O PPdeG advirte da “drástica e inxustificada” redución de servizos en Correos polos “recortes do Goberno de Sánchez”

Os deputados lucenses do PPdeG advirten da “drástica e inxustificada redución de servizos, importantes deficiencias e perda de calidade” no servizo de Correos na provincia de Lugo derivados da “deficiente xestión” e dos “recortes” do Goberno de Pedro Sánchez e do PSOE á fronte desta empresa pública.

Jaime De Olano e Francisco Conde consideran que “a situación de falta de persoal é especialmente preocupante”. Desde a última reposición de persoal en 2023 fóronse suprimindo postos, principalmente no reparto rural, e as propias unidades teñen que asumir vacacións, permisos retribuídos ou incapacidades. A esta situación engádese que, desde 2025, a xubilación ou o traslado dos titulares está derivando habitualmente na supresión dos postos sen que estes sexan repostos.

Os deputados do PP destacan que esta falta de efectivos “deriva en queixas dos cidadáns que sofren as consecuencias”. De Olano explica que “os atrasos no reparto acumúlanse e non é infrecuente que as cartas tarden 15 días ou máis en chegar aos seus destinatarios. Unha realidade que afecta a cuestións tan importantes como citas médicas, documentación agraria ou convocatorias de reunións veciñais e de comunidades”. Ademais, a situación compromete tamén outros servizos que Correos presta á poboación rural, como determinados servizos bancarios a través dos carteiros.

Os carteiros están asumindo percorridos moi elevados: os repartidores a pé realizan medias de 11 ou 12 quilómetros diarios. “Non se repuxo ningún repartidor a pé a pesar da peatonalización de núcleos urbanos como Lugo, Monforte, Viveiro ou Ribadeo, onde actualmente presta servizo urbano só un dos catro carteiros que había”.

O problema é aínda máis grave no rural, onde a dispersión da poboación e a orografía dificultan o reparto. “É frecuente que os carteiros rurais se acheguen aos 200 quilómetros de percorrido”.

En localidades como Ferreira do Valadouro continúan con importantes deficiencias de persoal porque só hai dous carteiros para atender os municipio do Valadouro e Alfoz do Castrodouro. E oficinas auxiliares de localidades como Baleira, Xove ou Celeiro sufriron reducións de horario e chegaron a non abrir “por falta de persoal”. En Folgoso do Courel, a falta de persoal obrigou incluso en reiteradas ocasións ao peche ao público da oficina dependente de Quiroga pola falta de efectivos nesta última localidade.

A situación agrávase durante os meses de verán, especialmente nos municipios costeiros, onde o incremento da poboación debido ao turismo aumenta a carga de traballo “especialmente o relacionado coa paquetería, que se está a incrementar de forma xeneralizada na actualidade”. Foz é un exemplo desta problemática, ao contar habitualmente cunha plantilla escasa e ter pendente de reposición un posto de reparto motorizado urbano que foi suprimido.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, esixe ao Goberno de España “cubrir as prazas de Correos” para garantir, en condicións de calidade, a prestación dun “servizo público que nós consideramos básico e esencial”.

“Correos non pode funcionar a costa de sobrecargar aos seus traballadores e de facer recaer sobre os cidadáns as consecuencias da falta de planificación”, denuncian os deputados lucenses do PP, que reclaman ao Goberno de Sánchez que adopte medidas urxentes para recuperar os postos suprimidos, cubrir as baixas e garantir un servizo postal de calidade en toda a provincia.

Os populares consideran especialmente grave que unha provincia como Lugo, marcada pola dispersión territorial e poboacional, non conte cos recursos necesarios para garantir un servizo regular. “O rural non pode ser o último da fila nin os lucenses poden asumir que recibir unha carta ou unha comunicación oficial se converta nunha cuestión de sorte”, conclúen.

INCAPACIDADE DE XESTIÓN DO GOBERNO DO PSOE

Os populares sinalan que Correos constitúe “outro exemplo máis da incapacidade do Goberno socialista para xestionar adecuadamente os servizos públicos”, unha situación que, segundo lembran, tamén se pon de manifesto no servizo ferroviario e nas infraestruturas viarias da provincia. “A realidade é que os españois en xeral e os lucenses en particular que sufrimos un maltrato constante por parte do Goberno de Pedro Sánchez; pagamos máis impostos, pero recibimos peores servizos públicos do Estado”, manifesta Jaime De Olano.

O PPdeG esixe ao Goberno de Sánchez o informe que rexeita adaptar a rede ferroviaria galega ao ancho europeo e abrir unha mesa técnica coa Xunta

O PPdeG esixe ao Goberno central “acceso completo e inmediato ao informe de viabilidade de cambio de ancho de vía” remitido á Comisión Europea polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, no que descarta adaptar as vías ferroviarias convencionais ao ancho estándar europeo, así como a “apertura dunha mesa técnica específica” coa Xunta de Galicia “para analizar a migración detallada da rede galega”, ante o “malestar e preocupación” xerados por unha decisión que “suporía un severo revés” para a nosa Comunidade.

