Santiago, 31 de maio de 2018. O Parlamento aprobou esta mañá, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a considerar, de cara ao período post 2020, unha proposta de aplicación de fondos na Estratexia do Investimento Territorial Integrado da Unión Europea co obxectivo de axudar a reverter a situación de regresión demográfica na que se atopan moitas comarcas galegas.
O Grupo Popular demanda a creación dun rexistro de familias monoparentais
Santiago, 31 de maio de 2018. O deputado do Grupo Popular José González Vázquez demandou hoxe a creación dun rexistro de familias monoparentais para, a partir de aí, desenvolver un programa de axudas específico para estas familias no que se integren e fagan visibles as actuacións e beneficios que existen ou se vaian programar desde os distintos departamentos das administracións públicas”.
O Grupo Popular incide na necesaria e inaprazable revisión do modelo de financiamento local e na reforma da Lei de facendas locais
Santiago, 31 de maio de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, incidiu hoxe no Parlamento que “resulta necesario e inaprazable a revisión do modelo de financiamento local e a reforma da Lei de facendas locais, mediante a que se garanta a autonomía e suficiencia financeira dos concellos”. Neste sentido, considerou “importante racionalizar o financiamento local reducindo o número de liñas de axuda destinadas aos concellos, simplificando as cargas administrativas que leva implícita a súa obtención, atendendo as necesidades reais existentes e reforzando a autonomía local”.
O Grupo Popular salienta que a Axenda 20 para o emprego está a fomentar traballo de calidade, indefinido e a tempo completo
Santiago, 31 de maio de 2018. A deputada do Grupo Popular Cristina Romero salientou hoxe que a Axenda 20 para o emprego da Xunta permitirá “fomentar traballo de calidade, indefinido e a tempo completo, reforzando a formación e especialización ao longo da vida laboral”.