Madrid, 15 de febrero de 2017.- El diputado popular Celso Delgado ha lamentado hoy que el grupo confederal En Marea, En Común-Podemos haya roto el consenso alcanzado en el Parlamento de Galicia en torno a tramitar una nueva Proposición de Ley Orgánica (PLO) para la petición de la transferencia de la AP-9 a la Xunta de Galicia y en lugar de apostar por una postura conjunta en este tema haya presentado una PNL “partidaria, desfasada y demagógica”.
Tellado: “Luis Villares está firmando sentencias de culpabilidade ou inocencia segundo criterios partidistas”
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “sorprende como, desde un escano, Luis Villares está firmando sentencias de culpabilidade ou inocencia segundo criterios partidistas”. Así se expresaba en resposta ao respaldo que o portavoz parlamentario de En Marea ofreceu ao edil de Compostela Aberta, Jorge Duarte, investigado por prevaricación administrativa.
O GPP apoia instar a Fomento para que continúe prestando o servizo de venta de billetes e atención ao cliente nas estacións ferroviarias galegas
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe unha proposición non de lei a través da que insta ao Ministerio de Fomento para que continúe prestando o servizo de venta de billetes e atención ao viaxeiro nas estacións ferroviarias de Galicia.
O Parlamento galego solicita a declaración da Illa de Ons como Área de Rehabilitación Integral
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a promover a declaración como Área de Rehabilitación Integral da Illa de Ons, co obxecto de facilitar as actuacións de rehabilitación nas vivendas existentes na illa.
O GPP lamenta que BNG e PSOE poñan en risco 10 millóns de euros de Ence para a rehabilitación do Pazo de Lourizán
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira lamentou esta mañá no Parlamento que “a irresponsabilidade política de BNG e PSOE poñan en risco un investimento de 10 millóns de euros para rehabilitar o degradado Pazo de Lourizán e crear neste inmoble un centro de I+D”. Moreira criticou o “cambio de postura” do BNG respecto deste proxecto, “ao anunciar primeiro que non ían poñer impedimentos ao que propuxera facer a Xunta no Pazo de Lourizán e poucos días despois opoñerse á rehabilitación deste inmoble”