O Grupo Popular apoia a continuidade da tramitación da ILP sobre pobreza enerxética

 

Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe na Comisión 6ª a continuidade da tramitación da iniciativa lexislativa popular sobre pobreza enerxética, “aínda que este tipo de propostas lexislativas, a diferenza dos demais proxectos ou proposicións de lei, xa continúan a súa tramitación dunha lexislatura para outra, logo da modificación da lei realizada o pasado ano a iniciativa do PPdeG”, explicou o viceportavoz Miguel Tellado.

Seguir leyendo

O Grupo Popular reitera o seu compromiso coa actividade industrial e o emprego na empresa Ferroatlántica

 

Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular volveu amosar este venres na Comisión 6ª do Parlamento o seu compromiso firme co mantemento dos postos de traballo e a actividade industrial na empresa Ferroatlántica. O voceiro de Industria, Miguel Tellado, lembroulle aos grupos da oposición que hai un acordo en vigor acadado por unanimidade na Cámara a pasada lexislatura en relación á non segregación das actividades hidroeléctricas e ferroalixes das factorías de Cee e Dumbría. Malia iso, os populares accederon a votar a favor das propostas do BNG e En Marea, “para que non quede dúbida do noso posicionamento”.

Seguir leyendo

O GPP apoia solicitar ao Goberno central que continúe os trámites para a construciónn da saída sur ferroviaria de Vigo

Santiago, 1 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación por unanimidade na Comisión 2ª do Parlamento dunha proposición non de lei, impulsada polo PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central a continuación dos trámites administrativos e técnicos necesarios para afrontar a construción da coñecida como Saída Sur ferroviaria da cidade de Vigo, que implique o desvío do paso do tren polo centro do Porriño. Así mesmo, demándase que esta nova infraestrutura teña prestacións de alta velocidade e se coordine co goberno portugués.

Seguir leyendo