O PPdeG critica que En Marea “intente crear unha realidade paralela” respecto do acordo sobre os terreos portuarios de A Coruña

Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou hoxe no Parlamento a En Marea de “intentar crear unha realidade paralela” respecto do acordo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento sobre os terreos do porto de A Coruña. Neste sentido, reiterou a solicitude para que o Concello “se sume ao protocolo e non quede á marxe da cidade” e asegurou que “calquera alcalde estaría contento de que a Xunta poña 20 millóns de euros no seu concello para o porto, que neste caso non son 20 senón 40 millóns porque tampouco queren os 10 millóns da intermodal, nin os 5,5 para vivendas sociais no Ofimático ou outros 5 millóns para o centro de saúde de Santa Lucía”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia no Parlamento reclamar de novo para Galicia a transferencia da AP-9

Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe que  desde o PPdeG “imos seguir reclamando para Galicia a transferencia da AP-9 en todos os foros que se consideren axeitados” e deste xeito apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha nova proposición de lei reclamando este traspaso. Porén, anunciou que “emendaremos esta proposta lexislativa para volver ao consenso e unanimidade” da proposición de lei aprobada no Parlamento galego en xaneiro de 2017”.

Seguir leyendo