Santiago, 7 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei, logo dunha transacción co Grupo Socialista, que considera necesaria a supresión do instituto do aforamento das deputadas e deputados, preservando en todo momento que estas persoas non podan ser perseguidas polas opinións ou votos emitidos no exercicio das súas funcións. Esta posición deberá ser incorporada ao conxunto de reformas do Estatuto de Autonomía de Galicia que no seu momento se aborde. Ademais, ínstase á Xunta a trasladar esta posición aos grupos parlamentarios das Cortes Xerais para que calquera reforma do aforamento dos representantes nas Cámaras lexislativas estatais e autonómicas sexa tratada tamén dentro dun acordo a nivel estatal.
O PPdeG critica a En Marea por querer declarar Pena Trevinca como parque natural sen consenso nin ter falado coa xente e os concellos implicados
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco criticou hoxe a En Marea por “traer ao Parlamento unha proposta para declarar Pena Trevinca como parque natural sen estar sustentada por un gran consenso, nin ter falado coa xente que está nos concellos implicados, coas corporacións locais ou cos alcaldes e alcaldesas que teñen a capacidade suficiente, e as atribucións legais e políticas, para xestionar os recursos dos seus municipios”.
Seguir leyendo
Raquel Arias:»a preocupación pola situación dos refuxiados é un sentimento compartido por todos»
Santiago, 7 de xuño de 2017.- A deputada popular Raquel Arias asegurou que a preocupación pola situación na que se atopan os refuxiados, que cualificou como un dos maiores problemas que ten Europa, “é un sentimento compartido por todos”, como así se puxo de manifesto xa o pasado mes de abril nunha declaración institucional realizada a este respecto polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara que o Grupo Popular apoiara a súa iniciativa, xa que negouse a que fora votada por puntos unha vez se aceptou unha emenda do Grupo Socialista.
O Grupo Popular defende que o Goberno central tome as medidas necesarias para evitar os atascos na AP-9
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, defendeu esta mañá no Parlamento que o Ministerio de Fomento que tome as medidas oportunas para evitar atascos na AP-9 e que, en caso de producirse, se minimicen as súas consecuencias; se garantan as condicións do contrato concesional, en concreto, no referido á calidade do servizo e en materia de persoal; e se abra unha investigación á empresa concesionaria en relación coa calidade do servizo, como paso previo á posible adopción de medidas correctoras ou sancionadoras.
O Parlamento insta á Xunta para que concellos e deputacións participen na planificación do novo Plan de Transportes por estrada
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a establecer un marco de diálogo e colaboración estable cos concellos galegos durante todo o proceso de planificación do novo mapa de transportes por estrada, co obxectivo de que os novos servizos a implantar respondan con maior eficacia ás necesidades reais dos cidadáns. Así mesmo, solicítase a participación activa das deputacións provinciais na definición deste novo mapa de servizos de cara a un posible reforzamento e mellora dos servizos de transporte público por estrada.
O Parlamento aproba instar á Xunta á elaboración dun calendario vacinal para o adulto
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia á elaboración e aprobación dun calendario vacinal para o adulto nos próximos tres meses, “que contribúa ao coñecemento das indicacións e beneficios tanto para os profesionais como para a cidadanía”.
O Grupo Popular avoga por esperar ao novo Plan Forestal para determinar as medidas axeitadas para o control das plantacións de eucalipto en Galicia
Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, avogou esta tarde no Parlamento por esperar á aprobación definitiva do novo Plan Forestal de Galicia para determinar o conxunto de medidas máis axeitadas para control das plantacións de eucalipto na Comunidade galega.
O Grupo Popular defende que a Xunta dote de medios materiais e persoal aos novos xulgados designados para os procesos relativos ás clausulas chan
Santiago, 6 de xuño de 2017.- A portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Julia Rodríguez Barreira, defendeu esta tarde no Parlamento que a Xunta de Galicia dote dos medios materiais e persoais necesarios aos novos xulgados designados polo Consello Xeral do Poder Xudicial para dirimir os procesos relativos ás cláusulas chan en función da evolución das demandas.