Os deputados galegos no Congreso rexistraron unha solicitude para dispoñer do devandito informe; e, en paralelo, unha pregunta ao Goberno central na que, en primeiro lugar, demandan que o documento sexa facilitado tanto á Xunta de Galicia como á Cámara Baixa, dado que o Executivo galego “leva meses pedindo información detallada sobre este tema e recibindo evasivas”, e a que “se coñece procede dos medios de comunicación”. Esta iniciativa compleméntase proposición non de lei rexistrada polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia.

Neste sentido, o deputado galego Celso Delgado sinala que Transportes “descarta adaptar as vías convencionais ao ancho de vía nominal estándar europeo”, de 1.435 mm, tal e como ditamina a normativa da Unión Europea, co argumento de que precisaría dun investimento de entre 20.000 e 30.000 millóns de euros, obrigaría a convivir uns 30 anos con obras permanentes e provocaría unha rendibilidade económica practicamente nula. Comparte coa Xunta que “é un absoluto desacerto técnico e político despachar unha decisión deste calado baixo unha premisa macroeconómica de ‘todo ou nada’”.

Pola contra, “esixe rigor, analizando en detalle liña por liña, comunidade por comunidade”, engade. No caso de Galicia, completar o ancho estándar en toda a rede de alta velocidade requiriría actuar sobre un extremo da infraestrutura, 250 quilómetros de vía para conectar Ourense co resto de cidades do Eixo Atlántico; priorizando a substitución do ancho ibérico no tramo Santiago-Ourense para a súa posterior posible extensión ao Eixe Atlántico.

PLAN DIRECTOR DO CORREDOR ATLÁNTICO

Na súa pregunta ao Goberno central, os deputados populares fanse eco do “malestar e preocupación” causados en Galicia por unha decisión que “priva aos galegos e galegas de desfrutar as vantaxes loxísticas e comerciais doutros territorios: máis operadores, máis frecuencias, servizos de baixo custo e tarifas competitivas”. Tamén inquiren por unha reunión técnica coa Xunta ao considerar “moi lamentable” que o Ministerio “continúe adoptando resolucións ferroviarias de costas a Galicia e sen diálogo”, tanto co seu Executivo como cos axentes económicos e sociais, cando o informe remitido a Europa “aborda decisións estratéxicas que condicionarán o futuro da competitividade empresarial durante as próximas décadas”.

Así mesmo, os populares galegos reclaman saber se Transportes está disposto a facilitar o Plan Director completo do Corredor Atlántico -con calendario de inversións vinculante-, “en lugar do Power Point coñecido ata o de agora”. A falta de información, sumada á “falta de interlocutor directo con Renfe e Adif sobre as constantes incidencias ferroviarias na Comunidade, demostran a ausencia de transparencia do Ministerio e a falta de compromiso con Galicia”, remarcan.

O PPdeG denuncia que o Goberno pretende facer caixa cos concellos a través do “tarifazo” da Confederación Hidrográfica

O PPdeG denuncia que o Goberno de España pretende cargar agora sobre os concellos da provincia de Lugo unha nova factura por actuacións hidráulicas de saneamento e abastecemento executadas ao abeiro de convenios nos que, segundo advirten, non estaba prevista esta obriga económica.

A deputada popular Cristina Abades e o senador José Manuel Balseiro consideran “especialmente grave” que os municipios aceptasen e executasen estas actuacións baixo unhas condicións económicas determinadas e que, anos despois, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pretenda impoñerlles un tarifazo que nunca figurou nos convenios asinados.

“O Goberno non pode acordar unhas obras cunhas condicións e, cando xa están feitas, inventar unha nova factura e obrigar aos concellos a pagala. Iso non é cooperación institucional: é facer caixa a costa dos municipios”, denuncian os populares.

Desde o PP censuran que actuacións destinadas a mellorar servizos públicos esenciais como o abastecemento e o saneamento estean sendo utilizadas polo Goberno como un mecanismo recadador. “As Confederacións Hidrográficas están para colaborar cos concellos e solucionar problemas, non para converter os municipios nunha fonte de ingresos nin para reclamarlles anos despois cantidades que nunca estiveron sobre a mesa”.

Abades e Balseiro advirten, ademais, de que estas liquidacións poden detraer recursos das arcas municipais que deberían destinarse a servizos, investimentos e necesidades dos veciños. “Cada euro que o Goberno queira sacar agora aos Concellos mediante este tarifazo é un euro que deixa de estar dispoñible para os cidadáns”.

