Santiago, 25 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou este primeiro ano da X lexislatura como “frutífero en todos os sentidos”, aínda que recoñeceu que “queda moito por facer e continuaremos traballando para mellorar a situación xeral, especialmente daqueles que quedaron máis excluídos do mercado laboral como consecuencia da crise económica”.
Pedro Puy amosa a disposición do PPdeG para acordar cos outros grupos a realización dun informe para incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público
Santiago, 25 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a disposición do PPdeG para chegar a un acordo no Pleno desta semana e sacar adiante unha proposición non de lei para a realización dun informe xurídico e histórico que permita ver que vías existen para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.
O PPdeG solicita que a Comisión Mixta Xunta-Fomento estude na vindeira reunión a supresión da peaxe de Rande na AP-9
Santiago, 23 de setembro de 2017.- O Grupo Popular vén de presentar unha proposición non de lei a través da que solicita que na próxima reunión da Comisión Mixta para a xestión da AP-9 entre a Xunta e o Ministerio de Fomento se estuden a supresión da peaxe de Rande en condicións equiparables ao establecido para o tramo entre Vigo e o Morrazo.
Seguir leyendo