O Parlamento pide fomentar, en colaboración cos concellos, medidas e programas de conciliación e corresponsabilidade para fomentar a igualdade entre homes e mulleres

Santiago, 27 de febreiro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a fomentar, en colaboración coas entidades locais, medidas e programas de conciliación e corresponsabilidade nos que se incorporen a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes.
Seguir leyendo

O Grupo Popular avoga porque sexa o Parlamento Europeo quen elabore un marco normativo homoxéneo en materia de xestión subrogada

Santiago, 26 de febreiro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, avogou hoxe porque o Parlamento Europeo, unha vez estudada a práctica desenvolvida nos estados membros, elabore un marco normativo homoxéneo en materia de xestación subrogada para toda a Unión Europea, que garanta o respecto da dignidade da muller e o interese superior dos menores, así como solventar a problemática da filiación dos menores concibidos baixo esta práctica en países alleos á Unión Europea.
Seguir leyendo

O PPdeG demanda que a Xunta dote de medios precisos ao Imelga para a emisión dos informes das unidades de valoración da violencia de xénero

Santiago, 26 de febreiro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta dote dos medios precisos para que o tempo de emisión dos informes das unidades de valoración integral de violencia de xénero do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) sexan adecuados á actividade que se desenvolve, dotando dos profesionais que requira esta organización de xeito consensuado coa súa Dirección.
Seguir leyendo