Para analizar a situación cos municipios directamente afectados, Cristina Abades e José Manuel Balseiro mantiveron unha reunión cos alcaldes de Baralla e Folgoso do Courel, na que abordaron as liquidacións reclamadas pola Confederación Hidrográfica e as actuacións que se impulsarán para defender os intereses municipais.

Paralelamente, o PP levou este asunto ao Senado e ao Congreso dos Deputados para esixir ao Goberno que aclare cantos convenios están afectados na provincia de Lugo, que cantidades xa reclamou ou prevé reclamar, que porcentaxe dos investimentos pretende repercutir sobre cada municipio, como calcula esas exaccións e, especialmente, se os convenios asinados advertían expresamente aos Concellos de que terían que asumir posteriormente estes pagamentos.

“Queremos saber canto pretende cobrar o Goberno, a que Concellos, por que obras e con que fundamento. O que non imos aceptar é que se cambien as condicións unha vez executadas as actuacións e que se pretenda facer negocio cos concellos mediante unha factura que nunca pactaron”, conclúen Abades e Balseiro.

TARIFAZOS A BARALLA E FOLGOSO DO COUREL

A Confederación Hidrográfica pasa unha liquidación ao Concello de Baralla neste ano 2026 de preto de 4.700 euros en concepto de Tarifa pola Utilización da Auga polas obras hidráulicas do proxecto de construción dun azud desmontable no río Neira. O convenio entre ambas administracións fora asinado no ano 2020 e recollía que a Confederación financiaría o 80% das actuacións e o Concello, o 20% restante que foi liquidado fai tempo. Daquela non incluía ningunha obrigatoriedade de pagar esta taxa.

En Folgoso do Courel, a Confederación Hidrográfica pretende aplicar ao Concello a Tarifa pola Utilización da Auga ás obras de saneamento do núcleo de Sobredo financiadas ao 100% polo organismo de conca; pese a que nin cando se asinou o convenio -no ano 2018- nin cando se executaron as obras estaba prevista esa carga económica.

O propio Concello alegou contra esta imposición indicando que, de terse coñecido daquela esta obriga, o convenio non se tería asinado nin as obras se terían executado, e denuncia que agora se pretenda impoñer unha tarifa periódica durante 25 anos sobre unha actuación xa realizada. Para 2026, o Goberno xa aprobou unha contía de preto de 4.500 euros en relación a esta obra.

O PPdeG esixe ao Goberno central que deixe de bloquear a xestión do lobo e remita a Bruxelas o informe aprobado polas comunidades autónomas

O PPdeG reclama ao Goberno central que deixe de dilatar a remisión á Comisión Europea do informe sexenal sobre o estado de conservación do lobo, e que permita ás comunidades autónomas desenvolver unha xestión da especie baseada en criterios científicos e adaptada á realidade de cada territorio.

Así o expresaron hoxe a deputada no Congreso Rosa Quintana e a senadora Carmen Leyte, durante a visita que realizaron a unha explotación gandeira situada na localidade de Recarei (Bande), na que a propietaria Isaura de la Torre sufriu onte mesmo a perda de animais polo ataque do lobo. Na visita á explotación da Baixa Limia, as populares coñeceron directamente unha situación que, segundo advirten, “non pode abordarse desde os despachos ignorando o que está a suceder no territorio”. Tamén participou na visita a alcaldesa de Bande e secretaria xeral do PP da provincia de Ourense, Sandra Quintas.

O Partido Popular leva moito tempo defendendo unha posición moi clara, apuntaron as representantes nas Cortes Xerais: “Queremos conservar o lobo, pero tamén queremos conservar aos nosos gandeiros. Ambas as cousas son compatibles se as decisións se adoptan con datos científicos e non desde formulacións ideolóxicas”.

As comunidades autónomas realizaron durante os últimos anos un importante traballo técnico e científico para coñecer a evolución das poboacións de lobo e a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente aprobou o pasado 22 de xuño o informe sexenal, que considera favorable o estado de conservación da especie nas rexións bioxeográficas Atlántica e Mediterránea.

“Xa non estamos ante unha discusión sobre se existe ou non documentación técnica. O informe existe, foi debatido e foi aprobado. O que corresponde agora é que o Goberno cumpra e o remita á Comisión Europea”, afirman as populares galegas. Neste sentido, consideran “especialmente preocupante” que a demora do Goberno de Sánchez se produza mentres as explotacións gandeiras continúan sufrindo ataques e mentres as propias administracións autonómicas constatan a evolución positiva das poboacións.

Como exemplo de xestión citaron o caso de Asturias, “especialmente significativo” en tanto o goberno do Principado modificou recentemente o seu Plan de Xestión do Lobo para recuperar os controis poboacionais con certeza xurídica, constatando un incremento do 11% da poboación, con 50 mandas en 2025, das que 46 son reprodutoras. “Estamos a ver como mesmo gobernos autonómicos socialistas recoñecen que é necesario xestionar a poboación, pero o Goberno central continúa poñendo obstáculos para dar resposta os problemas reais da gandería”.

