O PPdeG avoga por modificar a normativa da plusvalía municipal para adaptala ás sentenzas do Tribunal Constitucional

Santiago, 7 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular José González Vázquez avogou hoxe no Parlamento, ante as recentes sentenzas do Tribunal Constitucional que declaran a inconstitucionalidade do método de cuantificación da base impoñible da coñecida como plusvalía municipal, porque se modifique a normativa deste imposto para adaptalo ao criterio emanado destas sentenzas.


Seguir leyendo

O PPdeG critica que a oposición utilice ao IGAPE como «arma arroxadiza»e ao mesmo tempo pide á Xunta a continuidade das empresas con dificultades

Santiago, 7 de abril de 2017.- A deputada do Grupo Popular  Sandra Vázquez Domínguez afirmou hoxe que “o Igape está para asumir riscos xunto coas empresas que teñan un plan de viabilidade”. Neste sentido, criticou que os grupos da oposición “utilicen este organismo como arma arroxadiza, cando constantemente instan á Xunta a garantir a continuidade dos postos de traballo de toda canta empresa atravesa un momento de dificultade”.
Seguir leyendo

Tellado asegura que nas Mareas son máis duros polos seus problemas internos, do que o chegou a ser o PPdeG coa súa xestión

Santiago, 7 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá “en Galicia hai goberno, pero non hai unha oposición construtiva senón autodestrutiva”. Deste xeito, subliñou que, malia que custaba imaxinalo, nas Mareas de Podemos son entre eles máis duros polos seus problemas internos, do que o chegaron a ser os populares co seu labor na xestión municipal.
Seguir leyendo

O Parlamento aproba demandar ao Goberno central que revise a aplicación da regra de gasto para adaptala á normativa europea

Santiago, 7 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a proposta do Grupo Popular, demandar ao Goberno central que revise o deseño e aplicación da regra de gasto seguindo as normas aprobados na Unión Europea, tendo en conta o criterios de estabilidade orzamentaria e de sostibilidade financeira das administracións públicas. Para iso, defendeu que se constitúa o anunciado grupo de traballo para analizar a regra de gasto contida na Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e adaptala á normativa europea.

Seguir leyendo