Arnoia, 23 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que á maioría de galegos que queren un goberno estable, responsable e inconformista só lle vale a opción do Partido Popular de Galicia, do mesmo xeito que os populares tamén son a única papeleta para evitar que a suma de catro ou cinco partidos impidan ese goberno.
NN.XX agradece de novo a confianza posta na mocidade na configuración das listas
Santiago, 23 de agosto de 2016.- Novas Xeracións agradece de novo a confianza posta na mocidade na configuración das listas electorais de cara ás vindeiras eleccións autonómicas onde haberá unha nutrida presenza de caras novas.