Santiago, 13 de decembro de 2017.- O Grupo Popular acordou hoxe cos grupos parlamentarios de En Marea, PSOE e BNG que a Comisión de estudo sobre reformas da política forestal e de prevención e extinción de incendios forestais remate os seus traballos o antes posible e, en todo caso, antes de que remate o ano 2018.
O Grupo Popular defenderá no pleno da vindeira semana a supresión da peaxe de Rande aos usuarios da AP-9 entre Redondela e Vigo
Santiago, 13 de decembro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Comisión Mixta Ministerio de Fomento-Xunta de Galicia estude a supresión da peaxe de Rande aos usuarios da AP-9 entre Redondela e Vigo, así como a dotación de aseos adaptados para pacientes ostomizados en todos os edificios da Xunta.
Puy afirma que o «elevado número» de transaccións sobre política forestal na Lei de compañamento abre «unha porta ao optimismo» respecto á acordos na Comisión de estudo
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a súa satisfacción polo “elevado número de transaccións” acadadas co PSOE, En Marea e BNG no referente á política forestal no proxecto de Lei de acompañamento dos orzamentos.
Tellado: “Galicia autovacinouse de gobernos que prexudican seriamente á saúde”
Santiago, 13 de decembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Galicia “autovacinouse de gobernos que prexudican seriamente á saúde ao votar ao PP e a Alberto Núñez Feijóo e non a En Marea”, situándose lonxe de posturas irresponsables como as manifestadas por algúns dirixentes das mareas.