Santiago, 19 de marzo de 2018.- A aprobación definitiva da reforma da Lei de saúde de Galicia, a devolución da plusvalía municipal cobrada indebidamente e o impulso aos orzamentos do Estado que incluirán melloras nas pensións serán as tres cuestións relevantes sobre as que o Grupo Popular centrará o seu obxectivo no Pleno que se celebra esta semana.
O Grupo Popular defende que o Congreso preserve o Pacto de Toledo como instrumento para consensuar o avance e modernización do sistema de pensións
Santiago, 16 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero demandou hoxe no Parlamento que os grupos parlamentarios do Congreso preserven o Pacto de Toledo como instrumento no que consensuar o avance, adaptación e modernización do sistema público de pensións. Así mesmo, manifestou o apoio á inclusión nos orzamentos do Estado para 2018 de axudas fiscais no IRPF para os pensionistas, así como dunha mellora das pensións mínimas e de viuvez.
O Parlamento demanda á Xunta un novo Plan de Contabilidade Pública que cumpra coas normas internacionais aplicables ao sector público
Santiago, 16 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que actualice o marco normativo en materia económica, orzamentaria e contable, que inclúa a aprobación dun novo Plan de Contabilidade Pública da Comunidade Autónoma que cumpra co proceso de harmonización contable das normas internacionais aplicables á contabilidade do sector público.