Santiago, 9 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se reclaman á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en Galicia en todos os trámites que se realicen por esta entidade, corrixindo as eivas denunciadas e comprometéndose a revisar periodicamente os procedementos para garantir a súa rápida detección e solución.
A deputada popular Sandra Vázquez lembrou que a páxina web da Axencia Tributaria ten a opción de mudar o seu contido a calquera das linguas cooficiais do Estado e apuntou que “recentemente realizou cambios nos seus programas, pero a Xunta de Galicia está en contacto e traballando conxuntamente con ela para que a información estea actualizada á maior brevidade posible”.
“A Xunta está a cumprir dentro das súas competencias, e colabora con todas as administracións e entidades para que se poidan facer todas as tramitacións en galego”, apuntou a deputada popular.
O Grupo Popular apoia reclamar á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en todos os seus trámites
- viernes, 9 de junio de 2017
- 8:42 am
- Duración de lectura aproximada: 1 minute
Noticias recomendadas
O PPdeG esixe ao Goberno de Sánchez que atenda os “reiterados requirimentos” da Xunta sobre a resposta á Comisión Europea respecto a AP-9
O PPdeG esixe ao Goberno de Sánchez que atenda os “reiterados requirimentos” da Xunta de Galicia e facilite a resposta que lle dirixiu o Estado español á Comisión Europea despois
O PPdeG contrapón o «modelo Marín» de conxelación de taxas do lixo fronte ao «rolo totalitario» do BNG e o «taxazo» no Morrazo
As deputadas do Grupo Popular Dolores Hermelo e Patricia García denunciaron hoxe a “deriva autoritaria e a incompetencia xestora” amosada polo BNG e o PSdeG na Mancomunidade do Morrazo, logo
El PPdeG denuncia «aumento sostenido» de ataques a funcionarios en las cárceles
El PPdeG lleva al Congreso el «aumento sostenido» de ataques a funcionarios en las cárceles españolas. Los populares preguntan al Gobierno por el asunto tras la agresión sufrida por un