Santiago, 6 de abril de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que este fin de semana será o da primeira baixa no grupo das Mareas de Podemos: “ou marcha Paula Quinteiro ou marcha Luis Villares”. Así, o ultimatum lanzado polo portavoz parlamentario de En Marea, no que entendía que esta semana debería quedar resolta a crise provocada pola participación de Quinteiro nun altercado coa Policía de Santiago, fai incompatible a súa convivencia coa deputada da súa formación.
O PPdeG afirma que o proxecto final do tramo Goián-PO-350 da VAC Tui-A Guarda será a que presente maior viabilidade económica e menor impacto ambiental
Santiago, 5 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Rodríguez, asegurou hoxe no Parlamento que o proxecto final do tramo Goián-PO-350 da vía de alta capacidade Tui-A Guarda “será o que presente unha maior viabilidade económica, unha mellor vertebración do territorio e, fundamentalmente, cause un menor impacto ambiental”.
O Parlamento insta ao Goberno central a mellorar a seguridade para os ciclistas na estrada N-550
Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei conxunta de todos os grupos parlamentarios a través da que se demanda ao Goberno central diversas actuacións de mellora da estrada N-550, atendendo a solicitude realizada pola asociación Pedaladas.
O Grupo Popular demanda que o Concello de Vilaboa «cenre os seus esforzos na aprobación do PXOM»
Santiago, 5 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Vilaboa “centre os seus esforzos na aprobación do Plan Xeral que ordene o municipio e dea a seguridade xurídica desexada por todos”.