Santiago, 11 de xullo de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, subliñou hoxe que “este verán estarán operativas o 88,9 por cento das camas hospitalarias, estando as restantes en disposición de ser atendidas con persoal se fose preciso”. “É un punto porcentual máis que o pasado ano, cando a ocupación durante os meses de verán só chegou ao 75 por cento”, concretou.
Seguir leyendo
O Grupo Popular critica á oposición por pretender revisar e botar por terra as medidas que están dando bos resultados e xerando emprego
Santiago, 11 de xullo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado acusou esta tarde no Parlamento aos grupos da oposición de defender “unha emenda á totalidade da política económica e de emprego da Xunta, pretendendo revisar e botar por terra as medidas que están dando bos resultados e xerando emprego”.
O Parlamento aproba a lei que permite á Xunta dispor de 230 millóns de euros para gasto social, crecemento económico e suba dos salarios aos empregados públicos
Santiago, 11 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe o proxecto de lei de impulso ao crecemento e reforzo do gasto social, que permitirá á Xunta de Galicia dispor de 230 millóns de euros para destinalos ao incremento do gasto social, aumentar o investimento para o crecemento económico e para aplicar a suba máxima do 1 por cento autorizada pola Administración central do salario dos empregados públicos, con efectos retroactivos ao mes de xaneiro.
Seguir leyendo
O PPdeG avoga polo consenso para continuar desenvolvendo a Lei de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI
Santiago, 11 de xullo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe no Parlamento por manter “o consenso que conseguimos coa Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia, e continuar desenvolvendo esta norma para seguir avanzando todos xuntos na mesma dirección”. Neste sentido, apuntou que as proposicións de lei defendidas pola oposición sobre a identidade de xénero “non contan co consenso de todas os colectivos, pois algunhas das entidades transexuais non se senten identificadas e se desmarcan totalmente desta proposta”.