O Parlamento demanda á Xunta a contratación este ano dos proxectos construtivos e de impacto ambiental para desdobrar o treito A Pobra-Nadela da VAP entre Lugo e Monforte

Santiago, 8 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta inicie a contratación neste ano 2019 dos proxectos construtivos e de impacto ambiental do treito A Pobra de San Xiao-Nadela, a fin de avanzar de forma definitiva no total desdobramento desta infraestrutura, tendo presente o desdobramento futuro do tramo Sarria-Monforte, a abordar unha vez que se vaia materializando o tramo Sarria-Lugo.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que as empresas Sologas e Xiloga en As Somozas contan con autorización ambiental e están baixo un estrito control da Xunta

Santiago, 8 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco garantiu hoxe no Pleno do Parlamento que “as instalacións das empresas Sologas e Xiloga, xunto co Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, localizadas no concello de As Somozas están sometidas á Lei de prevención e control integrados da contaminación”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia que a Xunta remita ao Parlamento un informe coas denuncias e queixas por dificultar o uso das linguas oficiais de Galicia

Santiago, 8 de maio de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que, no prazo máximo de tres meses, elabore e presente en sede parlamentaria un informe no que se detalle o número de denuncias ou queixas presentadas nos últimos seis anos ante os servizos competentes por dificultar o uso dalgunha das linguas oficiais de Galicia por parte de administracións ou entidades públicas situadas na Comunidade galega, incluídos os órganos xudiciais, e das empresas e servizos privados, o tipo de resposta ofrecido e, no seu caso, as medidas adoptadas para reparar a vulneración do dereito dos cidadáns á libre elección de lingua.

Seguir leyendo