Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe unha proposición non de lei a través da que insta ao Ministerio de Fomento para que continúe prestando o servizo de venta de billetes e atención ao viaxeiro nas estacións ferroviarias de Galicia.
O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, lembrou que “o propio Adif xa ten aclarado que a compañía continúa prestando o servizo de venda de billetes nas nosas estacións”. Ademais, dixo que os viaxeiros teñen á súa disposición diferentes canais para adquirir os seus billetes.
ORDENACIÓN DOS SERVIZOS
Fernández Prado explicou que o Adif e os representantes dos traballadores están a abordar a ordenación dos servizos de venta presencial nas estacións que teñen persoal dedicado en exclusiva á venta de billetes. En concreto, sinalou que en determinadas estacións persoal do Adif-Circulación ten encomendadas tarefas relacionadas coa administración de liñas e, aínda que estas persoas realizan puntualmente funcións de información e venda de billetes, este non é o seu cometido principal.
“A Xunta de Galicia está a seguir con atención todo este proceso e xa se interesou por este asunto ante responsables de Renfe e Adif”, manifestou o portavoz popular, quen apuntou que o Goberno galego “velará polo mantemento da calidade dos servizos ferroviarios en Galicia e polos dereitos dos traballadores”.