O Grupo Popular afirma que a escola infantil de Verducido en Pontevedra seguirá funcionando o vindeiro curso con 11 alumnos

Santiago, 26 de marzo de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, afirmou hoxe no Parlamento galego que a escola infantil de Verducido en Pontevedra “vai seguir funcionando o vindeiro curso 2021-2022 sen necesidade de habilitar ningunha unidade de educación primaria, circunstancia que xa foi posta en coñecemento da comunidade educativa”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda á Xunta favorecer os investimentos das industrias lácteas en produtos de maior valor engadido

Santiago, 25 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta a que adopte as medidas que sexan oportunas para favorecer os investimentos de industrias lácteas en produtos de maior valor engadido. O deputado popular Daniel Vega sinalou que “o inxente esforzo de apoio ao sector lácteo galego debe traducirse nun impulso á transformación en Galicia de produtos que xeren riqueza na Comunidade autónoma”.

Continue reading

O Parlamento galego solicita a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais

Santiago, 25 de marzo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta o impulso e desenvolvemento do Plan de mellora da atención no rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais, garantindo que manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento.

Continue reading

O Grupo Popular forza unha proposta no Parlamento para que o Goberno central financie o tren a Punta Langosteira con fondos europeos

Santiago, 24 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España incluír na próxima convocatoria de fondos europeos a conexión ferroviaria do porto exterior de Punta Langosteira en A Coruña, así como a condonación da débeda do Porto de A Coruña con Portos do Estado ou a concesión dunha achega económica da cantidade equivalente.

Continue reading

O Grupo Popular consegue a unanimidade do Parlamento galego para demandar a construción dun BAM en Navantia-Ferrol

Santiago, 24 de marzo de 2021.- O Grupo Popular acadou hoxe a unanimidade no Pleno do Parlamento galego á súa proposición non de lei a través da que se esixe do Goberno de España o encargo para os estaleiros de Navantia en Ferrol da construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada Española, que permita dotar de carga de traballo inmediata á ría de Ferrol, tanto para a plantilla principal como para a industria auxiliar.

Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno central a rebaixa do IVE nos servizos deportivos e de actividade física

Santiago, 24 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que promova as modificacións oportunas na lexislación estatal co obxecto de reducir o tipo impositivo do Imposto sobre o Valor Engadido do 21 ao 10 por cento en todas as prestación de servizos deportivos e de actividade física.

Continue reading

O Grupo Popular demanda ao Goberno de España que transfira canto antes a Galicia os fondos extraordinarios de apoio ás empresas

Santiago, 23 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Borja Verea demandou hoxe no Pleno do Parlamento ao Goberno de España que transfira a Galicia canto antes os fondos extraordinarios de apoio á solvencia empresarial na pandemia da Covid-19, que non penalice á Comunidade galega na distribución destes fondos e que revise o Real-Decreto para incorporar como beneficiarios a sectores afectados pola pandemia que non aparecen actualmente.

Continue reading