O Parlamento apoia a demanda da Xunta para que Fomento avance nas obras da A-55,A-74,A-56,A-57,A-59 e A-76

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o  Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha moción a través da que se insta á Xunta a continuar demandando ao Ministerio de Fomento que execute a licitación, a través do Plan extraordinario de investimentos en estradas ou pola vía orzamentaria, das obras do novo trazado na A-55 entre Porriño e Vigo, que conectaría coa A-52; da A–74 ou autovía da Mariña, conectando San Cibrao e Barreiros, para enlazar coa A-8; da A-56, que conectaría Ourense coa A-54 para acadar a cidade de Lugo; da A-57, que transcorrería nunha primeira fase dende Ponteareas a Pontevedra; da A-59, que conectaría coa A-57 e transcorrería dende Vilaboa ata Peinador; e da A-76, que conectaría Ourense vía central de Galicia ata Ponferrada.

O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, subliñou que “a Xunta xa lle ten solicitado ao Goberno central investimentos en materia de estradas por un importe superior aos 600 millóns de euros”. Neste sentido, indicou que, “por respecto institucional, considera axeitado deixar ao criterio do propio Ministerio aquelas actuacións que se adaptan a ser financiadas polo mecanismo do Plan extraordinario de investimentos en estradas ou aquelas que consideran que deben ser executadas por vía orzamentaria”.
 

Deste xeito, Fernández Prado manifestou que “a moción que hoxe trouxo ao debate no Pleno o Grupo Socialista inclúe as mesmas actuacións que a Xunta xa ten demandado ante o Ministerio de Fomento”.

En concreto, sinalou que o Goberno galego ten solicitado que se valore a priorización de infraestruturas como a autovía de novo trazado entre Vigo e o Porriño, que suporá dar unha alternativa funcional á actual autovía que soporta tráficos moi elevados e presenta un índice alto de sinistralidade; a inclusión de dous treitos da A-74: Barreiros-Foz e Foz-Burela; a Variante Norte de Ourense e do treito ata Cambeo da autovía A-56, que unirá a A-52 en Ourense coa A-54 en Guntín, xa preto de Lugo; a A-57, coa priorización do treito A Ermida-Pilarteiros, da circunvalación de Pontevedra; e do treito A Veiga-O Barco da A-76, a autovía que unirá Ponferrada e Ourense.

O Parlamento aproba unha moción que fixa puntos esenciais de interese para Galicia de cara á negociación do novo modelo de financiamento autonómico

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha moción, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se fixan puntos esenciais de interese para Galicia de cara á negociación do novo modelo de financiamento autonómico. En concreto, demándase que o novo modelo garanta que a Comunidade galega non perda recursos en termos absolutos; reforce o principio de solidariedade interterritorial mediante a aplicación da nivelación en termos de habitantes axustados e do custo real da prestación dos servizos; e evite a discriminación entre comunidades pola aplicación dos mecanismos extraordinarios de financiamento.

Seguir leyendo

César Fernández:» a Estratexia Educonvives.gal ofrece un marco efectivo para conseguir espazos de relación coeducativos nos centros de ensino»

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, asegurou hoxe no Parlamento que “o plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 e a Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020 Educonvives.gal ofrecen un marco efectivo e claro de actuación para conseguir espazos de relación coeducativos, nos que se promova a igualdade”.

Seguir leyendo

O GPP salienta o compromiso da Xunta de rematar antes de 2020 as 128 zonas vivas de concentración parcelaria existentes na actualidade en Galicia

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, reiterou esta tarde no Parlamento o compromiso da Xunta de Galicia de rematar administrativamente antes de 2020 as 128 zonas vivas de concentración parcelaria existentes na Comunidade galega. “O obxectivo é dotar aos nosos agricultores e gandeiros de explotacións con base territorial suficiente para garantir a súa rendibilidade”, apuntou.

Seguir leyendo