Santiago, 9 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un informe que analice as consecuencias da reestruturación bancaria en Galicia, a situación de concentración do mercado bancario e as súas consecuencias para as persoas usuarias de servizos financeiros na Comunidade galega.
O Grupo Popular apoia reclamar á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en todos os seus trámites
Santiago, 9 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se reclaman á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en Galicia en todos os trámites que se realicen por esta entidade, corrixindo as eivas denunciadas e comprometéndose a revisar periodicamente os procedementos para garantir a súa rápida detección e solución.
A deputada popular Sandra Vázquez lembrou que a páxina web da Axencia Tributaria ten a opción de mudar o seu contido a calquera das linguas cooficiais do Estado e apuntou que “recentemente realizou cambios nos seus programas, pero a Xunta de Galicia está en contacto e traballando conxuntamente con ela para que a información estea actualizada á maior brevidade posible”.
“A Xunta está a cumprir dentro das súas competencias, e colabora con todas as administracións e entidades para que se poidan facer todas as tramitacións en galego”, apuntou a deputada popular.
O Parlamento de Galicia aproba solicitar ao Concello de Vigo unha solución inmediata aos retrasos na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais
Santiago, 8 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, por iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita ao Concello de Vigo unha solución inmediata aos retrasos na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais. A deputada popular Marián García Míguez considerou “dramático” que 63.000 persoas de Vigo teñan un ingreso inferior ao limiar da pobreza e o Concello tarde 181 días en emitir o informe social para a percepción da Risga, cando o tempo que teñen os concellos galegos é de 30 días.
Seguir leyendo
O Grupo Popular asegura que a atención pediátrica no barrio de Novo Mesoiro en A Coruña «está cuberta axeitadamente»
Santiago, 8 de xuño de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que a atención pediátrica do barrio de Novo Mesoiro en A Coruña “está cuberta axeitadamente”. Porén, indicou que o centro de saúde “deste barrio en crecemento está planificado para a atención dunhas 12.000 persoas, en previsión das necesidades de profesionais médicos que poidan xurdir a curto ou medio prazo”.