Lembraron así mesmo que o atraso do Goberno español na presentación do informe sexenal provocou que a Comisión Europea iniciase un procedemento de infracción contra España por incumprir as súas obrigacións de información.

A cuestión non debe exporse como unha elección entre lobos e gandeiros: “O obxectivo debe ser garantir un estado de conservación favorable do lobo e, ao mesmo tempo, facer viable a gandería extensiva. Precisamente para iso existe a xestión de fauna silvestre”, insisten Quintana e Leyte.

APOIO DO GOBERNO GALEGO AOS GANDEIROS

Neste sentido, o PPdeG salienta tamén o compromiso da Xunta co sector agrogandeiro, que se traduce en medidas concretas para paliar e previr os danos provocados polo lobo. En concreto, o Goberno galego leva mobilizado na última década  13,8 millóns de euros a través de diferentes ordes de axudas tanto para paliar os danos causados polos ataques desta especie como para a compra de cans protectores, a adquisición de pastores eléctricos e cerrumes móbiles electrificados, a instalación de valados fixos e a contratación de persoas coidadoras do gando.

Só no 2025, o importe das achegas concedidas neste eido superou os 850.000 euros. Un esforzo económico que evidencia, na práctica, o compromiso da Xunta por facer compatible a conservación do lobo coa viabilidade da actividade gandeira.

O PPdeG esixe ao Goberno de Sánchez explicacións ante os atrasos e deficiencias nas obras das estacións de tren de Lugo, Sarria e Monforte

Lugo, 19 de agosto de 2026.-. Os deputados lucenses do PPdeG no Congreso -Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades- veñen de rexistrar diversas iniciativas parlamentarias para esixir ao Goberno de Pedro Sánchez explicacións polos atrasos e as deficiencias que afectan ás obras das estacións ferroviarias de Lugo, Sarria e Monforte de Lemos, integradas no plan de modernización do corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, “fundamentais para a mobilidade e a competitividade da provincia”.

As iniciativas presentadas polos deputados populares poñen o foco, de maneira especial, nunha cuestión común: ningunha das tres estacións foi aínda recepcionada por Adif, malia os anuncios realizados polo Goberno e pola propia empresa pública sobre a finalización ou posta en servizo das actuacións. Por iso, solicitan ao Goberno aclaracións sobre as deficiencias que impiden a recepción das obras, polos prazos reais para a súa solución, polos mecanismos de supervisión e control das actuacións e pola posible depuración de responsabilidades ante os reiterados incumprimentos e informacións públicas contraditorias.

Francisco Conde explica que “a estación de Lugo segue pechada a pesar dos anuncios do propio Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, a de Sarria funciona de forma automática a pesar de non ser recepcionada e a de Monforte de Lemos presenta graves deficiencias en ascensores, iluminación e accesos”. Esta situación, para o popular, “pon en evidencia unha xestión deficiente do cumprimento dos prazos e da calidade na execución das obras por parte de Adif”.

“Mentres o Goberno de Sánchez anuncia investimentos e inauguracións, a realidade é que as obras non están rematadas, as estacións non están recepcionadas e os usuarios seguen padecendo as consecuencias”, afirma o popular que subliña estes casos como un novo exemplo do “abandono do Goberno ante as necesidades de conectividade de Galicia e, especialmente, da provincia de Lugo coa complicidade do PSOE e do seu socio de Goberno, o BNG”.

Os populares reclaman que o Executivo dea a cara, explique os motivos dos atrasos e concrete cando estarán realmente rematadas e plenamente operativas estas actuacións do corredor ferroviario Ourense – Monforte de Lemos – Lugo.

LUGO: UNHA INAUGURACIÓN ANUNCIADA PARA XUÑO QUE NON SE PRODUCIU

No caso da estación intermodal de Lugo, o propio ministro de Transportes e Mobilidades Sostible anunciou no Senado, o pasado 7 de abril, que viaxaría a Lugo en xuño para inaugurar a nova estación. Posteriormente, Adif sinalou que estaría rematada a finais dese mes. Porén, a día de hoxe as obras aínda non finalizaron e permanecen pendentes actuacións relevantes como a urbanización e o paso inferior.

A alcaldesa ten solicitado unha reunión institucional co presidente de Adif para abordar as actuacións que executa en Lugo entre as que se atopa a nova estación e a súa integración no entorno, a zona da praza Conde Fontao -que continúa pechada ao tráfico tralas obras de reurbanización incluídas no proxecto da nova estación e que tampouco foron recibidas por Adif-, o paso urbano peonil baixo as vías e a conexión coa zona alta da cidade.

