O PPdeG demanda que se continúe coa adaptación dos xulgados para evitar que vítimas de violencia de xénero e agresores se crucen

Santiago, 20 de novembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira considerou necesario hoxe no Parlamento que o Goberno galego continúe executando as reformas necesarias nas dependencias xudiciais galegas para evitar o cruce entre vítimas de violencia de xénero e os seus agresores, así como habilitar espazos axeitados para os menores que teñen que acudir a procedementos xudiciais.
Seguir leyendo

O Grupo Popular sinala a importancia de que os consellos escolares aproben normas sobre vestimenta nas aulas

Santiago, 20 de novembro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, lembrou hoxe no Parlamento “a importancia de que os consellos escolares dos centros educativos aproben normas sobre vestimenta nas aulas, co fin de regular que o seu uso polo alumnado non atente contra a súa dignidade, non supoña unha discriminación por razón de sexo ou un risco para a súa saúde e integridade persoal, ao tempo que non impida ou dificulte a normal participación do alumnado nas actividades docentes”.
Seguir leyendo

O PPdeG salienta que Galicia é a primeira comunidade con formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal da Administración

Santiago, 20 de novembro de 2018.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, salientou hoxe que “Galicia é a primeira comunidade autónoma española con formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración galega, das entidades públicas instrumentais do sector público, do persoal docente e do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde”.
Seguir leyendo

O Grupo Popular desta que o proxecto de lei de medidas reduce os impostos, mellora os servizos sociais e optimiza a xestión do monte

Santiago, 19 de novembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Parlamento que o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas permitirá reducir os impostos, mellorar os servizos sociais e incrementar a protección do medio ambiente, optimizando a xestión do monte e a prevención dos incendios forestais, así como endurecendo o réxime sancionador ás empresas mineiras que incumpren.
Seguir leyendo