O Parlamento galego demanda ás deputacións de A Coruña e Lugo que renoven o convenio coa Xunta para dar continuidade aos GES

Santiago, 29 de setembro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ás deputacións de A Coruña e Lugo que, no exercicio das súas competencias legalmente atribuídas, renoven o convenio para dar continuidade aos Grupos de Emerxencia Municipal (GES) das súas provincias, garantindo así a prestación dun servizo esencial para os veciños.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno central unha serie de cuestións de especial interese para Galicia en materia europea

Santiago, 28 de setembro de 2022.-  O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que incorpore na súa axenda de cuestións a tratar co Goberno alemán no cumio de A Coruña e no programa de traballo para a Presidencia española do Consello da Unión Europea de 2023 temas de interese para Galicia en materias como os fondos europeos, a pesca, o medio rural, a cultura, a enerxía, os transportes, a demografía e o despoboamento, a política exterior, as relacións con América e a defensa.

Continue reading

O Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara un acordo unánime do Pleno do Parlamento de apoio ao sector vacún de carne

Santiago, 28 de setembro de 2022.-  A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, criticou que o BNG rexeitara hoxe no Pleno do Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei consensuada de apoio ao sector de vacún de carne, que inclúa a solicitude á Comisión Europea de novas axudas para facer fronte á suba de prezos e o encarecemento dos custes de produción, así como flexibilizar as esixencias incluídas na condicionalidade reforzada  para o cobro das diferentes axudas directas dentro da PAC.

Continue reading

O Parlamento pide ao Goberno central que solicite con urxencia a anulación do novo regulamento europeo sobre pesca en augas profundas

Santiago, 28 de setembro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insiste ao Goberno de España que rexeite os ataques que o sector do arrastre de fondo está a sufrir por parte da Comisión Europea e solicite urxentemente a anulación do novo regulamento europeo polo que se determinan as zonas de pesca en augas fondas e se estableza unha lista de zonas nas que se coñece a existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan, que entrará en vigor a comezos do mes de outubro.

Continue reading

O Parlamento pide ao Goberno central que acelere o proceso para regular a dispensación de medicamentos por parte de enfermeiros

Santiago, 28 de setembro de 2022.-  O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do BNG nin do PSdeG, a través da que se solicita continuar desenvolvendo a carteira de servizos para o persoal de enfermería e se demanda ao Goberno de España que acelere o proceso de elaboración e publicación de normas que regulen a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte de enfermeiros para os doentes con patoloxías crónicas.

Continue reading