Os populares, no seu labor de fiscalización, esixen ao Executivo explicacións sobre  o incumprimento dos anuncios realizados, e se a estación conta con todas as autorizacións técnicas e de seguridade necesarias. Tamén trasladaron a súa preocupación sobre as deficiencias que impiden a súa recepción, cal é a situación da rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida e da solución ao desnivel entre o andén e o tren. Finalmente, tamén solicitan ao Goberno aclaracións sobre o posible incremento do orzamento, o período de garantía para corrixir as deficiencias, as eventuais penalizacións á empresa adxudicataria e a elaboración dun calendario detallado para completar as actuacións pendentes.

SARRIA: UNHA ESTACIÓN EN FUNCIONAMENTO PERO SEN RECEPCIÓN

En Sarria, as actuacións previstas inclúen o tratamento de andéns e cruces entre andéns, unha nova pasarela peonil sobre as vías e a reconfiguración e ampliación das instalacións para permitir a circulación de trens de ata 750 metros. A pesar diso, a estación funciona de forma automática; pero a obra continúa sen ser recepcionada por Adif.

Os deputados do PP solicitan ao Goberno aclaracións sobre o estado real de todas estas actuacións, polas deficiencias que impiden a recepción, polas partidas que puidesen quedar pendentes e polo prazo para que a estación estea plenamente operativa e recepcionada. Ademais, poñen sobre a mesa unha cuestión especialmente relevante: por que as obras non incluíron un ascensor que permita garantir unha accesibilidade plena entre os distintos andéns e a pasarela peonil e se o Goberno ten previsto executar esta actuación nunha fase posterior.

MONFORTE DE LEMOS: DEFICIENCIAS A PESAR DO ANUNCIO DE FINALIZACIÓN DAS OBRAS

En Monforte de Lemos, as obras de remodelación integral da estación comezaron en febreiro de 2023. Adif anunciou o 18 de xuño de 2026 a conclusión das obras de mellora da accesibilidade. Con todo, Conde advirte que “os ascensores continúan sen estar operativos, persisten problemas de iluminación nos andéns e existen fisuras e plaquetas rotas”. Ademais, o vestíbulo permanece pechado en determinadas franxas horarias e a obra tampouco foi recepcionada por Adif.

Por este motivo, os populares esixen saber cando se abrirá de novo o vestíbulo coincidindo cos horarios de todos os trens, cando entrarán definitivamente en funcionamento os ascensores e como pode Adif anunciar a conclusión das obras cando existen deficiencias pendentes. Tamén piden aclaracións polas actuacións que faltan para dar por finalizada e recepcionada a obra, polo importe pendente de certificar ou liquidar, polas inspeccións técnicas realizadas e polas posibles penalizacións á empresa adxudicataria polos atrasos ou deficiencias detectadas.

El PP considera “escandaloso y sangrante que Sánchez siga de vacaciones” pese a la “extrema urgencia” por la crisis migratoria en Ceuta

• El portavoz de Defensa del Grupo Parlamentario Popular y senador por Melilla, Fernando Gutiérrez Díaz de Otazu, considera “escandaloso y sangrante” que Sánchez “siga de vacaciones” a pesar de la situación  “de extrema urgencia” tras la crisis migratoria en Ceuta. Así se expresa el dirigente popular en la Comisión extraordinaria de Defensa, en la que la ministra Margarita Robles ha dejado la silla vacía, como ya hicieron Marlaska y Albares, negándose a comparecer para informar de la actuación de las Fuerzas Armadas en la crisis en la frontera ceutí.

El senador del PP califica lo sucedido como “un hecho de extrema gravedad para la seguridad de España, que requiere la actuación e implicación de todos los recursos del Estado” y, sin embargo “los miembros del Gobierno se organizan en turnos de visitas y Sánchez se mantiene escandalosamente de vacaciones”.

Manda un mensaje de reconocimiento al presidente de la ciudad autónoma y a los ceutíes y recuerda que Vivas advirtió “días antes, el incremento de personas cruzando a nado y nadie le escuchó”.

LA CONSECUENCIA DE MIRAR PARA OTRO LADO

El PP considera la avalancha de cerca de 80.000 personas en la frontera de Ceuta del pasado 30 de julio una “verdadera invasión” y critica que “nos encontramos ante la culminación de una sucesión de cesiones y concesiones, a pesar del hostigamiento al desarrollo de la vida normal en las ciudades autónomas de Ceuta y Melilla”.

CONSECUENCIAS LEGALES Y POLÍTICAS

Por su parte, el presidente de la Comisión de Defensa y senador del PP por Galicia, José Manuel Rey Varela, ha explicado que la ministra de Defensa, Margarita Robles, ha remitido una nueva carta hoy al Senado para justificar su incomparecencia.

