O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Debate sobre o Estado da Autonomía (DEA) que “o pobo galego non se sinte representado na Galicia vencida, triste, pontoniana que BNG e PSdeG describen, porque existe outra Galicia moito máis realista, que é consciente dos seus problemas, das súas fortalezas e que, desde esa consciencia, afronta o futuro con prudencia, con responsabilidade pero tamén con confianza e optimismo”.
Alberto Pazos salienta que Alfonso Rueda demostrou no DEA que “Galicia ten proxecto, folla de ruta e un liderado claro”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe que coa intervención do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Debate sobre o Estado da Autonomía (DEA) demostrouse que “Galicia ten proxecto, folla de ruta e liderado claro, cun Goberno que só se apoia nos galegos e galegas e que non precisa de máis sociedades estrañas”.
O autobús de ‘Galicia non para!’ chega a Porto do Son da man dun Alfonso Rueda que prosigue no seu obxectivo de afondar no sentir dos galegos
O autobús de ‘Galicia non para!’ continúa a súa ruta pola xeografía galega e hoxe chegou ao municipio costeiro de Porto do Son, onde Alfonso Rueda desfrutou xunto aos seus veciños dunha solleira xornada que lle permitiu proseguir no seu obxectivo de afondar no sentir dos galegos e das galegas.
Veciños e veciñas de Portomarín trasladan a Alfonso Rueda as súas impresións, suxestións e inquedanzas a través dunha amena conversa co presidente
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, continúa o seu percorrido por Galicia xunto ao autobús de ‘Galicia non para!’ co obxectivo de manter un contacto máis directo cos galegos e galegas e, nesta ocasión, coa veciñanza do concello de Portomarín.
O Parlamento de Galicia pide avanzar na dixitalización do ensino galego con técnicas de big-data e intelixencia artificial
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que, en coherencia co previsto na Estratexia Educación Dixital 2030, se pide á Xunta que avance na dixitalización do ensino galego a través do uso das técnicas de big-data e intelixencia artificial, co obxectivo de implementar novas iniciativas ou programas que axuden no deseño de estratexias e na toma de decisións sobre políticas educativas en Galicia, que faciliten e axilicen a xestión de datos e información que xera o sistema educativo, que faciliten acadar un expediente dixital para cada alumno e alumna, e que aborden a necesaria modernización das canles de comunicación e información entre a administración educativa e os diferentes axentes educativos.
O Parlamento galego reitera ao Goberno central que cubra as vacantes existentes na Unidade de Policía Adscrita ata chegar aos 500 efectivos
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reitera ao Ministerio do Interior para que, a través da Dirección General da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita (UPA) ata chegar os 500 efectivos que deben integrar esta Unidade, de xeito que poida cumprir con normalidade as funcións que ten encomendadas.
Paula Prado sobre a negativa do Goberno central á transferencia da AP-9: “Pedro Sánchez non quere que os galegos xestionemos directamente a infraestrutura máis importante de Galicia”
A secretaria xeral do PPdeG puxo hoxe en valor a medida impulsada esta semana polo Goberno galego de rebaixar o imposto de transmisión de vehículos de segunda man: “Unha medida pensada desde o sentidiño e para as familias, na liña de continuar achegando cartos aos petos dos cidadáns”.
O Grupo Popular apoia que a Xunta estude a posible incorporación de ópticos e optometristas no Sergas
O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se pide á Xunta realizar un estudo sobre a posible incorporación progresiva e sistemática da figura do óptico e optometrista no Servizo Galego de Saúde, tendo en conta as avaliacións sobre o tema realizadas polos colectivos implicados. Así mesmo, solicítase diálogo co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas para avaliar posibles modificacións no convenio para facilitar a atención aos cidadáns nos establecementos.
O Parlamento pide que nos partos por cesárea se permita en todas as áreas sanitarias o acompañamento da persoa que a nai decida
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a elaborar unha guía que homoxeneice en todas as áreas sanitarias galegas o protocolo de atención aos nacementos por cesárea para permitir o acompañamento no parto da persoa que a nai decida e para posibilitar o contacto pel con pel continuado co recén nado.
O Parlamento galego pide ao Goberno de España que axilice a reparación da estrada N-642, vía vertebral de comunicación para a Mariña lucense
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que axilice a obra de reparación da estrada N-642, vía vertebral para a comunicación dos concellos do litoral da Mariña lucense, de tal xeito que se finalicen con carácter de urxencia os traballos pendentes no treito afectado polo socavón aparecido no mes de xaneiro e se garanta a recuperación da circulación no conxunto desta estrada en condicións de normalidade, vialidade e seguridade.