5, xuño, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que a humildade nas vitorias “é o que nos diferenza dos que celebran as súas derrotas», insistindo en que os populares só coñecen unha receita para acadar o éxito: “Humildade, esforzo e defensa dos intereses da nosa Comunidade e dos nosos veciños e veciñas”.
O Parlamento galego demanda a creación dun órgano colexiado que coordine a protección dos consumidores entre Xunta e concellos
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a crear un órgano colexiado de carácter consultivo e participativo entre a Administración Autonómica e as entidades locais galegas co obxectivo de procurar a máxima coordinación, cooperación e participación nas materias que afecten á protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, desenvolvendo a Lei 2/2012 galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
O Parlamento solicita ao Concello de Abadín que subsane as obras que imposibilitan o acceso á súa vivenda a unha persoa con discapacidade
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular, Grupo Socialista e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de Abadín que proceda á subsanación dos efectos negativos das obras realizadas que imposibilitan o acceso á súa vivenda dunha persoa con discapacidade no lugar de Couto na parroquia de Abeledo.
O Grupo Popular salienta que o persoal no Hospital de Verín se incrementou un 38% nos últimos dez anos
Santiago, 5 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe que “o cadro de persoal do Hospital de Verín incrementouse nos últimos dez anos un 38 por cento, pasando de 154 a 213 traballadores, ao tempo que se ampliou a súa carteira de servizos con consultas de cardioloxía, neuroloxía, reumatoloxía, dixestivo, endocrinoloxía e oncoloxía médica”.
O Grupo Popular salienta que nos últimos 10 anos incrementáronse 20 prazas de auxiliar de enfermería e 8 de celadores no Hospital do Salnés
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe no Parlamento que “nos últimos dez anos incrementáronse 20 prazas de técnicos en coidados auxiliares de enfermería e outras 8 de celadores no Hospital do Salnés, a pesar das dificultades económicas que atravesou Galicia neste período”. “O número de efectivos destas categorías, como de calquera outra, é incrementado cando as necesidades asistenciais así o demandan”, apuntou.