“Ninguna causa puede impedir que se ejerza el control al Gobierno que esta Cámara tiene asignada por la Constitución. Ningún Gobierno está por encima de las Cortes Generales, ni puede no dar explicaciones”, recalca, al tiempo que ha informado del traslado a la Presidencia de la Senado “la incomparecencia del Gobierno, para la adopción de las medidas que procedan”.

O PPdeG esixe explicacións ao Goberno de Sánchez sobre “a variación do plan de tráfico con previsto inicialmente polo Ministerio” con motivo das obras da A-6

O PP lucense leva ao Congreso e ao Senado “a variación do plan de tráfico” que estaba previsto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible na provincia de Lugo con motivo das obras na A-6. Así o explican o senador José Manuel Balseiro e a deputada nacional Cristina Abades.

O propio Ministerio comunicaba a comezos de xullo que as afeccións ao tráfico na provincia de Lugo se estenderían ata comezos de setembro divididas en 5 fases. Dentro dese dispositivo, estaba previsto que nalgunha das fases se empregara a N-VI como desvío e noutros tramos mediante transfer circulando en dobre dirección -un carril por sentido- pola calzada en sentido A Coruña.

“O propio Ministerio prevía cortes en 5 tramos moito máis curtos”, indica Abades. Pero, aa realidade é que veciños, viaxeiros e transportistas sofren as consecuencias dun corte ao tráfico de 50 km dunha soa vez na principal comunicación da provincia coa Meseta e o desvío do tráfico pola estrada nacional dende O Corgo ata Pedrafita pasando polo centro de Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e, ata fai uns días, tamén por Baralla”, segundo engade Balseiro.

Os populares consideran que se trata dunha “desafortunada decisión” que está xerando “un importante caos circulatorio” que afecta tanto aos desprazamentos de longo percorrido con importantes retencións e incrementos de tempos da viaxe -de entre hora e media ou 2 horas-  como á mobilidade dos municipios da zona.

Os representantes do Partido Popular nas Cortes Xerais esixen explicacións ao Goberno de Sánchez ante os prexuízos que está a causar este cambio con respecto ao previsto inicialmente. para o plan de mobilidade. Concretamente queren que o Executivo dea a cara para aclarar os motivos do cambio e se ten previsto adoptar medidas para reducir as retencións e os tempos de viaxa, especialmente coincidindo coas operacións saída e retorno das vacacións de verán.

Dende o PP lucense aseguran que “non criticamos as obras”. De feito, “levamos moitos anos demandando a mellora da A-6 porque é necesaria. O que non compartimos é a forma na que se realizan os desvíos”.

O PP critica o “maltrato” do Goberno coas infraestruturas estatais de Pontevedra e a recurtada proposta de transferencia da AP-9, xa que non garante financiamento para estas obras

O Partido Popular vén de criticar o “constante maltrato” do Goberno de España coa necesaria mellora e modernización das infraestruturas estatais da cidade de Pontevedra nunha comparecencia realizada esta mañá pola senadora Pepa Pardo e o deputado nacional Pedro Puy, que estiveron acompañados polo voceiro municipal do PP na capital provincial, Rafa Domínguez. Así mesmo, os representantes populares tamén expresaron a súa disconformidade coa recurtada proposta de transferencia da AP-9 –aprobada polas forzas de esquerdas no Congreso–, xa que advertiron de que non garante, entre outros problemas, o financiamento para estas obras no nó de Bombeiros ou no acceso norte da autoestrada.

Pepa Pardo concretou que os “incumprimentos” do Executivo de Pedro Sánchez con Pontevedra son unha “triste constante” que cercenan o axeitado desenvolvemento da cidade e exemplificou esta “política de agravios e castigo” co estado do nó de Bombeiros, que se atopa totalmente paralizado desde hai máis de vinte meses tras detectarse, en novembro de 2024, uns problemas no subsolo que obrigaron a modificar o proxecto.

“As infraestruturas estatais en Pontevedra están bloqueadas, como sucede co paseo de Marín ou a solución aos anegamentos da autovía co concello veciño, pero o do nó de Bombeiros é o caso máis flagrante, xa que o Executivo socialista non foi quen de sacalo adiante en máis de oito anos e, polo momento, seguimos sen noticias, sen datas, sen orzamento e sen previsións de futuro”, manifestou a senadora pontevedresa, que lamentou tamén que o Goberno de Pedro Sánchez non dea respostas ás moitas preguntas e iniciativas relativas a esta obra presentadas polo PP tanto no Senado como no Congreso.

Ademais, Pardo tamén quixo deixar claro que este “maltrato” coa cidade conta coa “evidente complicidade” do alcalde Lores e do BNG, xa que lembrou que sosteñen “contra vento e marea” a Pedro Sánchez na Moncloa, e criticou as prioridades do ministro Óscar Puente, “que se tivera a mesma dilixencia e celeridade coas obras de Pontevedra que a que ten para desenfundar insultos e numantinas defensas da corrupción do PSOE en Twitter xa tería feitas todas estas actuacións”.

