Santiago, 24 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou que este ano a oposición rachase o consenso contra a violencia machista para intentar desgastar ao Goberno galego. “Cremos que hai temas que merecen altura política e certos partidos neste punto equivocáronse”, subliñou.
Miguel Tellado ve «insultante» o discurso de En Marea sobre o naval ferrolán e «froito dun profundo descoñecemento da realidade da comarca»
Santiago, 23 de novembro de 2017.- O viceportavoz parlamentario do Grupo Popular, Miguel Tellado, reiterou este xoves o compromiso que os populares mantiveron nas últimas décadas co sector da construción naval, e tachou o discurso de En Marea de “insultante” e “froito dun profundo descoñecemento da realidade” da comarca.
O GPP afirma que o sector turístico, polo de agora, non transmitiu incidencias salientables motivadas pola vaga de lumes do mes de outubro
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, afirmou esta tarde no Parlamento que o sector turístico, “polo de agora, non transmitiu incidencias salientables no referido a danos a establecementos nin inquedanzas específicas polo grao en que puidera ter incidido a vaga de incendios”.
Aprobado en Comisión o ditame da Lei que garante que aos consumidores vulnerables non se lles corte a luz e a Xunta lles abone o 50% da factura
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica, co que queda pendente do seu debate en Pleno para a aprobación definitiva e entrada en vigor en 2018.
A nova Lei de Portos, pendente da súa aprobación definitiva en pleno logo de superar o trámite de ponencia en Comisión
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de portos de Galicia, unha norma “de vital importancia para o futuro do mar, da pesca, da náutica, das vilas mariñeiras e, en definitiva, para o futuro de Galicia e do seus 1.700 quilómetros de costa”, manifestou a deputada do Grupo Popular Teresa Egerique.