Santiago, 13 de decembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, do Grupo Popular e apoiada por PSOE e BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia ao desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar servizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas.
O Parlamento aproba solicitar á Xunta a creación dunha tarxeta dirixida aos peregrinos
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular, apoiada tamén polo Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta a crear unha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos que chegan a Compostela, que aglutine diferentes servizos do seu interese como entrada única nos museos, facilidades no transporte e descontos en actividades culturais, de ocio e restauración, en comercios e tendas de produtos galegos, de artesanía de Galicia e nos mercados de Abastos.
A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, lembrou que “os peregrinos son unha fonte de ingresos moi importantes para a economía galega e en especial para Santiago onde se deixaron no 2015 máis de 26 millóns de euros”. “A presenza dun número cada vez maior de peregrinos, especialmente internacionais, é una excepcional oportunidade para os diversos sectores que prestan servizos aos nosos visitantes”, sinalou.
Neste sentido, Romero explicou que esta nova tarxeta de fidelización do peregrino “aglutinaría os diferentes servizos aos que poden acceder, proporcionándolles unha atención diferenciada e de maior calidade e permitíndolles coñecer unha oferta que moitas veces pasa inadvertida”. “Ademais, redundaría nun incremento da súa estadía en Santiago é sería unha ferramenta máis para a promoción de Galicia e os seus recursos e para combater a estacionalidade”, engadiu.
PREPARAR O XACOBEO 2021
Cristina Romero subliñou que “a vontade, tanto do Goberno como do PPdeG, é seguir facendo do turismo un baluarte indiscutible para consolidar a recuperación económica, sobre todo sabendo que esta lexislatura será clave para preparar o próximo Xacobeo 2021”. “Un acontecemento desta característica é de tal envergadura que non pode nin debe improvisarse nin deixarse para o último momento, sobre todo si o que se pretende é facer no ano 2021 o mellor Xacobeo da historia”, indicou.
A portavoz popular criticou o desinterese amosado por En Marea e o BNG respecto do turismo en Galicia, “un sector estratéxico que representa máis do 11 por cento do PIB galego e o 12 por cento do emprego, gracias a rexistrar este ano un máximo histórico nos niveis de demanda turística, cun total de 4,5 millóns de turistas aloxados e máis de 9 millóns de pernoctacións”.
GPP reitera que tanto o Goberno galego como o PPdeG continuarán demandando a transferencia da AP-9
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe que tanto o Goberno galego como o PPdeG seguirán demandando a transferencia á Xunta da AP-9. Deste xeito, apoiou demandar ao Goberno central que non obstaculice a tramitación da proposición de lei aprobada por unanimidade na Cámara galega a través da que se demanda a transferencia desta autoestrada.
O GPP defene axudar máis a quen máis o necesita que o modelo «café para todos» da oposición no sistema de libros de texto
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, salientou hoxe, no debate no Parlamento dunha proposición non de lei sobre os libros de texto, que o Partido Popular “está máis por axudar a quen máis o necesita e non polo modelo de café para todos que defenden os grupos da oposición”.
A baixada á metade das execucións hipotecarias en Galicia «é unha demostración de que a Xunta está a facer as cousas ben»
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que os datos publicados onte polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que reflicten unha baixada do 49,4 por cento das execucións hipotecarias iniciadas en Galicia no terceiro trimestre de 2016, “son unha demostración de que a Xunta está a facer as cousas ben”.