Transferencia envelenada

Pola súa banda, o deputado nacional Pedro Puy engadiu que, ademais destes atrancos e retrasos coas obras estatais en Pontevedra e noutras localidades da provincia, outro dos problemas que está a xerar o Goberno de España no noso territorio céntrase na proposta de transferencia da AP-9 a Galicia, xa aprobada como lei no Congreso polas forzas de esquerda e que vén moi recurtada con respecto ás aspiracións da Comunidade Autónoma e ao aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia.

Así, o congresista pontevedrés indicou que o contido de traspaso acordado por PSOE, BNG e Sumar “ten moitas cousas sen aclarar, especialmente no que se refire ao financiamento de obras vencelladas á autoestrada, como é o caso do nó de Bombeiros ou o acceso norte de Pontevedra, pero tamén noutros puntos da provincia como Redondela”, xa que indicou que na citada normativa non se concreta a asunción dos fondos necesarios por parte do Estado e iso pode provocar, como xa está a suceder, que as necesarias melloras nestas infraestruturas queden paralizadas.

“Os partidos de esquerda pretenden endosarlle un agasallo envelenado á Xunta e, en consecuencia a todos os galegos, xa que con esta transferencia recurtada só queren dinamitar o orzamento galego, facendo que asumamos desde Galicia o que lle corresponde ao Estado”, advertiu Puy, que tamén censurou que o Executivo central siga sen responder á razoable solicitude da Xunta para convocar a Comisión Bilateral orientada a negociar as condicións de transferencia da autoestrada.

Miguel Lorenzo: “A Coruña merece un trato de primera de unos gobiernos municipal y estatal de primera y lo que tenemos es un trato de tercera de unos gobiernos de tercera”

El candidato Popular a la Alcaldía de A Coruña, Miguel Lorenzo, la diputada Tristana Moraleja y el senador Manuel Ruiz reclamaron a los gobiernos socialistas municipal y estatal voluntad política y presupuestos ante los continuos incumplimientos de las inversiones pendientes en A Coruña. Somos una ciudad de primera que merecemos un trato de primera de unos gobiernos municipal y estatal de primera, y lo que tenemos es un trato de tercera de unos gobiernos de tercera.

MIGUEL LORENZO

Lorenzo exige medidas medidas urgentes para que los coruñeses “tengamos el tren que nos merecemos tras tantos años de espera por una alta velocidad que llega a baja velocidad, tengamos el aeropuerto que nos merecemos y no tengamos que estar apiñados en las salas de embarque y dejemos de estar pendientes de si hay niebla y para que tengamos los accesos por carretera que nos merecemos”.

Para que suceda hacen falta dos cosas: voluntad política y presupuesto y no hay ni una ni otra. “Voluntad política para que se proyecten y liciten todas estas infraestructuras y no la hay ni en el Gobierno del Estado ni en el municipal, con una Alcaldesa que no se atreve a exigir lo que nos corresponde a Pedro Sánchez ni a Óscar Puente, y presupuesto para su ejecución pero el Estado no los tiene desde 2023 y no tiene pinta de que lo vaya a haber para 2027”.

“Yo ya he dicho que cuando sea Alcalde iré a los despachos de los ministros hasta conseguir que se liciten estas actuaciones, con presupuestos y plazos concretos. En A Coruña y en España hace falta otra forma de gobernar para salir de los desgobiernos socialistas”.

TRISTANA MORALEJA

Por su parte, Tristana Moraleja exigió un plan urgente de inversiones y mantenimiento de infraestructuras ferroviarias para acabar con los retrasos y las incidencias que protagonizan un día sí y otro también los trenes que comunican nuestra ciudad con Santiago, Vigo, Ourense y Madrid. “Óscar Puente debería dedicarse menos a tuitear y más a trabajar y desde luego no aparecer por A Coruña o por Galicia para hacerse una foto teniendo en cuenta todos los incumplimientos en infraestructuras por tierra, mar y aire”.

La diputada Popular también reclamó que el Gobierno del Estado cumpla con el Plan Director del aeropuerto de Alvedro que recoge una ampliación de la terminal en 5.000 m2 “y no de 800 m2 como nos anuncian ahora”, y dotar a Alvedro del sistema ILS-3 para acabar con los desvíos por niebla”.

Hemos presentado iniciativas y preguntas en Congreso y Senado sobre estas inversiones pendientes “y las respuestas son siempre con evasivas. Seguiremos presentándolas porque A Coruña debe contar con estas infraestructuras muy importantes para el futuro de la ciudad”, afirmó.

