Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se insta ao Concello de Ponte Caldelas a adoptar as medidas necesarias para evitar o peche do Centro de Información á Muller deste municipio. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou que o peche deste CIM “non ten ningunha xustificación e cada día que pasa as accións do alcalde o poñen máis de manifesto”.
O Parlamento insta á Xunta a completar a retirada e tratamento por xestores autorizados dos pneumáticos usados
Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento, logo dunha transacción realizada co BNG, instar á Xunta a que complete de xeito inmediato a retirada e tratamento por xestores autorizados dos pneumáticos usados acumulados en depósitos e vertedoiros incontrolados, así como que reforce os medios de apoio aos concellos galegos na urxencia da recuperación ambiental dos puntos de vertido incontrolado.
O Parlamento demanda á xunta diálogo para adecuar os coeficientes redutores da idade de xubilación ás características marítimo-pesqueiras de Galicia
Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar, unha vez entre en vigor o regulamento europeo polo que se definen as características dos buques de pesca, un proceso de diálogo de cara á adecuación dos coeficientes redutores da idade de xubilación ás características da actividade marítimo-pesqueira en Galicia, toda vez que os cambios substanciais na realidade operativa de embarcacións e prácticas de marisqueo demanda esta posibilidade de cambio.
O GPP apoia esixir ao Goberno central a inmediata reclamación a Noruega da devolución das taxas cobradas irregularmente aos mariñeiros galegos
Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central a inmediata reclamación ao Goberno de Noruega da devolución das taxas cobradas irregularmente aos mariñeiros galegos neste país. O portavoz de Mar, Carlos López Crespo, afirmou que o Goberno galego e o Partido Popular “non van deixar abandonado a este colectivo de mariñeiros e seguiremos traballando para que consigan a xubilación que se merecen”.