24, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu apostar por unha “Coruña imparable” votando a Bea Mato, xa que elixir ás Mareas, ao PSOE e ao BNG suporía repetir o mesmo freo destes catro anos. “Pechemos este paréntese e este parón e abramos unha nova etapa votando unidos porque Coruña non pode seguir desperdiciando o esforzo dos coruñeses”, engadiu.
Feijóo pide o voto a todos os vigueses que apoiaron á Xunta en 2016 e que son insultados desde o Concello
24, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto a todos os vigueses que apoiaron á Xunta en 2016 e que foron insultados durante estes anos desde o Concello. “Aos que lles dixeron que non son Vigo e que son antivigueses, non vos quededes na casa; non vos deixedes insultar. Queren que vos amedrentedes, que non existades”, dixo, insistindo en que non o permitan.
Feijóo di que o domingo “eliximos a Pontevedra de 2023” fronte a un goberno local gastado tras 20 anos co mesmo alcalde
24, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que este domingo “eliximos a Pontevedra de 2023” fronte a un goberno local gastado tras 20 anos co mesmo alcalde.
Feijóo di que Ramón Carballo é o cambio que precisa Lugo, ante o proxecto caducado de socialistas e nacionalistas
24, maio, 2019. “Ramón Carballo é o candidato que lle gustaría ter a todos os partidos que se presentan a estas Eleccións Municipais na cidade de Lugo”, sinalou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen incidiu que o PP é a garantía do cambio que precisa a cidade.
Feijóo pide en Ourense non converter “á peor oposición dos últimos anos no peor Goberno dos vindeiros”
24, maio, 2019. O presidente do Partido Popular de Galicia pediu este venres en Ourense non converter “a peor oposición dos últimos catro anos en todas as cidades galegas no peor goberno que poden ter todas as cidades galegas”.
Feijóo pide o voto para cambiar de alcalde en Santiago, ante unha coalición que inclúe a parálise de Noriega, a débeda de Bugallo e o nacionalismo do BNG
24, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para cambiar de alcalde en Santiago, ante a coalición de parálise de Martiño Noriega coa débeda de Bugallo e o nacionalismo do BNG.