MANUEL RUIZ

El senador Manuel Ruiz denunció los retrasos de horas que sufren los transportistas coruñeses por los desvíos en la A6, “la única conexión por carretera con la meseta y con núcleos logísticos de distribución tan importantes como Benavente”. Las obras de la autovía están mal planificadas y con tramos de cincuenta kilómetros de desvío atravesando además poblaciones como Becerreá, “que provocan grandes retrasos que afectan de forma especial a los transportistas de pescado del puerto coruñés”.

O PP denuncia a “caótica organización” dos desvíos pola N-VI polas obras da A-6 e a “nula comunicación” aos Concellos

O PP da provincia de Lugo comparte “o malestar de veciños, viaxeiros e transportistas” ante os atascos na N-VI ao seu paso polos municipios da Montaña debido ao tráfico desviado da autovía A-6 en sentido Madrid con motivo das obras de mellora da vía de alta capacidade.

O senador José Manuel Balseiro, a deputada nacional Cristina Abades, o alcalde de Baralla, Miguel González, o alcalde das Nogais, Jesús Núñez e o portavoz do PP de Becerreá, José Fernández Carrete, comprobaron en Becerreá o incremento exponencial do volume de tráfico que está a rexistrar a N-VI e que sofre importantes retencións, como xa sucedeu esta pasada fin de semana en plena operación saída e retorno. Este mesmo domingo producíase un accidente cun camión preto do Cereixal, preto da saída cara á N-VI.

Os populares coinciden en asegurar que “non criticamos o que se fai porque, de feito, levamos moito tempo reclamando obras de mellora do firme da A-6 na provincia; senón que criticamos o como, as formas: a falta de organización e, sobre todo, a falta de comunicación do Goberno de Sánchez cos Concellos”.

O senador lucense subliña “as grandes retencións que supuxeron atrasos de entre unha hora ou hora e media con respecto ao habitual” nun traxecto de 50 km. Así mesmo, defende que “o normal sería a renovación do asfalto da A-6 por tramos máis curtos” de forma que “se abrira ao tráfico ao rematar a intervención e se pechara o seguinte para executar as actuacións” e non “derivar todo o tráfico da autovía durante tantos quilómetros pola estrada nacional e o centro das vilas de Baralla, Becerreá, As Nogais e Pedrafita”.

O rexedor das Nogais definiu como “disparate” a organización destes desvíos e explicou que “se chegaron a empregar vías municipais como desvío provisional sen ningún tipo de comunicación”.  Tamén incidiu nos prexuízos aos profesionais do transporte que “levan practicamente un mes perdendo entre unha hora ou hora e media nas viaxes cara á Meseta” e cre que “esta situación se puido evitar desdobrando o tráfico na autovía”.

O alcalde de Baralla considera “unha grave falta de respecto, non só institucional senón directamente aos veciños” que o Ministerio non comunicara aos representantes municipais o desvío do tráfico polo centro das vilas. “De ter avisado poderíanse ter estudado con previsión a implantación de medidas para garantir a seguridade cidadá”.

González amosouse especialmente crítico coa falta de comunicación: “nin unha chamada ao principio, nin durante, nin ao final”. E explicou que “o mínimo é avisar”, especialmente tendo en conta que “nestas datas o habitual é que os Concellos acollan eventos ou actividades nas proximidades da estrada nacional que se deben ter en conta á hora de poñer en marcha un dispositivo de tráfico”.

Carrete asegurou que “estamos a favor de que se fan as obras que vimos reclamando; pero, evidentemente, ten que haber planificación” de cara á “causar os mínimos problemas” aos veciños e veciñas.

EXPLICACIÓNS DENDE O CONGRESO E O SENADO

Os representantes do PP no Congreso e no Senado esixirán explicacións ao Goberno de Sánchez ante o que consideran “mala execución do plan de mobilidade con motivo das obras de rehabilitación do firme da A-6”.

É máis, os populares explicaron que “o Ministerio tiña previsto afeccións ao tráfico por fases que supoñían cortes ao tráfico en tramos máis curtos, como consta nunha información publicada na súa web a comezos de xullo. Pero cortou o tráfico no seu momento dende O Corgo ata Pedrafita; é dicir, 50 km discorrendo o tráfico polo centro de varias localidades da Montaña”.

Os senadores xa tiñan pedido que o Ministerio de Transportes explicara as medidas concretas para evitar ou reducir os atascos mentres continúen as obras para garantir unha xestión do tráfico compatible coa seguridade viaria e coa mobilidade dos usuarios, pero “continúa ignorando aos Concellos da provincia de Lugo”.

Os populares insisten en reclamar que o Goberno de España revise o dispositivo previsto mentres duren os traballos para evitar novos prexuízos aos veciños da comarca e aos milleiros de condutores que atravesan a provincia de Lugo.