de baixadas do desemprego
O pleno do Parlamento debaterá o Plan estratéxico da economía de Galicia 2015-2020
O PLENO DO PARLAMENTO DEBATERÁ A VINDEIRA SEMANA A APROBACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DA ECONOMÍA DE GALICIA 2015-2020
· Este plan incorpora medidas de dinamización económica, blinda o gasto social e mantén a solvencia e sustentabilidade do gasto público
· O Grupo Popular defenderá a revisión do actual sistema de reparto das cotas pesqueiras e o impulso á construción da A-76 entre Ourense e León
Santiago, 3 de maio de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana procedera ao debate do Plan estratéxico da economía de Galicia 2015-2020, que “se aproba nun momento no que podemos ter un optimismo moderado pola situación económica de Galicia e que incorpora medidas de dinamización económica, blinda o gasto social e mantén a solvencia e sustentabilidade do gasto público”. Ademais, Puy apuntou que se trata dun “documento aberto que se vai adaptando ás novas circunstancias e obxectivos que vaian xurdindo no tempo”.
Pedro Puy explicou que o Plan estratéxico naceu dun “proceso moi participativo”, salientando que “non hai ningún antecedente semellante na historia desde que se comezaron a facer os plans de desenvolvemento rexional”.
OPTIMISMO MODERADO
Na súa intervención, o portavoz popular afirmou que este Plan estratéxico “apróbase nun momento no que podemos ter un optimismo moderado pola situación económica de Galicia” e fixo referencia aos datos de crecemento en taxas interanuais arredor do 3 por cento, ao tempo que diminúe o desemprego e a taxa de paro.
“O Plan Estratéxico presenta obxectivos importantes, como consolidar o crecemento económico en taxas anuais do 2,5 por cento; crear 100.000 empregos ata 2020; converxer coa Unión Europea; duplicar o gasto en innovación e desenvolvemento; seguir reducindo a taxa de abandono escolar; ou rebaixar a poboación en risco de pobreza en máis de 100.000 persoas”, concretou.
Así mesmo, engadiu que o Plan estratéxico incorpora medidas de dinamización demográfica; blinda o gasto social, con reforzo dos investimentos educación e sanidade; reconduce a senda de endebedamento; e mantén a solvencia e sustentabilidade do gasto público.
COMPARENCENCIA SOBRE O PLAN REHAVITA
A sesión plenaria da vindeira semana inclúe, ademais, a comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, por petición propia, para dar conta das actuacións e medidas que a Xunta ten posto en marcha no marco do Plan RehaVita, de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
O Grupo Popular defenderá no Pleno dúas proposicións non de lei. A primeira ten como obxectivo a defensa diante da autoridades comunitarias e estatais da revisión do actual sistema de reparto de cotas pesqueiras e xestión dos recursos no marco da Política Pesqueira Común. En concreto, a iniciativa busca impulsar un novo mecanismo de xestión que resolva a contradición provocada polo Principio de Estabilidade Relativa, de xeito que as cotas sobrantes se poidan ceder ou traspasar ás flotas que as precisan.
En segundo lugar, o Grupo Popular instará ao Ministerio de Fomento para que continúe impulsando a construción da autovía A-76 entre Ourense e León, mantendo o esforzo investidor e traballando para facer realidade esta infraestrutura de modo compatible coa protección do medio ambiente e coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
VIAXE DO PRESIDENTE E MELLORA DAS ESTRADAS
Para rematar, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre a valoración da recente viaxe que o Presidente da Xunta realizou a Arxentina e Uruguai, na que se reuniu cos presidentes de ambas repúblicas e asistiu á Feira do Libro de Bos Aires, ademais de realizar encontros coa colectividade galega en ambos países; así como sobre a execución do plan de reforzo de firmes nas estradas de titularidade autonómica, para o que está previsto un investimento de 23,5 millóns de euros.
A modo de resumo, o portavoz popular sinalou que a orde do día do Pleno inclúe 27 puntos, dos que o Goberno propuxo dous e o Grupo Popular outros catro, “é dicir, un quinto das iniciativas que se van debater porque a oposición ten neste Parlamento todas as oportunidades de controlar e impulsar ao Goberno da Xunta”.