O PPdeG avoga pola baixada do prezo da electricidade xerando máis enerxía renovable

Santiago, 11 de setembro de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Novoa, salientou esta tarde no Parlamento a “necesidade” de baixar o prezo da electricidade, pero non da forma que propón En Marea, baixando o IVE da enerxía eléctrica”, xa que tal e como indicou, así “só prexudicaríamos a recadación de impostos que van dirixidos ás comunidades autónomas para a súa financiación, para a educación, para a sanidade…”. “Non vexo a bondade da súa iniciativa se, por un lado, piden baixar o IVE e por outro preténdese crear novos impostos como o imposto ao diésel”, dixo Novoa, quen indicou que con medidas deste tipo “o único que se consegue é crear incerteza nos usuarios, nas empresas e nos miles de traballadores do sector enerxético”.
Seguir leyendo

O Grupo Popular demanda a En Marea vontade de acordo para esixir ao Goberno central a condonación da débeda do porto de A Coruña

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O deputado popular Martín Fernández Prado demandou hoxe no Parlamento a En Marea “a mesma vontade de acordo amosada onte no Concello de A Coruña para sacar adiante conxuntamente unha proposición non de lei que esixa ao Goberno central a condonación da débeda do porto de A Coruña e a inmediata execución da conexión ferroviaria”.
Seguir leyendo

O Grupo Popular declárase a favor dunha CRTVG “coas contas saneadas, cultura os 365 días do ano e plenamente dixital”

Santiago, 11 de setembro de 2018. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias puxo en valor no Pleno de hoxe o proceso de dixitalización que afronta a CRTVG, que “cambiará a forma de traballar na corporación”. “A CRTVG vive unha etapa de modernización revolucionaria e histórica”, engadiu a parlamentaria, “que é viable grazas a unhas contas saneadas, con déficit cero e superávit continuado durante os últimos nove anos”.
Seguir leyendo

O Grupo Popular reitera que o proxecto da mina de Touro non é viable tal e como foi presentado

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco reiterou hoxe no Pleno do Parlamento que o proxecto da mina de Touro “non é viable, tal e como foi presentado ante a Consellería de Industria”. Así mesmo, criticou que En Marea “incida en recortar dereitos democráticos e que a Xunta prevarique e non permita que este proxecto mineiro, como outro calquera, se poida tramitar conforme a lei que o Goberno bipartito da Xunta aprobou en 2008”.
Seguir leyendo

O Parlamento insta á Xunta a seguir desenvolvendo a Lei galega contra a violencia de xénero e incrementar o orzamento para igualdade de xénero

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha moción a través da que se insta á Xunta a continuar desenvolvendo a Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero en canto á sensibilización, prevención e tratamento integral da violencia sexual como violencia machista, incrementando no vindeiro presuposto o orzamento consignado para a igualdade de xénero, así como a prevención e intervención no ámbito da loita contra a violencia de xénero.
Seguir leyendo

O PPdeG demanda ao Goberno central que rectifique e conceda á Xunta seis novas prazas MIR de pediatría

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Grupo Popular solicitou esta tarde no Parlamento que o Ministerio de Sanidade rectifique a súa postura en torno á axilización do proceso de acreditación de prazas de novo ingreso a formación especializada en pediatría, de xeito que a Xunta poida incrementar os recursos coa contratación de máis pediatras e garantir a maior cobertura posible do servizo en Galicia.
Seguir leyendo

O Parlamento galego aproba crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño en Vigo

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, cos votos favorables dos grupos parlamentarios de En Marea e BNG, e a abstención do Grupo Popular, a creación dunha comisión de investigación para determinar as causas e dirimir as responsabilidades políticas no accidente ocorrido durante o Festival do Marisquiño en Vigo. “Son os propios socios do PSOE na Deputación de Pontevedra e noutras institucións galegas os que desconfían do alcalde de Vigo e utilizan as súas ferramentas no Parlamento para conseguir toda a información, logo do carpetazo e mordaza que existe no Concello vigués sobre todo o relacionado co accidente do Marisquiño”, sinalou a deputada popular Teresa Egerique.
Seguir leyendo

O Pleno do Parlamento aproba o ditame da Comisión de estudo sobre política forestal e prevención de incendios

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co apoio do Grupo Popular e o Grupo Socialista, o ditame emitido pola Comisión de estudo sobre política forestal e prevención de incendios forestais, que incorpora 123 recomendacións para implantar reformas a medio e longo prazo que incidan nos problemas do monte e o medio rural galego. “Trátase dun ditame plural, multidisciplinar e que afonda nas causas estruturais dos incendios e propón solucións que van máis alá da extinción”, sinalou o portavoz de Medio Rural do Grupo Popular, José González.
Seguir leyendo