Santiago, 23 de agosto de 2016.- Novas Xeracións agradece de novo a confianza posta na mocidade na configuración das listas electorais de cara ás vindeiras eleccións autonómicas onde haberá unha nutrida presenza de caras novas.
O presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, destaca que ata un total de once mozos e mozas que forman ou formaron parte da organización xuvenil ata fai uns meses integrarán as listas electorais das catro provincias, asegurando a presenza de xente nova no máximo órgano autonómico de acadar o Goberno galego.
Gago lembra que o PPdeG xa é o partido que máis mozos e mozas ten nas distintas institucións e tamén no Parlamento autonómico que se ven de disolver, e celebra que unha vez máis o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, volva a confiar en NN.XX.
NN.XX tamén quere sinalar a presenza de membros da organización en todos e cada uns dos órganos internos de partido, incluídos os aprobados recentemente con motivos dos comicios autonómicos como son o comité electoral, o comité de campaña e o programa redactor, onde representan a voz moza do partido e da sociedade galega.
O líder xuvenil lamenta o que está a acontecer noutros partidos políticos nos que ou non haberá representación moza, ou existen grandes controversias públicas na conformación das listas, en contraposición coa unidade e a claridade de proxecto que presenta o PPdeG.
Ademais, NN.XX pon de manifesto que traballará arreo cunha axenda propia para axudar a acadar unha nova maioría absoluta confiando que a mocidade volva ser clave coma o foi no ano nove e no ano doce.