Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou hoxe no Parlamento a En Marea de “intentar crear unha realidade paralela” respecto do acordo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento sobre os terreos do porto de A Coruña. Neste sentido, reiterou a solicitude para que o Concello “se sume ao protocolo e non quede á marxe da cidade” e asegurou que “calquera alcalde estaría contento de que a Xunta poña 20 millóns de euros no seu concello para o porto, que neste caso non son 20 senón 40 millóns porque tampouco queren os 10 millóns da intermodal, nin os 5,5 para vivendas sociais no Ofimático ou outros 5 millóns para o centro de saúde de Santa Lucía”.
O PPdeG salienta a “sensibilidade total do Goberno galego coas familias necesitadas, fuxindo da demagoxia que utiliza a oposición”
Santiago, 8 de maio de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, salientou hoxe no Parlamento galego “a sensibilidade total do Goberno galego coas familias máis necesitadas, fuxindo da demagoxia que utilizan os grupos da oposición”.
O Grupo Popular apoia no Parlamento reclamar de novo para Galicia a transferencia da AP-9
Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe que desde o PPdeG “imos seguir reclamando para Galicia a transferencia da AP-9 en todos os foros que se consideren axeitados” e deste xeito apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha nova proposición de lei reclamando este traspaso. Porén, anunciou que “emendaremos esta proposta lexislativa para volver ao consenso e unanimidade” da proposición de lei aprobada no Parlamento galego en xaneiro de 2017”.